venres, 10 de maio de 2013

Caligramas

Con motivo do Día do libro desde a bblioteca propúxose realizar unha actividade, na quue os nenos/as elaborasen un caligrama. Estes son os presentados:

venres, 26 de abril de 2013

Día do libro

O día 23 de abril celebramos no colexio o DÍA DO LIBRO, comezamos baixando todos ó patio,unha nena leu un fragmento de "Os rios da vida" de Agustín Fernández Paz, e logo cada grupo realizou unha lectura silenciosa dun fragmento dun libro da bilioteca de aula.

OS RIOS DA VIDA

"Din que todas as persoas necesitamos as historias, tanto como a auga que bebemos, tanto como o pan de cada día. Que sorte que sexan tan doadas de conseguir! Só hai que abrir un libro e deixarse arrastrar polo rio das palabras, esas que fan nacer dentro de nós outros mundos e outras vidas...." (Agustín Fernández Paz).

luns, 11 de marzo de 2013

TEMPO DE CÓMIC

Dende a biblioteca queremos impulsar a lectura dos cómics, asique invitámosvos a pasar pola bilioteca para que descubrades un  pouco máis este xénero e tamén que vos sirva de fonte de inspiración de cara a realización dos vosos propios cómics.
Lembrade que xa está convocado polo departamento de Dinamización Lingüística o número 16 da revista "Historietas Raquel Camacho".

 




venres, 21 de decembro de 2012

Concurso de postais de nadal.

Este Nadal a nosa mascota Draco propuxo o seguinte concurso: Facer unha postal cos nosos personaxes de conto preferidos como protagonistas. De entre todas as postais recibidas, resultou gañadora a postal de Ariadna, que se empregará para felicitar as festas ás familias  de todos os nen@s desde o Colexio e que é esta que podedes ver aquí.

                    
                                                    ¡¡¡¡¡¡NORABOA ARIADNA!!!!!!!!!!

As demáis postais tamén son moi bonitas, como podedes ver na seguinte presentación. Moitas grazas a todos por participar.

mércores, 19 de decembro de 2012

Draco invítanos a concursar

A nosa mascota "DRACO" invitou a todos os nen@"s do colexio a participar nun concurso que consistía en ler un libro, facer un debuxo e unha pequena reseña do mesmo. A tod@s @s que participastes moitas grazas e a nosa noraboa polo traballo realizado. Aquí quedan os debuxos para que disfrutedes deles.

domingo, 16 de decembro de 2012

O MAGOSTO

Con motivo da celebración do Magosto, desde o Equipo da biblioteca, propuxemos a cada aula que elaborasen unha castaña  personalizada con un personaxe de conto elixido entre tod@s. Os resultados foron estupendos, como se pode ver na seguinte presentación. A nosa noraboa para tod@s polo ben que traballaron.

martes, 29 de maio de 2012




Chámome Valentín Paz  Andrade,

nacín en Lérez, Pontevedra

no ano 1898.



Cando fun maior

marchei a Pontevedra a estudar bacharelato,

despois a Santiago

a estudar para avogado.



Alí coñecín a Castelao

a Risco,

 e a Vilar Ponte.



 Un dos meus mellores amigos,
Castelao

foi ao que adiquei o meu primeiro libro:

 “Pranto Matricial”.


Escribín en xornais,

revistas

e en diferentes libros.



 Sempre me gustou o mar

por iso fundei a primeira

e máis importante empresa

de pesca

e conxelados de Europa

“Barritas Pescanova”.



Traballei na FAO,

unha organización

que se preocupa

pola alimentación.



Galardoáronme con  moitos premios

por traballar pola nosa terra,

e por iso agora

me adicaron este día das Letras Galegas.



Ana Areoso López, 5ºA


martes, 22 de maio de 2012

Unha paisaxe






Descrición

É unha paisaxe de montaña. En primeiro plano vemos un campo de papoulas que rodea a unha  pequena  lagoa, onde se reflicten as montañas e  as nubes grises; detrás un prado bordeado de arbustos  e ao fondo unha serie de  montañas cubertas de árbores. O ceo gris dálle un  aspecto un pouco triste, pero  o campo de papoulas transmite un sentimento de tranquilidade e alegría, xa que parece unha alfombra impregnada de manchiñas vermellas que se moven ao son dunha canción.

