NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

xoves, 24 de febreiro de 2022

RAKONTO VERDE

 

Sabedes que unha das flores favoritas de Rosalía de Castro eran os pensamentos?

Os pensamentos son flores de cinco pétalos que, como todas as flores, segundo o país teñen as súas lendas.

Na cultura europea, o pensamento ten un significado romántico, por exemplo en España e Francia asóciase coas lembranzas. En Inglaterra, tamén ten o mesmo significado, xa que como conta Shakespeare en "El sueño de una noche de verano", Oberó pon nas pálpebras dos ollos da súa esposa Titania, raiña das fadas, unhas gotas de perfume desta flor, para que se enamore do primeiro ser que vexa cando esperte.

En Escocia e Alemaña, o seu significado é máis ben descriptivo en canto á apariencia da flor en si mesma. O pétalo máis grande representa a unha madrastra que acompaña aos outros pétalos laterais e que son as súas filla, mentres que os pétalos de diferente cor ou máis pálidos, simbolizan os ciumes e a envexa, que representaría ás fillastras. Como vedes lembra ao conto da Cenicienta.

Pero nós imos quedar, xa que esta é a semana de Rosalía de Castro, coa súa paixón por istas flores, que foi un dos seus últimos desexos antes de morrer, ter un ramo de pensamentos. Ela que tanto pensou en todas as persoas e para elas escribiu.






Ningún comentario:

Publicar un comentario