venres, 21 de decembro de 2012

Concurso de postais de nadal.

Este Nadal a nosa mascota Draco propuxo o seguinte concurso: Facer unha postal cos nosos personaxes de conto preferidos como protagonistas. De entre todas as postais recibidas, resultou gañadora a postal de Ariadna, que se empregará para felicitar as festas ás familias  de todos os nen@s desde o Colexio e que é esta que podedes ver aquí.

                    
                                                    ¡¡¡¡¡¡NORABOA ARIADNA!!!!!!!!!!

As demáis postais tamén son moi bonitas, como podedes ver na seguinte presentación. Moitas grazas a todos por participar.

mércores, 19 de decembro de 2012

Draco invítanos a concursar

A nosa mascota "DRACO" invitou a todos os nen@"s do colexio a participar nun concurso que consistía en ler un libro, facer un debuxo e unha pequena reseña do mesmo. A tod@s @s que participastes moitas grazas e a nosa noraboa polo traballo realizado. Aquí quedan os debuxos para que disfrutedes deles.

domingo, 16 de decembro de 2012

O MAGOSTO

Con motivo da celebración do Magosto, desde o Equipo da biblioteca, propuxemos a cada aula que elaborasen unha castaña  personalizada con un personaxe de conto elixido entre tod@s. Os resultados foron estupendos, como se pode ver na seguinte presentación. A nosa noraboa para tod@s polo ben que traballaron.

martes, 29 de maio de 2012




Chámome Valentín Paz  Andrade,

nacín en Lérez, Pontevedra

no ano 1898.



Cando fun maior

marchei a Pontevedra a estudar bacharelato,

despois a Santiago

a estudar para avogado.



Alí coñecín a Castelao

a Risco,

 e a Vilar Ponte.



 Un dos meus mellores amigos,
Castelao

foi ao que adiquei o meu primeiro libro:

 “Pranto Matricial”.


Escribín en xornais,

revistas

e en diferentes libros.



 Sempre me gustou o mar

por iso fundei a primeira

e máis importante empresa

de pesca

e conxelados de Europa

“Barritas Pescanova”.



Traballei na FAO,

unha organización

que se preocupa

pola alimentación.



Galardoáronme con  moitos premios

por traballar pola nosa terra,

e por iso agora

me adicaron este día das Letras Galegas.



Ana Areoso López, 5ºA


martes, 22 de maio de 2012

Unha paisaxe






Descrición

É unha paisaxe de montaña. En primeiro plano vemos un campo de papoulas que rodea a unha  pequena  lagoa, onde se reflicten as montañas e  as nubes grises; detrás un prado bordeado de arbustos  e ao fondo unha serie de  montañas cubertas de árbores. O ceo gris dálle un  aspecto un pouco triste, pero  o campo de papoulas transmite un sentimento de tranquilidade e alegría, xa que parece unha alfombra impregnada de manchiñas vermellas que se moven ao son dunha canción.

Ana Areoso López, 5ºA

sábado, 19 de maio de 2012

Nunca hai que renderse


Moitos , moitos anos atrás había un mago que quería facerse co mundo, pero unha fada, a raíña das fadas, detívoo encerrándoo nun selo máxico. Pero o selo foise desgastando e Malvacho, que así se chamaba o mago, liberouse. A raíña encontrouse con dúas fadas novas  e aventureiras; e contoulles  o que pasara. As fadas mozas chamábanse Yessica e Marina; as dúas quixeron axudar á raíña.

Pasados tres meses, Malvacho deuse a coñecer na aldea das fadas:

_ Eu son Malvacho, inclinádevos ante min_ ordenou con cara victoriosa.

_ Ja. Ja, ja, ja_ riron todos cando Malvacho pronunciou o seu nome.

Pero Malvacho non estaba disposto a escoitar eso e petrificounos a todos, excepto á raíña, a Yessica e a Marina que naqueles tres meses se fixeran máis fortes e prepararan un plan.

