domingo, 22 de marzo de 2015
CONTOS CORTOS
O noso Conto Corto de hoxe títulase "Cambio de pilas".
A emfermidade debilitou fortemente a unha anciá que vive soa. Un día recibe un paquete do seu fillo que vive na cidade, e que por motivos de traballo non pode visitar a súa nai polo momento.
Mais no paquete aí un agasallo: un robot doméstico. Feito especialmente para atender todas as tarefas do fogar ...
martes, 17 de marzo de 2015
SABES CAL É ...
O ANIMAL MAIS GRANDE DO NOSO PLANETA?
As baleas son animais vertebrados e pertencen ao grupo dos mamíferos acuáticos.As súas crías chámanse ballenatos e crecen dentro das súas nais durante 12 meses, ata que nacen.
Estes animais acuáticos non poden respirar dentro da auga. Por iso, precisan sair á superficie para facelo. Teñen dous orificios nasais na parte superior da cabeza, por onde respiran e expulsan auga, normalmente acompañada de mucosidades.
Xa vedes, as baleas tamén teñen mocos!
As baleas son animais vertebrados e pertencen ao grupo dos mamíferos acuáticos.As súas crías chámanse ballenatos e crecen dentro das súas nais durante 12 meses, ata que nacen.
Estes animais acuáticos non poden respirar dentro da auga. Por iso, precisan sair á superficie para facelo. Teñen dous orificios nasais na parte superior da cabeza, por onde respiran e expulsan auga, normalmente acompañada de mucosidades.
Xa vedes, as baleas tamén teñen mocos!
A balea azul é o animal máis grande ao longo da historia do noso planeta, incluso maior que o maior dos dinosaurios.
O seu corpo é de cor azul, de aí o seu nome.
As baleas azuis eran moi abundantes en todos os océanos ata comenzos do século XX, pero durante mais de 40 anos foron cazados ata a súa extinción.
Só a súa lingua pesa 2,7 toneladas, e a súa boca aberta pode ter dentro 90 toneladas de comida e auga. Mais curiosamente a pesar do seu colosal tamaño a balea azul non pode tragar obxectos mais grandes cunha pelota de praia a causa das pequenas dimensións da súa gorxa.
A balea azul é unha boa cantante. Os machos dun mesmo grupo cantan a mesma canción e esta varía según as estacións.
Dise que o canto das baleas macho é un intento de seducir ás femias, mentres intentan reproducirse.
Aquí tedes un video sobre a fermosa balea azul, e outro para que escoitedes o son das baleas.
domingo, 15 de marzo de 2015
venres, 13 de marzo de 2015
RECOMENDACIÓN LITERARIA DOS VENRES
Hoxe a recomendación literaria ven da man dos alumnos e alumnas de 6ºA, que nos contaron un conto popular ruso titulado "A casa da Mosca Chosca".
Unha mosca, que xa estaba farta de zoar e zoar, e ten na súa casa unha tarta de amoras que quere compartir con ...
Noraboa e moitas grazas!
Unha mosca, que xa estaba farta de zoar e zoar, e ten na súa casa unha tarta de amoras que quere compartir con ...
Noraboa e moitas grazas!
martes, 10 de marzo de 2015
SABEDES QUE ...
Imos dedicar a nosa sección de "Sabedes que ..." , durante estas semanas aos animais. Empezamos cos mais pequenos: "As formigas".
As
formigas pódense comunicar entre elas utilizando as feromonas, que son sinais
químicos que poden emitir co seu corpo. Así os adoitan deixar na terra, para
que as outras formigas poidan ulir as mensaxes.
Logo,
poden captar todo tipo de olores coas súas longas antenas móbiles, que son tan
sensibles que lles permite coñecer a intensidade e a procedencia do olor en
cuestión. Razón pola cal aparecen como por arte de maxia
apenas derrames azucre sobre a mesa.