Ana Areoso López, 5ºA

sábado, 19 de maio de 2012

Nunca hai que renderse


Moitos , moitos anos atrás había un mago que quería facerse co mundo, pero unha fada, a raíña das fadas, detívoo encerrándoo nun selo máxico. Pero o selo foise desgastando e Malvacho, que así se chamaba o mago, liberouse. A raíña encontrouse con dúas fadas novas  e aventureiras; e contoulles  o que pasara. As fadas mozas chamábanse Yessica e Marina; as dúas quixeron axudar á raíña.

Pasados tres meses, Malvacho deuse a coñecer na aldea das fadas:

_ Eu son Malvacho, inclinádevos ante min_ ordenou con cara victoriosa.

_ Ja. Ja, ja, ja_ riron todos cando Malvacho pronunciou o seu nome.

Pero Malvacho non estaba disposto a escoitar eso e petrificounos a todos, excepto á raíña, a Yessica e a Marina que naqueles tres meses se fixeran máis fortes e prepararan un plan.

Primeiro terían que alonxar a Malvacho da aldea, para que non quedara todo destruído, levárono a unha cova oculta detrás dunha fervenza, despois Yessica fixo de cebo para Malvacho:

_ Aquí, aquí, ven a por min se te atreves!_ berrou sacándolle a lingua.

_ Non debes desafiarme, destruireite!_ contestoulle Malvacho perseguíndoa.

Yessica non era tan tonta como Malvacho, ela tiña unha idea: puxéralle unha trampa. Pero xusto cando ía caer nela…

_ Plas!

Foi Yessica a que caeu na súa propia trampa, alguén a empuxara.

Malvacho fixera un conxuro e agora había dous coma el.

_ Que mala sorte!_ Queixouse Marina.

_ Non te preocupes, Marina, tira agora!_ pediulle Yessica.

Marina tirou dunha corda e os Malvachos quedaron encerrados nunhas gaiolas.

Yessica saíu da súa rede ; coa axuda da raíña levaron a Malvacho á cova  e cun conconxuro de levitación volveron a encerralo baixo o selo máxico,só que desta vez era moito, moito máis poderoso.  Malvacho xa non se podería liberar nunca máis, xa que o selo non se desgastaría.

E así foi como a raíña, Yessica e Marina salvaron o mundo.

Yennifer Angelina Quintana de la cruz, 5º A

xoves, 17 de maio de 2012

Os tres amiguetes


Un día pola noite, no ano 3171, Raúl, un neno do planeta Terra viaxou xunto ao seu can Milú. Raúl era tímido e divertido. Milú era un can Valente, atrevido e durmitón. Ao chegar apareceu diante deles Magneto, un robot moi gracioso. Os tres presentáronse e dixeron o que querían facer. Os tres querían o mesmo: Que coincidencia! Así que os tres foron ao Castelo do rei Magnetote a pedirlle a man das súas fillas.

Pola noite, dous días despois, Raúl escoitou un ruído

_Que é iso? Preguntou con voz medorenta.

_ É un mouchornio_ contestou Magneto un pouco sorprendido.

_ Guau, guau_ ladrou Milú para intentar espantalo.

Á tardiña montaron a tenda de campaña e foron durmir. Pola noite, no bosque escoitouse moito ruído; a Raúl por pouco non lle dá un infarto.

Pola mañá cedo dirixíronse ao Castelo do Rei.

Alí, Raúl presentouse:

_Ola,son Raúl, quería pedirlle a man da súa filla.

_ Eu son Magneto, quería casar coa súa filla.

_ Preguntareille a elas se aceptan.

Magnetote preguntoulles ás súas fillas se querían casar con eles.

_ Si, queremos_ contestaron as princesiñas a coro.

Celebraron unha voda dobre.

Milú, o can, tamén fixo boas migas cunha cadela que tiña o Rei.

 E desde aquel día, Magneto, Raúl e Milú viven felices no Castelo do rei Magnetote.

Jonathan Naya Fernández, 5ºA