NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

martes, 21 de decembro de 2021

FELICITACIÓN DO ALUMNADO DE 6ºB

 Os compañeiros e compañeiras de 6ºB, esperamos que vos guste a nosa canción e felicitación de Nadal.

Somos os maiores do colexio e por desgraza pronto teremos que marchar... pero queríamos desexarvos unhas Felices Festas e moi bo 2022.

E o facemos con esta canción composta por nós!





xoves, 16 de decembro de 2021

BO NADAL E FELIZ ANO NOVO PARA TODOS E TODAS!!!

A nosa comunidade educativa é diversa, e iso é unha das cousas máis fermosas do noso colexio. Por iso queremos desexarvos unha Felices Festas cunha canción de Playing for Change, xa que eles e elas simbolizan esa marabillosa mestura a través da música. E cunha canción que é o noso maior desexo, un mundo feliz para todos e todas!




luns, 13 de decembro de 2021

COMUNIDADE DE BOOKTUBERS

Hoxe neste rincón booktubero, imos contarvos unha historia. Seguro que todos e todas coñecedes a J.R.R. Tolkien, o autor dun famoso libro El señor de los anillos, e se non líchedes o libro, seguro que víchedes a película.



Pois, o autor, desta marabillosa historia, Tolkien, tiña varios fillos. Para toda a familia o interese e a importancia de Papá Noel ía máis alá da súa capacidade para encherlle de agasallos os calcetíns  que penduraban na Noiteboa, porque todos os anos os fillos de Tolkien recibian unha carta na que describía con palabras e debuxos a súa casa, os seus amigos e os acontecementos, graciosos ou preocupante, que tiñan lugar no Polo Norte.

A primeira das cartas chegou no ano 1920, cando John, o fillo maior, tiña tiña tres anos, e durante máis de vinte anos, ao longo da infancia dos tres pequenos, Michael, Christopher e Priscilla, recibiron as cartas que chegaban de Papá Noel.

Mirade que selos máis fermosos tiñan as cartas!



Velaquí unha das cartas que escribiu Papá Noel no ano 1923, a John. A da imaxe é a orixinal, coa súa letra! 




Polo Norte.
Nochebuena: 1923

Mi querido John:

Hoy hace mucho frío y mi mano tiembla mucho — el día de Navidad cumpliré mil novecientos veinticuatro, ¡no! Mil novecientos veintisiete años. Soy mucho más mayor que tu bisabuelo, así que no puedo evitar que baile un poco la pluma, pero me dicen que ya lees tan bien que estoy seguro de que podrás leer mi carta.
Te mando muchos abrazos (y tambien para Michael), y también ladrillos Lotts (que se llaman así porque hay lotes y lotes para ti el año que viene si me avisas con tiempo). Creo que son más  bonitos y fuertes y limpios que los ladrillos Picabrix. Así que espero que te gusten.

Ya tengo que irme; hace una noche bonita y agradable y debo recorrer cientos de millas antes de que llegue el nuevo día — tengo tantas cosas que hacer.

Un beso frío de
Papá Nicolás Navidad.




domingo, 12 de decembro de 2021

CORTOS ANIMADOS

 Case sempre, se nos poñemos no lugar das outras persoas, somos quen de procurar solucións boas para todas! 

Velaquí un exemplo! 


O PORCO ESPÍÑO EN NADAL



martes, 7 de decembro de 2021

XESTA EMOCIONAL. O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA

 Hoxe na entrada do noso proxecto, só deixamos este vídeo. Esperamos que podades reflexionar sobre el, xa que como ides ver, a empatía tamén está no máis cotiá.




xoves, 2 de decembro de 2021

martes, 30 de novembro de 2021

XESTA EMOCIONAL. O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA

 


RESPECTARNOS


O respecto é un dos valores máis importantes non só para ser persoas empáticas, é moi importante para ter bos e boas amigas, compañeiros e compañeiras, unha boa relación coa nosa familia, e para crear unha comunidade cunha boa convivencia.

Para que haxa respecto dentro da aula, ou de calquera outro grupo de persoas, é fundamental aceptar as regras e as normas que se acordan entre todas elas .