Primeiro terían que alonxar a Malvacho da aldea, para que non quedara todo destruído, levárono a unha cova oculta detrás dunha fervenza, despois Yessica fixo de cebo para Malvacho:

_ Aquí, aquí, ven a por min se te atreves!_ berrou sacándolle a lingua.

_ Non debes desafiarme, destruireite!_ contestoulle Malvacho perseguíndoa.

Yessica non era tan tonta como Malvacho, ela tiña unha idea: puxéralle unha trampa. Pero xusto cando ía caer nela…

_ Plas!

Foi Yessica a que caeu na súa propia trampa, alguén a empuxara.

Malvacho fixera un conxuro e agora había dous coma el.

_ Que mala sorte!_ Queixouse Marina.

_ Non te preocupes, Marina, tira agora!_ pediulle Yessica.

Marina tirou dunha corda e os Malvachos quedaron encerrados nunhas gaiolas.

Yessica saíu da súa rede ; coa axuda da raíña levaron a Malvacho á cova  e cun conconxuro de levitación volveron a encerralo baixo o selo máxico,só que desta vez era moito, moito máis poderoso.  Malvacho xa non se podería liberar nunca máis, xa que o selo non se desgastaría.

E así foi como a raíña, Yessica e Marina salvaron o mundo.

Yennifer Angelina Quintana de la cruz, 5º A

xoves, 17 de maio de 2012

Os tres amiguetes


Un día pola noite, no ano 3171, Raúl, un neno do planeta Terra viaxou xunto ao seu can Milú. Raúl era tímido e divertido. Milú era un can Valente, atrevido e durmitón. Ao chegar apareceu diante deles Magneto, un robot moi gracioso. Os tres presentáronse e dixeron o que querían facer. Os tres querían o mesmo: Que coincidencia! Así que os tres foron ao Castelo do rei Magnetote a pedirlle a man das súas fillas.

Pola noite, dous días despois, Raúl escoitou un ruído

_Que é iso? Preguntou con voz medorenta.

_ É un mouchornio_ contestou Magneto un pouco sorprendido.

_ Guau, guau_ ladrou Milú para intentar espantalo.

Á tardiña montaron a tenda de campaña e foron durmir. Pola noite, no bosque escoitouse moito ruído; a Raúl por pouco non lle dá un infarto.

Pola mañá cedo dirixíronse ao Castelo do Rei.

Alí, Raúl presentouse:

_Ola,son Raúl, quería pedirlle a man da súa filla.

_ Eu son Magneto, quería casar coa súa filla.

_ Preguntareille a elas se aceptan.

Magnetote preguntoulles ás súas fillas se querían casar con eles.

_ Si, queremos_ contestaron as princesiñas a coro.

Celebraron unha voda dobre.

Milú, o can, tamén fixo boas migas cunha cadela que tiña o Rei.

 E desde aquel día, Magneto, Raúl e Milú viven felices no Castelo do rei Magnetote.

Jonathan Naya Fernández, 5ºA

martes, 15 de maio de 2012

As tres bruxiñas




Silvia, Claudia e Marta eran tres bruxas, ao mellor non eran exactamente bruxas, máis ben eran aprendices de bruxas. As tres eran moi boas amigas. Silvia era alta, delgada e moi responsable; Claudia, baixiña e un pouco regordeta, pero era a máis lista da súa clase; e Marta, unha rapaza moi deportista. As tres tiñan que prepararse para ser bruxas ao igual que os seus antepasados.

Un día chamounas a súa profesora para dicirlles que lles tiña que contar algo importante:

_ Nenas, estades case listas para ser bruxas, por eso a Real Academia de Bruxas vos quere poñer unha proba para ver se estades listas.

_ E de que irá esa proba?_ preguntou Marta intrigada.

_ Tedes que ir ao bosque Escuridade e coller unha flor.

_ Vale, pero como é esa flor?_ Interviu Silvia.

_ Eso teredes que adiviñalo vós.

De repente ábrese un burato no chan e as nenas caen.

_ Onde estamos?_ berrou Claudia asustada.

_ No bosque Escuridade.

_ E mirade, aí está a flor, que fácil foi!

