luns, 16 de outubro de 2017

RECOMENDAMOS



Resultado de imagen de Antonio García Teijeiro

Hoxe temos unha recomendación moi especial. Un dos mellores poetas galegos, Antonio García Teijeiro, ven de recibir o Premio Nacional de Poesía Infantil e Xuvenil, polo seu libro "Poemando o mar".
Desde a nosa biblioteca queremos celebralo cun dos poemas do seu libro e recomendarvos que o leades. Só tedes que pasar pola biblioteca a collelo e despois navegar polo mar a traves dos seus poemas.

Resultado de imagen de poemar o mar



Son os paxaros de outono.
Son as nenas, son as ondas.
Son os medos, son as cores
que fan as risas redondas.


Paxaros encol do mar.
Soños de brisa calada.
Medos que nacen na sombra.
Risas de escuma salgada.


Son os paxaros de outono.
Son as nenas na luzada.



MOITOS PARABÉNS A ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO!!!

CONTOS CURTOS


Para empezar a semana unha curta de amor!!!




xoves, 12 de outubro de 2017

EXPOSICIÓN DE ARTE AFRICANO NA NOSA BIBLIOTECA.

Queremos desde o noso blog da Biblioteca agradecer con cariño a xenerosidade de Salvador Corroto, dono de Atlántica Centro Arte, e de María, por agasallarnos cunha fermosa e interesante despedida para o noso proxecto “E ti, que pintas? África.
Encheu a nosa biblioteca de máscaras e esculturas de África. Con Salvador aprendimos o poder que poden ter os caracois de mar nunha máscara dun rei; o mismo poder que  poden ter para que Pablo Picasso crease o cubismo; que as moedas non parecen moedas; que as portas de madeira contan historias e moitas, moitas cousas máis.



O seu lugar de traballo, Atlántica Centro de Arte, é unha empresa que traballa coa cultura e a arte como ferramenta de desenvolvemento social. Entre as súas instalacións conta cunha galería de arte contemporánea no circuíto nacional, e un taller de desenvolvemento creativo.

E agora imos coñecer algo máis de Salvador.








Ten 43 anos. Gústalle navegar e tamén andar en bicicleta, aínda que practica menos deporte do que lle gustaría. Está casado e é pai dunha nena de 7 anos, Carla. Cáeselle a baba cando fala dela. Salva, ou Salvador, naceu en Madrid, pero aos 9 anos a familia instalouse na Coruña. Estudou no Obradoiro, Salesianos, Liceo... «Era un pouco cafre. Bo, pero vago», lembra. Matriculouse en Turismo no Centro Español de Novas Profesións, que entón estaba en Zalaeta. «Quería ser hostaleiro», apunta este coruñés que tiña na seu cuarto infantil cadros de Peteiro e Vázquez Cereijo. «Un dos meus primeiros recordos deste mundo da arte é cando o meu pai quixo comprar unha peza de Luís Seoane e foi ao banco para pedir un crédito», rememora. Pero ata retomar a tarefa do proxenitor cursou un máster de dirección hostaleira en Madrid e durante 5 anos viviu en Honduras liderando un proxecto de cooperación para desenvolver un hotel-escola que xurdiu por mor da traxedia do furacán Mitch. «Foi unha experiencia única. Polas mañás podías estar con políticos e empresarios importantes e polas tardes buscando rapaces polas maras e barrios marxinais».

Gústalle viaxar. Da Coruña queda coa plazuela das Bárbaras, «ou calquera punto desde o que se vexa o mar». Declárase comilón e o seu prato favorito é a robaliza ao sal. Di que a súa principal virtude é a honestidade e a sinceridade. «Cada vez córtome menos», comenta. E o seu defecto máis destacado é que «me apaixono demasiado coas cousas, e iso no mundo da arte pode ser un problema». «Se me toca a primitiva cómprome un Picasso», asegura riseiro. Cada vez parécese máis ao seu pai. «A arte non é para as elites. Comprar unha obra non está ao alcance de calquera, pero ler sobre Picasso ou ir a un museo é gratis», sentenza.


MOITÍSIMAS GRAZAS SALVADOR.

Aquí tedes o video da exposición:


martes, 10 de outubro de 2017

luns, 9 de outubro de 2017

venres, 6 de outubro de 2017

AS NOSAS LETRAS. VENRES DE POESÍA CON ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO.

Os venres contaremos a traves dun canle de You Tube co poeta Antonio García Teijeiro. El vai a guiarnos polo camiño da poesía.
Como hai que lela e tamén ir coñecendo poemas e poetas, será o que gozaremos a traves dos seus vídeos, porque tod@s levamos un poeta dentro. Como dicía John Cage ( compositor americano)

Non teño nada que dicir, 
e o estou dicindo,
e isto é poesía.


mércores, 4 de outubro de 2017

HISTORIAS DA NATUREZA. A NOSA ENTRADA LIMPA



Resultado de imagen de frases sobre el cuidado de la naturaleza



Este curso, os mércores, no noso blog, imos contarvos como coidar o noso planeta. A través do Proxecto Voz Natura, que coordina a compañeira Dolores, aprenderemos o negativo que é o uso do plásticos.
Hoxe empezamos con este video que seguro que vai a darvos que pensar.

martes, 3 de outubro de 2017

RECOMENDAMOS

Hoxe no "Recomendamos" temos a unha inventora...
Resultado de imagen de a señorita bubble 

 A xente da vila sentiu un odio repentino pola señorita Bubble desde o mesmo día da súa chegada. A inventora apareceu por sorpresa unha mañá solleira, conducindo un convertible que funcionaba a vapor, e instalouse naquela vivenda que levaba tantos anos deshabitada. Repudiárona polo seu atavío, polos seus inventos, polo seu singular xeito de vivir. Ninguén sospeitaba o que en realidade sucedía no interior da mansión da señorita Bubble.

Este divertido e interesante conto foi escrito por Ledicia Costas.

Resultado de imagen de ledicia costas
 

domingo, 1 de outubro de 2017

BENVIDA


Un curso máis imos compartir historias, medos, risas, aventuras. Viaxaremos en barco, en avión... entraremos nunha cova misteriosa, descubriremos quen pega o chicle nas cadeiras, coñeceremos a unha científica loca... e, todo isto, nun só lugar...