Cando insultamos, menospreciamos, enganamos ou nos berramos, ás veces só coa intención de molestar, non só estamos faltando ao respecto desas persoas, tampouco nos estamos a respectar a nos mesmas.

Se observades ao voso arredor, as compañeiras e compañeiros que tratan con respecto ás demais persoas, soen ser as máis queridas e admiradas.

Escoitaches algunha vez a frase de, porse nos zapatos dos demais? Se a túa resposta é: Si, saberás a importancia de comprender o que pasa na mente e a vida das demais persoas. Se a túa resposta é: Non, entón é necesario fortalecer a túa habilidade da empatía e o respecto cara aos demais. 


Non só é importante ese respecto cando estamos na aula, na rúa, na casa... tamén é importante nas redes sociais. Ao pasar tanto tempo ao día publicando comentarios, stories, gifs, fotos e vídeos do que facemos día a día, moitas veces esquecemos que detrás desa pantalla hai persoas que senten e que teñen preocupacións e problemas ou que simplemente tiveron un mal día. Moitas veces as redes son a única forma en que os outros se poden desafogar ou expresarse. 

É por isto que antes de comentar ou compartir esa publicación de Instagram, ou responder a ese WhatsApp, na que os outros expresan un punto de vista persoal ou unha emoción profunda, pensa o seguinte:

- Se é un sentimento, reflexiona se ti tamén te sentiches así. Iso permitirá que poidas lembrar o mal que o pasaches nesa situación ou nunha semellante, e que calquera palabra ou comentario podería ferir ou facer sentir mal á outra persoa.

- Se é unha foto, pensa se a ti gustaríache  que che fixesen un comentario negativo sobre o teu aspecto ou a túa forma de vestir. Pensa, que todas as persoas queremos vernos sempre ben e recibir sempre comentarios e mensaxes positivas.

- Se é un vídeo que che enviaron só a tí, non debes publicalo sen o permiso da túa amiga ou amigo; xa que podes pór en risco a súa privacidade ou motivar comentarios negativos  doutras persoas.

Manter a túa privacidade e das túas compañeiras e compañeiros é moi importante.







luns, 29 de novembro de 2021

COMUNIDADE DE BOOKTUBERS

Hoxe un dos nosos Tusitalas, Nico de 6ºB, cóntanos porque lle gustou o libro que estamos a ler no Club Lector de 6ºB,  A evolución de Calpurnia Tate da autora, nacida en Nova Zelanda, Jackeline Kelly.

Premendo no seu nome, podedes ler unha entrevista na que conta porque escribiu esta historia.

Moitas grazas, Nico!



domingo, 28 de novembro de 2021

xoves, 25 de novembro de 2021

RAKONTO VERDE

 Sabedes distinguir a flor macho da flor femia dun calabacín? Porque as plantas tamén teñen xénero!

Velaquí este vídeo de Iñigo Segurola!




mércores, 24 de novembro de 2021

martes, 23 de novembro de 2021

25N DÍA INTERNACIONAL POLA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES. XESTA EMOCIONAL. O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA


Levamos varios mércores lendo e reflexionando sobre a importancia da empatía. Nesta semana, na que é o 25 N, Día Internacional pola eliminación da violencia contra as mulleres, debemos ter en conta que unhas das mellores estratexias para reducir a violencia é a empatía.

Sabemos que a empatía é ter a capacidade de entender e poñernos no lugar das outras persoas, sexan do xénero que sexan. 



É importante aprender a recibir e respectar os "NON".  Debemos saber que non se van cumprir todos os nosos desexos polo feito de que queramos que así sexa. Que hai que deixar de insistir até que a outra persoa faga algo que non desexa.
É moi importante saber recibir un "NON", saber dalo, e saber sostelo. Con isto podemos evitar unha morea de violencias cotiás, de machismos, porque é moi importante respectar os límites que nos marcan outras persoas.
É importante o 25N, si. Pero non pode quedar nun eslogan posto nunha camiseta ou nunha pancarta, iso o pode levar calquera. O verdadeiramente importante é saber dicir NON cando é necesario e o empático é respectalo.

Velaquí dous vídeos moi interesantes para que reflexionedes sobre o amor , os estereotipos e os distintos tipos de amor.