_ Marta, non, seguro que é unha trampa!

Marta choca contra unha parede invisible.

_ Que pasou?_ preguntou Marta.

_ Hai que desfacer o conxuro para poder pasar_ di Silvia moi decidida.

Tras moito intentar romper o conxuro, collen a flor e se teletransportan á casa, por outro portal máxico.

_ Moi ben, rapazas.

_Foinos moi fácil_ dixo Silvia rindo.

_ O que contaba era a valentía e vós tedes de sobra, tomade.

A profesora dálles a cada unha un diploma e desde aquel día, as tres bruxiñas teñen máis poder ca nunca.

Laura Fernández Castelo, 5º A

A muralla de Lugo

Esta redacción foi finalista este ano nun concurso de redacción convocado polo  diario "O Progreso " de Lugo.


A muralla de Lugo

A muralla de Lugo é xa un símbolo para Galicia. Os seus máis de dous quilómetros, as súas setenta e cinco torres e o seu bo estado de conservación son unhas das moitas razóns polas que se converteu nun monumento histórico.

No ano 2000 conseguíu por fin ser nomeada patrimonio da humanidade pola súa beleza e historia.

Encantaríame vivir cando a construíron, ver como con moito esforzo é traballo, coas antigas ferramentas, a levantaron pouco a pouco. Gustaríame poder viaxar no tempo e observar cos meus amigos como traballaban e admirar como estaría recén rematada, con todas as pedras novas, os arcos completos, as portas de madeira e ferro…

 A muralla de Lugo é coma un gran xigante valente e ousado que protexe o seu corazón dos malvados que intenten conquistalo.

 Antes, cando perduraban as guerras, a muralla era un escudo xigante que protexía o pobo dos bárbaros e mantía feliz á xente.  Era un símbolo de liberdade; de esforzo e de traballo. Unha verdadeira obra de arte construída polos antigos poboadores de Lugo.

 Agora, mentres lugueses e visitantes pasean por enriba dela segue a ser un símbolo, un exemplo de fortaleza do pobo galego, de que xuntos  podemos conseguir moitas cousas , paso a paso e pedra a pedra, e que as cousas ben feitas e para o ben do pobo perduran a través do tempo para sempre xamais.

Ariadna Díaz Terrazo, 5º A

mércores, 9 de maio de 2012

A bruxa Caratuxa


Dise que desde tempos remotos vive no medio dun bosque unha bruxa chamada Caratuxa. A lenda conta que converteu ao seu gato nun gato vermello. Cando o converteu nun gato vermello, Caratuxa decidiu emprender unha viaxe cara ao consello  dos sabios máis sabios; cando estaba a punto de saír da súa casa oíu un berro que dicía “socorro”, entón Caratuxa foi correndo cara onde viñan os berros, pois era moi amable e quería axudar a quen o necesitase; entón viu un dragonciño chorando e preguntoulle:

_Que che pasa dragonciño?

_Fíxenme dano na perna e non a podo mover_ contestou o dragón.

Entón a Caratuxa ocorréuselle unha idea e pediulle ao dragón que fora con eles, ao consello dos sabios e o dragón aceptou, pero non podía mover a perna e Caratuxa xa pensara en iso e tróuxelle unhas muletas. O dragón agradeceulle  a súa axuda e foi con eles, atravesaron vales e montañas ata que chegaron a un outeiro. Caratuxa explicou que detrás do souto estaba o consello dos sabios máis sabios, escalaron o monte e descenderon cara o consello.

Unha vez alí dividíronse e o dragón foi á enfermería e Caratuxa a preguntar como devolver ao seu gato á cor orixinal.

O dragón só tiña unha pequeña escordadura e pronto saíu da enfermería, pero Caratuxa tardou un pouquiño máis porque lle dixeron que ao gato lle gustaba a súa nova cor porque era o único gato vermello do mundo. Encontráronse de novo na praza Maior e Caratuxa explicoulle ao dragón porque Xosé seguía sendo vermello e dende aquel día fixéronse  grandes amigos.

David García Remo, 5ºA