mércores, 17 de novembro de 2021

XESTA EMOCIONAL. O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA


 

Que quere dicir poñerse no lugar doutras persoas? É iso empatía?

Non todas as persoas teñen as mesmas capacidades, nin a súa contorna social e familiar é a mesma. Por iso, non debemos facerlles sentir mal polos erros que poidan cometer, ou polas decisións equivocadas que tomen nun momento dado. Trata de apoialas, de poñerte no seu lugar, de entender porque tomou esa decisión e non a xuzgues.

Imos ver un vídeo do importante que é ter en conta a situación das persoas que nos rodean.


PONTE NOS ZAPATOS DA OUTRA PERSOA





luns, 15 de novembro de 2021

COMUNIDADE DE BOOKTUBERS

 


Xa temos a nosa primeira Booktuber deste curso, a nosa compañeira Alejandra de 2ºB, que fai unhas recomendacións moi interesantes.

Moitas grazas, Alejandra!




domingo, 14 de novembro de 2021

O ACOSO ESCOLAR CONTADO POR ESTUDIANTES

Hoxe, a través deste vídeo, queremos que reflexionedes sobre o acoso escolar xa que tamén forma parte do que é ser unha persoa empática ou non. É moi importante saber que determinados comportamentos tanto dentro da aula, no patio, ou nas redes sociais, poden facer moito dano ás persoas que son dirixidas. 

Que teñamos en conta que todos e todas somos diferentes, e por iso, ás veces conxeiniamos mellor cunhas persoas que con outras. Algunhaa son as nosas amigas e outras son compañeiras, pero  o máis importante é respectarnos.

Ese respecto ten que ser dentro da aula, mais tamén na rúa, non patio do colexio e nas redes sociais. Pensade sempre antes de escribir ou colgar unha imaxe, se ides facer dano á outra persoa. Se vos gustaría que a vós vos fixeran o mesmo.

Escoitade este vídeo e logo podedes falar sobre este tema na aula.


O ACOSO ESCOLAR CONTADO POR ESTUDIANTES



martes, 9 de novembro de 2021

XESTA EMOCIONAL. O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA


 

Hoxe imos co segundo paso para ser unha persoa empática: Respectar os tempos das persoas coas que falamos.

Non todas as persoas temos o mesmo ritmo, hainas que precisan máis tempo para expresarse e se non respectamos ese tempo, as interrumpimos e falamos por riba delas, por exemplo berrando, seguramente deixen de intertalo, e o seu esforzo por contar algo que é un problema para elas non sirva de nada e non podamos axudalas. 

É moi importante saber escoitar para poder axudar.

Ademais é moi importante saber escoitar, sempre podemos aprender das opinións dos compañeiros e compañeiras.


ESCOITADE ESTE VÍDEO!



luns, 8 de novembro de 2021

COMUNIDADE DE BOOKTUBERS

 



ESTADES A PENSAR NOS VOSOS LIBROS FAVORITOS? ESTA SEMANA PODEDES APUNTARVOS A PARTIR DO MARTES.

ESPERÁMOSVOS!!!!

xoves, 4 de novembro de 2021

RAKONTO VERDE

Esta curtametraxe, lévanos a reflexionar e pensar en dúas palabras moi importantes para a relación coa natureza: altruismo e solidariedade.

REACH (ALCANZAR)




martes, 2 de novembro de 2021

XESTA EMOCIONAL. O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA.

 



Xa sabemos algo sobre a empatía, pero a pregunta é: como ser persoas empáticas? Hoxe imos coñecer o primeiro paso e intentar practicalo cos nosos compañeiros e compañeiras.

O primeiro que temos que facer é eliminar todo tipo de prexuicios. Que quere dicir isto? Pois, cando nos relacionamos con outras persoas temos que intentar non xuzgar, é dicir, non formarnos unha opinión ou idea, antes de escoitala.
Trataremos de escoitala e poñernos na súa situación paa entender mellor que é o que lle preocupa é como se sinte.

Intentádeo, seguro que ides ter moitas oportunidades!

Velaí un vídeo!

LA CADENA DE LA EMPATÍA



luns, 1 de novembro de 2021

COMUNIDADE DE BOOKTUBERS




Desde o blog da biblioteca, queremos facervos unha proposta. Ide pensando en dou libros que foran para vós moi especiais, tan especiais que ao longo da súa lectura sentíchedes ganas de rir, chorar, pensar, mudaron a vosa forma de pensar sobre algunha cuestión que era importante para vós...

Tedes de prazo ata o 8 de novembro. Despois só tedes que apuntarvos nas follas que deixaremos polas aulas para facer a gravación.

Animádevos a compartir lecturas e emocións!