La importancia del amor



Amor romántico e estereotipos.





xoves, 18 de novembro de 2021

RAKONTO VERDE

 

Sabedes que na provincia de Lugo temos un dos paisaxes máis fermosos de Galiza. E, en otoño, está en todo o seu esplendor. Chámase a Serra do Courel e está na provincia de Lugo. 

Pasear polos bosques do Courel é moi bo para coidar as nosas emocións positivas en contacto coa natureza. Aquí tedes  bos deixamos unha proposta  de excursión para desfrutar da natureza.

A SERRA DO COUREL




mércores, 17 de novembro de 2021

XESTA EMOCIONAL. O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA


 

Que quere dicir poñerse no lugar doutras persoas? É iso empatía?

Non todas as persoas teñen as mesmas capacidades, nin a súa contorna social e familiar é a mesma. Por iso, non debemos facerlles sentir mal polos erros que poidan cometer, ou polas decisións equivocadas que tomen nun momento dado. Trata de apoialas, de poñerte no seu lugar, de entender porque tomou esa decisión e non a xuzgues.

Imos ver un vídeo do importante que é ter en conta a situación das persoas que nos rodean.


PONTE NOS ZAPATOS DA OUTRA PERSOA





luns, 15 de novembro de 2021

COMUNIDADE DE BOOKTUBERS

 


Xa temos a nosa primeira Booktuber deste curso, a nosa compañeira Alejandra de 2ºB, que fai unhas recomendacións moi interesantes.

Moitas grazas, Alejandra!




domingo, 14 de novembro de 2021

O ACOSO ESCOLAR CONTADO POR ESTUDIANTES

Hoxe, a través deste vídeo, queremos que reflexionedes sobre o acoso escolar xa que tamén forma parte do que é ser unha persoa empática ou non. É moi importante saber que determinados comportamentos tanto dentro da aula, no patio, ou nas redes sociais, poden facer moito dano ás persoas que son dirixidas. 

Que teñamos en conta que todos e todas somos diferentes, e por iso, ás veces conxeiniamos mellor cunhas persoas que con outras. Algunhaa son as nosas amigas e outras son compañeiras, pero  o máis importante é respectarnos.

Ese respecto ten que ser dentro da aula, mais tamén na rúa, non patio do colexio e nas redes sociais. Pensade sempre antes de escribir ou colgar unha imaxe, se ides facer dano á outra persoa. Se vos gustaría que a vós vos fixeran o mesmo.

Escoitade este vídeo e logo podedes falar sobre este tema na aula.


O ACOSO ESCOLAR CONTADO POR ESTUDIANTES



martes, 9 de novembro de 2021

XESTA EMOCIONAL. O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA


 

Hoxe imos co segundo paso para ser unha persoa empática: Respectar os tempos das persoas coas que falamos.

Non todas as persoas temos o mesmo ritmo, hainas que precisan máis tempo para expresarse e se non respectamos ese tempo, as interrumpimos e falamos por riba delas, por exemplo berrando, seguramente deixen de intertalo, e o seu esforzo por contar algo que é un problema para elas non sirva de nada e non podamos axudalas. 

É moi importante saber escoitar para poder axudar.

Ademais é moi importante saber escoitar, sempre podemos aprender das opinións dos compañeiros e compañeiras.


ESCOITADE ESTE VÍDEO!



luns, 8 de novembro de 2021

COMUNIDADE DE BOOKTUBERS

 



ESTADES A PENSAR NOS VOSOS LIBROS FAVORITOS? ESTA SEMANA PODEDES APUNTARVOS A PARTIR DO MARTES.

ESPERÁMOSVOS!!!!

xoves, 4 de novembro de 2021

RAKONTO VERDE

Esta curtametraxe, lévanos a reflexionar e pensar en dúas palabras moi importantes para a relación coa natureza: altruismo e solidariedade.

REACH (ALCANZAR)




martes, 2 de novembro de 2021

XESTA EMOCIONAL. O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA.

 



Xa sabemos algo sobre a empatía, pero a pregunta é: como ser persoas empáticas? Hoxe imos coñecer o primeiro paso e intentar practicalo cos nosos compañeiros e compañeiras.

