venres, 23 de outubro de 2020

BENVIDAS E BENVIDOS!

 Ola a todas e a todos! Un curso máis imos compartir historias, que é unha das cousas que máis nos gusta desde a nosa biblioteca. Mais, este curso, teremos que seguir unhas normas moi importantes para que todas as persoas podamos gozar dos libros e dese espazo común que é a biblioteca do colexio.

Velaí tedes as instrucións para este curso. Lede con atención!






sábado, 13 de xuño de 2020

UNHA CARTA PARA VÓS!

Prezadas lectoras e lectores:

Grazas! Por compartir, por traballar, polas vosas risas, por facer da biblioteca o lugar máis fermoso do colexio. 
Algunhas e algúns de vós, marchades este curso, pero non deste lugar no que as vosas voces, a pegada das vosas mans nos libros, eses letreiros que duran pouco pero contan moito da nosa vida cotiá na biblioteca, xa forman parte de nós para sempre.
Grazas, ás voluntarias e voluntarios polo voso esforzo diario, polo compañerismo, a imaxinación, as aportacións. Sen vós non sería posible! 
Grazas ás familias, por estar sempre dispostas a participar das nosas aventuras con cariño e complicidade.
Tusitalas, grazas por ter o corazón da maxia, atopar tesouros en illas, medrar con Calpurnia, poñervos o pixama de raias para entender a inxustiza, navegar polo mar de Ardora, poñer patas arriba cal Escaquis a Romeu as nosas cabezas e por entender que Fóra do normal é un lugar para todas e todos.
Grazas, a todas as autoras e autores, por pechar o círculo da palabra escrita para nós imaxinar.

Grazas tamén, do Equipo da biblioteca, a todas as compañeiras mestras e mestres do colexio, polo voso apoio, por axudar a tecer esa rede feita de palabras.
Lémonos!


Con todo o noso cariño!


mércores, 3 de xuño de 2020

SOMOS LIMPOS?



Este venres 5 de xuño é o Día Mundial do Medio Ambiente e, desde o noso blog queremos celebralo recomendando libros e colgando vídeos. 
Como ben dí na frase da imaxe, as boas intencións non son suficientes. Si cando imos á praia, temos a boa intención de non deixar o lixo tirado pola area e recollelo para logo tiralo no contenedor, mais non o facemos; a nosa  boa intención non serve de nada.
O planeta necesita que o axudemos, porque nós sin el non poderíamos vivir. Pensade canto gozades cun baño no mar, paseando polos bosques, xogando coa area, vendo as estrelas... a natureza ademais de darnos momentos alegres e divertidos, tamén nos alimenta, é vida, grazas a ela respiramos, medramos... por iso, temos que coidarnos xunt@s.

LEMON




sábado, 30 de maio de 2020

xoves, 28 de maio de 2020

HISTORIAS CON LETRAS GALEGAS

Hoxe rematamos esta entrada de Historias con Letras Galegas. Unha colaboración dos Equipos de Coordinación da Biblioteca e Normalización Lingüística, da que estamos moi satisfeitas.
O facemos cunha autora moi querida no noso colexio e cun libro que deixou moita pegada en todas nós, Corredora de María Reimóndez. Ed. Xerais.

Moitas grazas a María Reimóndez e a todas as autoras e autores que, xenerosamente e con tanto cariño, compartíchedes con nós este espazo nun momento tan especial!




mércores, 27 de maio de 2020

HISTORIAS CON LETRAS GALEGAS

Seguro que cando vexades este vídeo, lembredes a mañá tan divertida e interesante que pasamos @ Tusitalas co escritor Antonio Manuel Fraga e o seu libro Escaquis e Romeu, dous personaxes que xa forman parte da nosa vida como lector@s.

Moitas grazas!!!


luns, 25 de maio de 2020

HISTORIAS CON LETRAS GALEGAS

Hoxe, visítanos unha poeta que fixo un almanaque e a cada mes do ano escribiulle un poema. Ela é Antía Marante Arias e recita para todos vós o poema do mes de decembro. 
Cando volvamos en setembro, terémolo na nosa biblioteca  para que os seus versos nos acompañen cada mes.

Moitas grazas, Antía!



HISTORIAS CON LETRAS GALEGAS

A escritora Emma Pedreira, envíanos este vídeo recitando un dos sus  poemas do libro As voces ágrafas, dedicado ao Club Lector de nais e pais " Café con letras violetas".
Tivemos a sorte de compartir con ela un dos clubs lectores e xa non esqueceremos esa tarde na que as risas, a palabra e a complicidade deixaron unha pegada imborrable na nosa biblioteca.

Moitas grazas a todas as que formades este marabilloso club e a Emma Pedreira polo seu cariño!







venres, 22 de maio de 2020

HISTORIAS CON LETRAS GALEGAS

Hoxe temos a sorte de contar co noso alumno Daniel e un dos seus contos favoritos. Non deixedes de escoitar este vídeo e, como Dani, animádevos a seguir mandando as vosas historias con letras galegas.

Moitas grazas Dani!!!


xoves, 21 de maio de 2020

HISTORIAS CON LETRAS GALEGAS

Que alegría recibir, no noso blog, a poesía e o cariño do autor Antonio García Teijeiro!
O alumnado de 4º de EP, gozaron moito este curso co seu libro Poemar o mar, e nós felices do seu goce coa poesía. A labor de Antonio García Teijeiro a prol da poesía para nenas e nenos, sempre terá o noso agradecemento como lector@s e, a súa cercanía, o noso cariño.
Atent@s alumnado de cuarto, os videos teñen sorpresa!





Aquí tedes os dous vídeos que nos enviou!

Moitas grazas!