Así,
cando unha formiga exploradora descobre alimento, deixa un rastro cando volve
ao formigueiro, que pode ser seguido logo por miles de formigas
obreiras cual GPS animal. E se vai cambiando se algunha
das formigas encontra un camiño máis directo, ou se por algunha razón o camiño
quedou bloqueado.
Unha
formiga pode sobrevivir varias semanas baixo a auga.
A
colonia de formigas máis grande do mundo descubriuse en 2002. Esta super
colonia ten millóns de formigas que viven en millóns de formigueiros. Ten unha extensión
de 5.793.6384 quilómetros, dende Italia ata o noroeste de España, e
dicir, ata Galicia.
A
formiga é capaz de levantar 50 veces o seu propio peso e 30 veces o volume do
seu corpo.
A
formiga cae sempre cara á dereita cando esta intoxicada
Non
teñen pulmóns. Respiran a través de pequenos orificios aos costados denominados
espiráculos
Existen
dende hai case 100 millóns de anos e encóntranse en case todo tipo
de medioambiente terrestre
Cando unha formiga quere atraer a atención dalgunha
outra, palpa coas súas antenas a cabeza da compañeira. As formigas comunícanse
mediante a química, o tacto, o son, o olor e a vista.
E por último que saibades que, como nós este ano no
colexio ... hai formigas capaces de
cultivar. Levan raíces e sementes ao almacén do seu formigueiro.
domingo, 8 de marzo de 2015
8 DE MARZO. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
O Día Internacional da Muller, conmemora a loita da muller pola súa participación na sociedade, así como polo dereito ao seu desarrollo como persoa, en pé de igualdade co home.
Supoño que isto que acabades de ler, vos pode sorprender. Pero non hai tanto tempo as mulleres non tiñan dereito a voto, a un traballo digno, a ir a universidade, a expresar libremente as súas opinións, ao divorcio, ao aborto ... Todos estes dereitos, foron conseguíndose grazas á loita de moitas mulleres que viviron antes que nós, e que tiveron claro que todos somos persoas iguais e cos mesmos dereitos, sen que ter en conta a diferencia de sexos.
Son todavía moitos os paises, nos que as mulleres, só polo feito de selo, son discriminadas e carecen de libertade para estudiar, ou compartir a vida con quen elas elixan.
A continuación ides ver algúns exemplos de mulleres, que coa súa forza e afouteza iniciaron o camiño cara a igualdade.
MARÍA JOSEFA WONENBURGER
MATEMÁTICA
Naceu en Montrove, no concello de Oleiros, un 19
de xullo de 1927. Edúcase nunha familia onde os
deportes, os estudos e os idiomas son signos de
progreso e de boa educación, algo que non era o
mais común nesa época.
Rematou os estudos de bacherelato no Instituto
Eusebio da Guarda, e como lle gustan moito os
números e as matemáticas, decide estudar a
Licenciatura de Matemáticas.
Rematou a carreira e consegue unha beca que
convoca o Instituto de Educación Internacional
dos EEUU, por primeira vez en España.
Así, esta muller de ollada doce, convértese, grazas
a súa dedicación e valentía, nunha auténtica
pioneira e espello para moitas outras mulleres, e
nunha das nosas matemáticas mais importantes e
internacionais.
Estas son algunhas das frases mais famosas ditas
por María Josefa Wonenburger :
“Con esforzo conséguese aquilo que se quere”
“A miña maior gloria son os meus alumnos”
“Tendo a ser feliz”
ANGELES ALVARIÑO
OCEONÓGRAFA
A doutora Ángeles Alvariño naceu en 1916 en
Serantes, Ferrol. A maior parte da súa vida,
pasouna nos Estados Unidos, onde estaba
considerada como unha das máis prestixiosas científicas do mundo.