O primeiro que temos que facer é eliminar todo tipo de prexuicios. Que quere dicir isto? Pois, cando nos relacionamos con outras persoas temos que intentar non xuzgar, é dicir, non formarnos unha opinión ou idea, antes de escoitala.
Trataremos de escoitala e poñernos na súa situación paa entender mellor que é o que lle preocupa é como se sinte.

Intentádeo, seguro que ides ter moitas oportunidades!

Velaí un vídeo!

LA CADENA DE LA EMPATÍA



luns, 1 de novembro de 2021

COMUNIDADE DE BOOKTUBERS




Desde o blog da biblioteca, queremos facervos unha proposta. Ide pensando en dou libros que foran para vós moi especiais, tan especiais que ao longo da súa lectura sentíchedes ganas de rir, chorar, pensar, mudaron a vosa forma de pensar sobre algunha cuestión que era importante para vós...

Tedes de prazo ata o 8 de novembro. Despois só tedes que apuntarvos nas follas que deixaremos polas aulas para facer a gravación.

Animádevos a compartir lecturas e emocións!



xoves, 28 de outubro de 2021

RAKONTO VERDE

Pensades que cando paseades por un bosque, o único que hai baixo os vosos pes é terra e follas. Pois que saibades que estades moi, moi equivocados e equivocadas!

Falan as árbores entre elas? Son empáticas coas súas compañeiras? Apoianse unhas a outras? Avisan dun perigo? 

Escoitade este vídeo!




martes, 26 de outubro de 2021

XESTA EMOCIONAL. O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA

 



COMO DESENVOLVER A EMPATÍA?


Boa pregunta, non si? Pois aquí vos deixamos primeira proba para saber se somos persoas empáticas.

Adestramos a escoita activa? Que quere dicir isto?

A escoita activa é a que permite que entendas toda a información que está a dar outra persoa coas súas palabras, pero tamén tendo en conta a comunicación das emocións que transmite esa persoa que está a falar contigo.
Por exemplo, se un compañeiro ou unha compañeira está a contarche un problema, só poderas axudala se escoitas con atención as súas palabras e observas con atención os seus xestos, alegres, tristes, de enfado, de dor ...
O mellor xeito de conectar con outra persoa ou persoas non é falando, se non sabendo escoitar, así demostras que o que che está a contar é importante para ti.

Velaí un exemplo nunha escena da película "Mejor Imposible", sobre o que logo podedes falar.









luns, 25 de outubro de 2021

COMUNIDADE DE BOOKTUBERS

Imos lembrar como ser uns bos e boas Booktubers con este vídeo. Ide preparando as vosas lecturas favoritas! 


COMO SER UN/UNHA BOOKTUBER



domingo, 24 de outubro de 2021

CONTOS ANIMADOS

 Hoxe, poderedes desfrutar  dunha curtametraxe de animación moi especial "The Maker", O creador.

Un ser moi especial ten un tempo limitado, marcado por un reloxo de area, para crear alguén que siga o seu legado. Mais, realmente, o que nos plantexa esta marabillosa curtametraxe é a pregunta: Sabemos utilizar ben o noso tempo? É esta unha pregunta que sen dúbida deberiamos reflexionar sobre ela. Aquí vola deixamos para que o pensedes.

The Maker, está dirixida por Christopher Kezelos  (premendo no seu nome podedes seguilo en Instagram) e foi presentada no ano 2012 no Festival de Cine Fantástico de Stiges, acadando na súa traxectoria moitos premios.

Os personaxes son creación da artista Amanda Louse Spayd. (premendo no seu nome podedes seguila en Instagram.


THE MAKER




xoves, 21 de outubro de 2021

RAKONTO VERDE. BIBLIOTECA E VOZ NATURA.

Este 4 de outubro foi o Día Mundial dos Animais. A Declaración Universal de Dereitos do Animal, foi proclamada o 15 de outubro de 1978 e aprobada pola Organización das Naciones Unidas. Esta declaración establece que todo animal posee dereitos e sinala que o descoñecemento e o desprezo deses dereitos levaron e seguen a levar ás persoas a cometer crímenes contra a natureza e contra os animais.

Todas as persoas sabemos que os animais teñen sentimentos e emocións, queren e deben ser queridos, son leais e dan moito ás persoas, tanto os que conviven con nós, como os que viven na natureza e manteñen o seu equilibrio.

