martes, 30 de outubro de 2018

GALICIA EN FEMININO. MULLERES QUE FAN HISTORIA.



TAMARA ECHEGOYEN




Resultado de imaxes para TAMARA ECHEGOYEN



Tamara Echegoyen (1984), é unha regatista ourensá cun palmarés moi importante. Gañou cinco campionatos do mundo e, nos Xogos Olímpicos de Londres, colgouse unha medalla de ouro.
Tamén foi distinguida co Premio Nacional do Deporte; e converteuse na primeira española en participar na Volvo Ocean Race, unha intensa proba de nove meses.

Se fades click no nome, podedes ler unha entrevista.

luns, 29 de outubro de 2018

RECOMENDAMOS

Hoxe a compañeira Andrea Hermida e o compañeiro Bruno Amador (que saibades que é un dos seus libros favoritos) de 5ºB, fannos esta recomendación tan acaída nestas datas.

Moitas grazas!!!
Brav@s!!!





CONTOS CURTOS

DÚAS ESCENAS DA PELÍCULA "O XOVEN FRANKENSTEIN".

FELIZ SAMAÍN!!!!









mércores, 24 de outubro de 2018

ELAS SON MÚSICA

Hoxe na nosa entrada musical, temos unha das cantantes máis coñecidas do panorama musical galega, SES.


CO XENIO DESTROZADO


martes, 23 de outubro de 2018

24 DE OUTUBRO, DÍA DA BIBLIOTECA




Pregón  Día da Biblioteca 2018    "O día da luz"   Gonzalo Moure. Tradución ao galego feita por Antía Marante. O cartel é do ilustrador Alfonso Zapico.





Veño do deserto do Sáhara, de inaugurar unha biblioteca. Está en Dajla, o máis afastado, o máis esquecido dos cinco campamentos de refuxiad@s saharauís. É a cuarta biblioteca que construímos, e é preciosa. No centro plantamos árbores, para que @s nen@s e @s moz@s do Sáhara poidan experimentar o gozo de sentar baixo a súa sombra para ler un libro. Non queremos que esa biblioteca sexa ningún "templo de silencio", senón máis ben un espazo para o son, para o ruído. Unha biblioteca que xa é o lugar máis fermoso do campamento. Un espazo para desexar ir buscar lectura, pero tamén amizade, soños compartidos. Incluso amor. Un lugar no que namorar mirando uns ollos por enriba do libro. Porque ao fin e ao cabo, a biblioteca é o lugar onde se descobre ao outro, de papel ou de carne. 

Nun filme inesquecible, o mellor filme de ciencia ficción da historia, "2001, unha odisea do espazo", aparece un monólito cada vez que o ser humano se dispón a dar un salto cualitativo. Kubrick, o seu director, debeu poñer un libro no seu lugar. Porque foron os libros os que marcaron o ritmo dos cambios do ser humano. Porque o libro é o laboratorio das mulleres e os homes, o lugar no que se experimenta con emocións, descubertas, utopías, apostas. Somos o que somos porque fomos pensando e escribindo sobre como ser e sobre como non ser. E seremos o que pensemos, o que pensen e escriban as vindeiras xeracións. 
Así que unha biblioteca non é só un lugar que convida a ler, senón tamén, ou por iso, un lugar que convida a escribir. As bibliotecas do século XXI so, poden ser, teñen que ser o sementeiro de novas novelas, novos monólitos, fitos do noso futuro. Se o século XX foi sen dúbida o século da lectura, o século XXI pode chegar a ser o século da escritura, xa o está sendo. 

Por todo iso construímos bibliotecas nos campamentos do deserto. Porque non son só para @s saharauís. Págaas a nosa sociedade civil, mediante soci@s adult@s, e mediante actividades solidarias nos colexios, institutos e bibliotecas. E @s alumn@s e lector@s que as sufragan fanse conscientes do extraordinario que é ter unha biblioteca, aprenden a valorar a súa, a defendela. Cada biblioteca do deserto ten detrás a milleiros de nen@s, moz@s e adult@s que a fixeron posíbel co seu pequeno esforzo. Sumando. Cada lectora e lector saharauí ten ao seu carón a milleiros de lectoras e lectores, máis conscientes da importancia dunha biblioteca, porque co seu traballo construíuse unha, nun clima e lugar tan hostil. 

Pensa na túa biblioteca. Houbo un día no que esa biblioteca non existía. Alguén soñouna, loitou por ela, encheuna de libros e tamén de soños. Faite do equipo dese alguén que a fixo posible, loita por un mundo no que non haxa un ser humano que non teña preto unha biblioteca, ou un amoroso "bibliobús". Que non haxa ningunha nena e ningún neno, moz@ ou adult@, que non roce a man dunha bibliotecaria que a aconselle, que o oriente no labirinto. Que é o mesmo que dicir que non haxa ningún ser humano conectado ao que foi, o que é e o que será. 

Na túa man hai milleiros de mans, apertando a túa, acompañándote no camiño. Tenras ou con durezas, pequenas ou grandes. No libro que te agarda na mesa de noite ou xunto ao sofá, hai millóns de libros. Inxenuos ou complexos, humildes ou luxosos. Mais todos preciosos. Conectados todos por un invisíbel fío de prata que un man con man, andel con andel, un fío inacabábel e luminosos. Inacabábel, e que así sexa. Hoxe é o Día da Biblioteca, que é o mesmo que dicir "O día da luz".
Feliz día, feliz século.

GALICIA EN FEMININO. MULLERES QUE FAN HISTORIA




Esta entrevista que ides ler a continuación foi realizada por Lucía Rey Martínez da aula de 6ºB, a Sandra García Cambon, piloto de autocross.
Sandra (1975- Ponteceso- A Coruña) é unha das mellores pilotas galegas. Empezou a correr con 32 anos en Kart cross. Participou no Campionato de España en dúas ocasións.




Resultado de imaxes para sandra garcía cambon


P- Que se sinte ao participar en pista con tantos homes?

R- Pois mira, a verdade cando vou para pista nunca penso que vou con homes, senon con rivais.

P- De onde che ven esta afección polo Kart cross?

R- Ven xa de nena, meu pai ía moitas veces ás competicións.

P- Cal é o teu circuito favorito?

R- Sen dúbida, Carballo. Encántame!

P- Corriches fóra de Galicia?

R- Si, fixen un par de anos o campionato de España en Kart cross.

P- Kart cross ou prototipo?

R- Kart cross, mais tiven que abandonar por mor dunha lesión, por iso agora fago prototipo; pero gústanme os dous, non sabería dicir.

P- Que prefires Rally-mix ou auto cross?

R- Agora gústame máis o Rally-mix porque corres contra o crono, e no autocross é máis de contacto, e é máis doado que haxa golpes.

P- Cal é a mellor e a peor lembranza na túa traxectoria?

R- Pois o peor, sen dúbida, cando tiven que deixar o Kart cross, e o mellor pode ser ese segundo posto no Campionato de España en Arteixo co Peugot 208 proto.


Aquí tedes un vídeo no que podedes ver a Sandra competindo.







Moitas grazas Lucía pola entrevista e. por darnos a oportunidade de coñecer a Sandra. Sen dúbida unha muller brava!!!

luns, 22 de outubro de 2018

domingo, 21 de outubro de 2018

CONTOS CURTOS


XA QUEDA MENOS PARA O SAMAÍN!!!




"ESCENA DA NOIVA CADAVER"  DIRIXIDA POR TIM BURTON





CORTO PIXAR "DÍA DE LOS  MUERTOS"