Aos tres anos xa lía e aprendía solfeo e piano. Foi
unha nena intelixente e curiosa, que
habitualmente exploraba a biblioteca do seu pai e
gozaba especialmente cos seus libros de historia
natural
En 1933 consegue o título de Bacharelato pola
Universidade de Santiago con sobresaínte e
matrícula de honra. Logo enfilaría os seus estudos
pola carreira de Ciencias Naturais. As súas
primeiras investigacións levounas a cabo no
Instituto Español de Oceanografía de Vigo,
especializándose no estudo do zooplancto.
O seu impresionante currículo académico e a súa
dedicación ao traballo fixérona merecedora dun
espazo na web Women Tech World, poñéndoa
como exemplo de muller de éxito na ciencia e a
tecnoloxía.
Foi a primeira muller que traballou nun buque.
Hoxe un dos buques do Instituto Español de
Oceanografía, leva o seu nome.
ÁNGELA RUIZ ROBLES
MESTRA E INVENTORA
Ángela Ruiz Robles, nace en León no ano 1895, obtén unha praza de mestra en Santa Uxía de Mandía, en Ferrol (A Coruña), onde estaría dez anos. Aquí daba clases desinteresadamente e os veciños, en agradecemento, solicitaron ás autoridades un recoñecemento oficial polo seu labor docente.
A Enciclopedia Mecánica:este invento naceu, segundo palabras da súa autora, para aliviar a aprendizaxe e facer posible este co mínimo esforzó físico e intelectual.
Ideou o primeiro precedente do e-book con tres obxectivos: alixeirar o peso das mochilas dos alumnos, facer máis atractiva a aprendizaxe e adaptar o ensino ao nivel de cada estudante.
Consistía en aparencia nun libro normal ideado en dúas partes:
-a primeira, destinada aos coñecementos básicos como a lectura, escritura, numeración e cálculo, coñecementos todos eles nos que o alumno podía exercitarse premendo letras e números para formar sílabas, palabras e realizar o cálculo.
-a segunda encontrábase distribuída por materias que discorrían a través do texto e as ilustracións contidos en carretes e bobinas e aos que podería incorporarse son coas explicacións correspondentes a cada tema, mesmo en diferentes linguas que o alumno podería contemplar a través de cristal de aumento e ata ler na escuridade posto que o dispositivo tamén incorporaba luz.
MARCELA E ELISA
MESTRAS
O PRIMEIRO MATRIMONIO HOMOSEXUAL.
Era o ano 1901, e Marcela e Elisa, as dúas mestras, estaban namoradas. Levaron o seu amor en secreto, ata que decidiron casarse pola igrexa. Para engañar ao sacerdote, Elisa se fixo pasar por Mario, e levou ao altar a súa amada, filla dun capitán do exército.
Todo isto, aconteceu na Coruña, o 8 de xuño de 1901. Ao ser descubertas, tiveron que fuxir de España. Mais, xa pasaron á historia como o primeiro matrimonio homosexual.
A súa afouteza iniciou o camiño cara a loita por conseguir a igualdade e o respecto das persoas homosexuais.
CONCEPCIÓN ARENAL
UNHA LOITADORA DOS DEREITOS DAS PERSOAS
Naceu en Ferrol no ano 1820. Concepción estudou nun colexio para señoritas, mais cando xa remata os estudos, e en contra da voluntade da súa nai, entra como ointe na Facultade de Dereito da Universidade Central de Madrid. Vistindo roupas de home, xa que nesa época a educación universitaria estaba prohibida ás mulleres.
Tamén vestida de home, Concepción Arenal participou en tertulias políticas e literarias, loitando así contra as normas establecidas para as mulleres nesa época.
Foi a primeira muller que recibiu o título de "Visitadora de Cárceres de Mulleres".
Fundou a Constructora Benéfica, unha sociedade dedicada á construcción de casas para obreiros.
E deixounos unha frase que xa forma parte da historia: "Abride escolas e se pecharan cárceres"
E como a lista sería moi longa, aquí tedes un video con fotografía de moitas destas mulleres, e cunha canción da cantante galega SES " Non son fada nin princesa"
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)