Aquí vos deixamos unha curtametraxe sobre a que logo podedes debater:


KITBULL




martes, 19 de outubro de 2021

XESTA EMOCIONAL. O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA



Este curso temos unha proposta moi emocionante, coñecernos mellor entre todos e todas para compartir e traballar as nosas emocións, que non sempre son positivas e, ás veces, se non sabemos como xestionalas poden provocarnos malestar e conflitos innecesarios coas persoas que nos rodean e coas que queremos moito.

Hai moitos tipos de emocións: alegría, tristura, sorpresa, enfado, ira... o importante das emocións é:

- como as expresamos.

- que nos levou a sentir esa emoción.

- coñecernos mellor a nós mesmas como persoas.

- saber cales son as nosas cualidades e querernos, é dicir, a autoestima.

- empatía ou a capacidade para poñernos no lugar doutra persoa.


Imos comezar por unha que é moi importante, e que nos axudará a estar máis contentas con nós mesmas como persoas, a empatía.

A empatía permítenos establecer vínculos positivos, de comprensión e de respecto cara as demais persoas. É a capacidade para recoñecer e comprender os sentimentos, ideas e condutas das persoas que nos rodean e entender, ata poñernos no seu lugar, as circunstancias que poden afectar a eses compañeiros e compañeiras en situacións concretas.

Velaí un vídeo que o explica moi ben:







luns, 18 de outubro de 2021

COMUNIDADE DE BOOKTUBERS

Ide preparando as vosas lecturas favoritas para recomendar a todas as compañeiras e compañeiros. O curso pasado a comunidade de booktubers foi medrando, esperamos que este curso medre moito máis.

Aquí vos deixamos o último do curso pasado., do noso compañeiro Nicolás.

Animádevos a compartir historias!!!




domingo, 17 de outubro de 2021

EMPEZAMOS!!!

Ola a todas e a todos, un curso máis empezamos a nosa andaina no blog da biblioteca, o Rakonto, este lugar común para toda a comunidade educativa. Así que xa sabedes, calquera cousa que vos apeteza incorporar ao blog, non tedes máis que dicilo.

Como é luns, seguimos a empezar con curtas de animación, pensamos que é un bo xeito de empezar a semana.

Velaí vai o primeiro deste curso!

Esta curtametraxe foi realizada polos alumnos e alumnas do Grado de Música da Universidade de Música e Artes de Tlaxcala, un estado situado no centro de México.

Unha fermosa mensaxe de como podemos a través da música e do disfrute das cousas boas e sencillas, como un baño na praia, conseguir que a rutina non nos leve á tristura. É cuestión de ter unha actitude positiva e saber gozar do que realmente nos emociona.


INNER WORKINGS




xoves, 3 de xuño de 2021

DESPEDIDA DE RAKONTO VERDE ATA SETEMBRO.

Grazas a todas as vosas mans remexendo na terra. Mans en equipo que colaboráchedes para facer do noso colexio un lugar máis fermoso. Espazos  que serán acubillo para bichería feliz de atoparse con leitugas, berzas, frores, romero, tomates, amorodos... É fermoso chegar pola mañá e atoparse cun xardín, primeiro imaxinado, agora real, do que cada día aprendemos a observar como, cos vosos coidados, todo medra e florece. 


Moitas grazas por sementar futuro, ilusión e palabras fermosas que dan nome as cores!




mércores, 2 de xuño de 2021

VAMPIRA DE BIBLIOTECA SEGUNDO O ALUMNADO DE 5º B

 O alumnado de 5ºB fixo este marabilloso vídeo sobre o libro de Ledicia Costas, Vampira de biblioteca.

Velaí o tedes....

Moitas grazas por este fermoso traballo!




GATIÑAS, PÍNTEGAS E VAMPIRAS. O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA



O mércores 26 de maio, estivo con nós, nas aulas de 3º e 4º a autora Elí Rios. Con ela e co seu fermoso libro Marta e a píntega, rematamos o noso proxecto da biblioteca por este curso, e non podiamos facelo mellor.

Agradecer a Elí Rios a súa complicidade, as risas, as historias e ese contaxiar que ten ela do amor pola literatura.

