luns, 17 de outubro de 2016
domingo, 16 de outubro de 2016
CONTOS CURTOS.
A curtametraxe de hoxe é unha historia que esperamos vos faga reflexionar. Está inspirada nun cadro do artista Bansky.
Bansky é un artista ingles, que pinta nas paredes dos edificios e nos muros das cidades. Podedes buscalo en Google, paga a pena ver as súas obras.
Bansky é un artista ingles, que pinta nas paredes dos edificios e nos muros das cidades. Podedes buscalo en Google, paga a pena ver as súas obras.
mércores, 12 de outubro de 2016
AS NOSAS LETRAS.
Hoxe imos a coñecer un anaco dun libro moi fermoso. Titúlase ...
E o seu autor é...
Antonio García Teijeiro
... Nunha rúa desta vila que respira humidade vive Uli. Concretamente, no cuarto andar dun edificio novo. Vive co seu pai, que sempre está a ler no xornal diante da televisión como queréndose enchoupar das novas escritas no papel e mais das que atormentan os oídos dos sufridos televidente adubados con imaxes, moitas veces, impactantes.
E vive coa súa nai, unha muller seria, calada pero tenra, que trabajaba nunha droguería na vila ata que o dono dicidiu pechala.
O seu pai chámase Perfecto, aínda que isto non significa nada en especial. Perfecto leva once anos, máis ou menos, dicindo de Uli que aínda "cre nos peixes de cores". E Uli comeza a estar un pouco canso desta andrómena. "¿Peixes de cores? ¿Onde están os peixes de cores?, pensa para si. "¿A que lle chama meu pai peixes de cores?"
Os peixes de cores. Antonio García Teijeiro.
Podedes pasar pola biblioteca e pillalo!
E TI, QUE PINTAS? ÁFRICA
Imos a continuar aprendendo sobre as máscaras africanas ...
Desde o inicio da historia, as tribos africanas nas súas danzas usan máscaras que representan deuses, espíritos e devanceiros mortos. As máscaras son unha parte moi importante da súa cultura.
Cal é proposito destas máscaras?
Non as levan postas todos os días, resérvanas para ocasións espaciais como prácticas relixiosas de estación para agradecer aos deuses ou para recrear historias sobre o mundo espiritual. Outras cerimonias poden incluír colleitas, inciaciones de mozas á adultez ou sociedades secretas, e preparacións para a guerra. Tamén cando o sol ponse no solsticio de inverno e os bailaríns poden recrear o seu regreso ao mundo dos vivos, asegurando así o ciclo da vida.
Que materiais empregan?
As máscaras africanas poden estar feitas de madeira, cobre, bronce, marfil ou terracota. Decóranas con cunchas, contas, peles de animais, ósos ou follas de plantas. Con todo, o material preferido é a madeira, xa que cren que as árbores teñen alma, facendo da máscara de madeira un recipiente natural para que o espírito poida vivir nela.
Cando se termina de tallar, unha máscara pode ser pintada cunha variedade de tinguiduras vexetais, pinturas feitas de terra ou insectos.
luns, 10 de outubro de 2016
domingo, 9 de outubro de 2016
CONTOS CURTOS
O Conto Curo de hoxe titúlase "Selfie Cat". As veces, o que xurde por casualidade é o mellor.
Disfrutádeo!
mércores, 5 de outubro de 2016
E TI, QUE PINTAS? ÁFRICA
AS MÁSCARAS AFRICANAS
Nos vindeiros xoves imos a coñecer unhas das pezas máis importantes da arte africana, que case sempre utilizan as pinturas para decoralas, as máscaras.
Para eles estas pezas non teñen nada que ver co que para nós é unha máscara, case sempre asociada na nosa cultura ao Entroido.
Hoxe, para empezar imos ver un video duns nenos e nenas nunha escola africana facendo as súas máscaras.
Vos animádes a facer a vosa máscara!
martes, 4 de outubro de 2016
SABEDES QUE...
OS ELEFANTES SON UNS ANIMAIS MOI CURIOSOS?

Os elefantes, estes xigantes e enigmáticos animais, están cheos de estrañas curiosidades e datos asombrosos, a continuación presentámosche algunhas delas:
Viven en mandas.
Os elefantes dormen de pé, fóra dos bebés que polo xeral se botan para durmir.
Adoitan bañarse en lodo para refrescarse e eliminar os parasitos.
Outra maneira que teñen para refrescarse é abanicarse coas súas orellas.

Un macho adulto africano pode chegar a alcanzar un peso de 6 a 7 toneladas.
- Colleitan a súa comida coas trompas.
- Na manda de elefantes só viven as femias coas súas crías.
- Os machos abandonan a manda aos 12 anos.
- Utilizan os seus cabeiros para loitar.
- Aliméntanse de herbas e cortiza dalgunhas árbores.
- Durante a tempada de choiva aproveitan a comida que crece no chan.
- Absorben a auga coas súas trompas e logo arróxana dentro da súa boca.
- Poden chegar a alcanzar 40 km/h en distancias curtas.
- É o máis grande de todos os animais terrestres.
- Pode chegar a vivir ata 70 anos.
- .Os elefantes pasan 16 horas ao día comendo.
- O elefante ten o cerebro máis grande do reino animal.
- Poden consumir máis de 220 quilos de comida ao día.
- Os elefantes africanos teñen as orellas máis grandes que as súas contrapartes asiáticos.
- Así como as vacas mugen, os cans ladran, os elefantes barritan.
Aquí tedes un fermoso video con imáxens de elefantes en HD.
luns, 3 de outubro de 2016
RECOMENDACIÓN LITERARIA
Hoxe máis que recomendarvos un libro, ides a coñecer un novo xeito de recomendar lecturas. Son os Booktubers.
¿Que é un Booktuber?
Existe unha comunidade en Youtube de rapazas e rapaces entusiastas, chamados booktubers que a través dos seus vídeos comparten a súa afección pola lectura e a súa paixón polos libros.
Aquí tedes un exemplo.
:
¿Queredes ser Booktubers?
Seguiremos contándovos máis cousas desta comunidade literaria, nenos e nenas que lles apaixoan os libros, e que cada vez a súa opinión para os lectores e lectoras é mais importante.
domingo, 2 de outubro de 2016
CONTOS CURTOS.
O Conto Curto de hoxe titúlase "Sira e o paxaro negro". Esta curta foi creada pola asociación "Manos Unidas" para sensibilizar ás persoas sobre a importancia da saúde nos paises máis necesitados.
Esperamos que vos guste e fagades unha importante reflexión sobre o tema.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)














