NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

domingo, 28 de setembro de 2025

BENVIDOS E BENVIDAS.

Empezamos un novo curso e tamén unha nova etapa no noso blog e o facemos con entusiasmo como cada ano, esperando que sexa unha ferramenta máis de aprendizaxe, e por que non? de entretemento e diversión.

Como sabedes, hai dúas entradas que xa son un clásico deste blog, as curtas animadas dos luns e a de Booktubers, esta última non sería posible sen a colaboración, cómplice e xenerosa de todos e todas vós, que ledes libros e gozades compartindoos cos compañeiros e compañeiras. Así que, xa sabedes, sempre sodes ben recibidas na biblioteca para gravar un vídeo coa vosa sempre interesante opinión.

E tamén podedes seguirnos no Instagram, este é o enlace:

 https://www.instagram.com/bibliotecaceip.raquelcamacho/

EMPEZAMOS!!!

A curta animada deste luns está baseada nunha historia real. A historia de Canelo, un can leal ao seu amo, porque así son os animais e por iso temos que tratalos ben.