Velaí o vídeo do seu encontro, non que atoparedes unha sorpresa, porque ela é unha muller de palabra.

Moitas grazas a todas!





AS CANCIÓNS DE XELA ARIAS

Rematamos por este curso coas cancións favoritas de Xela Arias, á volta seguimos. Pensamos que unha boa despedida para este curso é "Galicia Canibal" do grupo galego, Os Resentidos.




RECOPILACIÓN DA NOSA COMUNIDADE DE BOOKTUBERS DURANTE ESTE CURSO.

 Moitas grazas pola vosa complicidade, as lecturas e as recomendacións. 

O vindeiro curso, máis!
























domingo, 30 de maio de 2021

CONTOS ANIMADOS

Xa está a piques de chegar o verán, e con el as ansiadas vacacións e as tardes de praia. Pois, xa sabedes, non esquezades o protector solar e os mosquitos... pois tamén teñen dereito á vida.




xoves, 27 de maio de 2021

RAKONTO VERDE

A curtametraxe que ides ver, dirixida por Pascal Schellbi, The Beauty, é unha viaxe poética a través dos océanos, que podemos observalos na súa inmensa fermosura, mais tamén sucios, cheos de plásticos.

A escolla é doada, deixar que a fermosura e a vida gañe aos plásticos. Por iso, debemos ser coidadosas e non deixar que os océanos sufran o noso deslexo.




mércores, 26 de maio de 2021

GATIÑAS, PÍNTEGAS E VAMPIRAS. O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA.

Xa estamos no derradeiro tramo do noso proxecto con Marta e a píntega, de Elí Rios. Este vindeiro mércores, as aulas de 3º e 4º, terán a sorte de contar coa súa presenza e poder falar con ela deste marabilloso libro.

Aquí vos deixamos o vídeo que gravou Elí Rios para vós cando estabamos no confinamento e ao que sempre lle quedaremos moi agradecidas!

Vémonos o mércores...





martes, 25 de maio de 2021

AS CANCIÓNS DE XELA ARIAS

Seguimos a coñecer os gustos musicais de Xela Arias. Hoxe, a canción, Malos tiempos para la lírica, do grupo Golpes Bajos.

Este grupo xurdíu no ano 1982 en Vigo. O seu vocalista Germán Coppini, formou o grupo con Teo Cardalda, un antigo compañeiro de instituto que tiña gustos musicais moi novedosos para a época, e que tiña un local que o propio Coppini definiu como "chamizo" polo que pasaban todos os músicos de prestixio en Galicia.

O pai de Cardalda, pola súa conta e risco, decidiu enviar a maqueta que gravaran o seu fillo e Coppini. Foi todo un éxito e ficháronos na discográfica Nuevos Medios, que era moi importante naquel momento.


MALOS TIEMPOS PARA LA LÍRICA. GOLPES BAJOS,




domingo, 23 de maio de 2021

CONTOS ANIMADOS

Sen dúbida, a mensaxe desta curtametraxe é moi importante para mellorar as nosas vidas. Podemos resumila nunha frase: Se traballamos como un equipo, as adversidades afróntanse moito mellor.


TRABALLO EN EQUIPO. SOMOS UN EQUIPO


 

xoves, 20 de maio de 2021

RAKONTO VERDE.



 O 17 de maio, ademáis de ser o Día das Letras Galegas, tamén foi o día de tres palabras que empezan pola mesma letra e, que como os libros, tamén melloran a vida do noso planeta.

Esas tres palabras xa son coñecidas por vós, pero a pregunta é: Estamos a utilizalas correctamente? Imos ver.

REDUCIR

     REUTILIZAR

 RECICLAR


Reciclar non é dabondo para parar a contaminación de plásticos que sofre o noso planeta. Temos que lembrar as outras dúas "erres": REDUCIR E REUTILIZAR.

A reciclaxe, que comezou como unha solución ao noso lixo, xa non é suficiente para loitar contra a contaminación plástica que está a invadirnos. Que podemos facer?

- sustituir os envases plásticos por bolsas de tea, evitar produtos envasados, botellas de plástico...

E, se xa fas isto, entón RECICLA, depositando no contedor amarelo.

