DUSTIN
domingo, 16 de decembro de 2018
xoves, 13 de decembro de 2018
mércores, 12 de decembro de 2018
ELAS SON MÚSICA
Hoxe imos coñecer ao grupo "Xestreu". Sabedes o que é un aturuxo? Pois é un berro agudo, forte e prolongado que se emite en sinal de alegría, nas festas e foliadas ou mentres se realizan algúns labores agrícolas.
martes, 11 de decembro de 2018
GALICIA EN FEMININO. MULLERES QUE FAN HISTORIA

A Selección de fútbol feminino Sub17, acaba de facer historia gañando o Mundial Sub 17 de fútbol feminino.
Neste enlace tedes máis información:
BRAVO POR ELAS!!!
luns, 10 de decembro de 2018
RECOMENDAMOS

Hoxe temos unha visita moi especial na nosa biblioteca, a autora Ledicia Costas. Aquí tedes o Cuestionario Proust para que a coñezades un pouco máis.
Premede neste enlace:
domingo, 9 de decembro de 2018
mércores, 5 de decembro de 2018
ELAS SON MÚSICA
Hoxe temos a tres mulleres rompedoras, non só na súa posta en escea, mais tamén no seu xeito de cantar e de facer versións doutras cancións.
Son da nosa cidade, A Coruña e... fanse chamar... AS ANTONIAS.
martes, 4 de decembro de 2018
GALICIA EN FEMININO. MULLERES QUE FAN HISTORIA

Ela é Hedy Lamarr, que ademáis de inventora e enxeñeira, foi unha gran estrela do cine en Hollywood.
Durante a II Guerra Mundial, Hedy Lamarr e o compositor George Antheil, inventaron o sistema de comunicación segredo. Era unha forma de comunicación sen cables e a longa distancia, que servía para detectar torpedos. O máis curioso é que o invento está basado nas teclas do piano e é a base do WIFI, o BLUETOOTH e o GPS que coñecemos e tanto nos axuda hoxe.
luns, 3 de decembro de 2018
RECOMENDAMOS. VISITOUNOS A AUTORA ANDREA BARREIRA FREIJE
Seguimos na nosa biblioteca recibindo autoras que nos falan dos seus libros, de como foi ese proceso de creación, das súas afeccións, inquedanzas, ilusións... dos seus libros favoritos.
A conversa coa autora de "Non hai luz sen escuridade", Urco Editora, Andrea Barreira Freije, foi un pracer e un tempo que xa quedará con nós para sempre.
Moitas grazas Andrea; Lea xa é parte dos nosos soños.
Grazas a Thais e a Brenda pola entrevista. Sodes mulleres bravas!!!
domingo, 2 de decembro de 2018
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