Fixate nesta imaxe de Aurora Portillo, na que as froitas nos envían unha mensaxe moi clara!




mércores, 19 de maio de 2021

GATIÑAS, PÍNTEGAS E VAMPIRAS. O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA

Imos rematando o noso proxecto da biblioteca. Hoxe, tivemos a sorte de ter con nós a Ledicia Costas, a autora dese fermoso e divertido libro "Vampira de biblioteca" e,  de moitas outras historias das que podedes disfrutar na nosa biblioteca.

Velaí o vídeo da súa inesquecible visita!

MOITAS GRAZAS, LEDICIA!



martes, 18 de maio de 2021

AS CANCIÓNS DE XELA ARIAS.

Nas vindeiras entradas de xeografías biográficas dedicadas a Xela Arias, imos coñecer os seus gustos musicais. 
Empezamos coa cantante Patti Smith. Cantante e poeta estadounidense, que saltou á fama durante o movemento punk co seu álbum Horses. Puxéronlle o alcume da "madriña do punk". Ela trouxo á música punk un punto de vista feminista e intelectual, conveténdose nunha das artistas máis influintes do mundo da música rock.
Esta era unha das cancións favoritas de poeta Xela Arias:

LOOKING FOR YOU. PATTI SMITH














xoves, 13 de maio de 2021

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS. XELA ARIAS

Con este traballo tan fermoso do alumnado de 6ºA e 6ºB, rematamos a semana dedicada ás Letras Galegas, mais o noso interese pola poesía e por Xela Arias, non esmorece hoxe.

Velaí a nosa homenaxe!

#XelaAriasLetrasGalegas21









mércores, 12 de maio de 2021

GATIÑAS, PÍNTEGAS E VAMPIRAS. O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA

Neste encontro coa autora Elí Rios e a súa historia de Marta e a píntega, rematamos o noso proxecto de bibliotea. Non podiamos facelo dun xeito mellor! Elí, deixounos fermosas historias, algunha ata do seu avó do que debeu herdar ese xeito que ten ela de apertarnos coas palabras. 
Neste vídeo, atoparedes unha sorpresa da propia autora, porque ela é unha persoa de palabra.

Moitas grazas, Elí Rios!




 

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS. XELA ARIAS

ESCOITADE...



INTERLUDIO 1 DO DISCO HASME OIR CON VERSOS DE XELA ARIAS





INTERLUCIO 2




INTERLUDIO 3






 

martes, 11 de maio de 2021

luns, 10 de maio de 2021

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS.XELA ARIAS

Neste telexornal sobre Xela Arias, realizado polo Departamento de Lingua Galega do CPI dos Dices Rois, poderédes atopar moita información sobre a obra de Xelas Arias Castaño.

Despois de ver o vídeo, vos facemos a seguinte proposta de traballo e reflexión:

- Sabedes que é concepto de xeración?

- Que é un neoloxismo?

-Podemos xogar coa linguaxe como facía a poeta?

- As artes poden mesturarse? No seu poemario Tigres coma cabalos, mestúranse a poesía e a fotografía. Que vos parece a idea?

- Credes que é importante a tradución de textos de outras linguas ao galego? Por que?

- É importante comprometernos coa política, o ecoloxismo, os problemas sociais?

- Que é o convencional? Á veces é bo ser unha persoa "non convencional"?

Velaí o vídeo que vos axudara a reflexionar sobre estas cuestións.




domingo, 9 de maio de 2021

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS. XELA ARIAS

Aquí vos deixamos un vídeo, dos que está a realizar a Real Academia Galega, este dedicado ao seu fillo Darío, do poemario Darío a diario.

A imaxe da primeira publicación deste poemario, que veredes no vídeo, é a do propio Darío con sete días de vida. E, tamén, poderedes coñecer e escoitar a Darío, o seu fillo xa adulto.

É este un libro moi importante, porque podemos dicir que é o primeiro poemario que rompe cos tópicos da maternidade e coa idea da posesión.

Nada que ver coa posesión.

Non te posúo nin quero.

Cóidote, ámote e manteño a esperanza

de aprenderche a posuíres.



xoves, 6 de maio de 2021

RAKONTO VERDE

Hoxe, no Rakonto Verde, podedes ler un conto que escribiu Xela Arias cando contaba once anos. Con el, e tan nova, gañou o Premio Contos de nenos do VI Concurso de Contos Infantís "O Facho", como vedes, xa nacera unha escritora, coa que podedes indentificarvos e animarvos a escribir.  

Como veredes, Xela Arias, tiña unha fermosa relación coa natureza e era unha gran observadora do que acontece ao noso arredor.



O título: A fraga dos páxaros faladores e a fraga leopardicia. Publicado polo Seminario Galán. Xela Arias. Letras Galegas 2021.


Premendo neste enlace, podedes lelo:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcampolongo/aulavirtual/pluginfile.php/8507/mod_resource/content/2/CONTO-A-FRAGA-DOS-PAXAROS.pdf



GATIÑAS, PÍNTEGAS E VAMPIRAS. O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA

Aquí vos deixamos unha biografía da autora Ledicia Costas, realizada polo alumnado de 5º A, despois de ler o seu libro Vampira de biblioteca.

Moitos parabéns polo traballo!!!




mércores, 5 de maio de 2021

XEOGRAFÍAS BIOGRÁFICAS. XELA ARIAS

O 2 de maio celebramos o Día da Mai. No noso blog queremos facelo cun poema do libro Darío da diario, que a autora Xela Arias escribiu a partir de ter ao seu fillo Darío. Os poemas reflicten unha maternidade na que agroman todo tipo de sentimentos e que rompe cos estereotipos que, ás veces, tanto dano fan ás mulleres.

Se queredes ler este fermoso poemario, xa sabedes, o temos na biblioteca!



Nada que ver coa posesión.
Non te posúo nin quero.
Cóidote, ámote e manteño a esperanza
de aprenderche a posuíres.

                                                Xela Arias




martes, 4 de maio de 2021

AS CANCIÓNS DE XELA ARIAS.

En setembro seguiremos a coñecer a cancións favoritas de Xela Arias, pero xa que esta é a derradeira semana do noso blog, que mellor que pechar cunha canción do grupo galego "Os resentidos"!



COMUNIDADE DE BOOKTUBERS. 1 DE MAIO, DÍA DO COMIC.

 Hoxe, Ainara e Valentina da aula de 5ºA, celebran o día do cómic co seu gusto polo manga.

                                                                        Moitas grazas!




luns, 3 de maio de 2021

MOITAS GRAZAS A NOSA COMUNIDADE DE BOOKTUBERS! O VINDEIRO CURSO MÁIS.

Aquí vos deixamos unha recopilación deste curso con todas as recomendacións, seguro que algún destes libros aínda non os líchedes. Pois, as vacacións son o mellor momento para gozar da lectura.

Grazas a todas e todos por participar desta aventura e polas vosas aportacións! 















MOITAS GRAZAS!!!




xoves, 29 de abril de 2021

RAKONTO VERDE

As plantas e as palabras que as nomean, son iguais de fermosas. O noso alumnado de 3ºA fixo estes letreiros marabillosos que podemos ler antes de entrar na biblioteca: romeu, pemento, cabaza, margaridas, amorodos, menta, loureiro... todas estas palabras levan con elas o recendo da planta que as nomea.











mércores, 28 de abril de 2021

XEOGRAFÍAS BIOGRÁFICAS. XELA ARIAS.

 Nas vindeiras semanas imos coñecer un pouco máis á poeta Xela Arias a través duns vídeos que gravou a Real Academia Galega. Velaiquí o primeiro:




martes, 27 de abril de 2021

GATIÑAS, PÍNTEGAS E VAMPIRAS. O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA

Hoxe, imos gozar dun interesante vídeo do alumnado da aula de 5º B, sobre o libro Vampira de biblioteca de Ledicia Costas que ben seguro vai conseguir que saiades correndo á biblioteca na súa procura!




luns, 26 de abril de 2021

xoves, 22 de abril de 2021

23 DE ABRIL. DÍA DO LIBRO

 Non hai mellor forma de ser lectoras e lectores que compartindo as nosas lecturas e a emoción que nos producen!

Velaquí a proba!


Moitas grazas a todas e a todos!





luns, 19 de abril de 2021

SEMANA DO LIBRO NO NOSO RAKONTO.

Esta semana do libro é diferente a todas as que levamos vividas, xa que por mor da COVID non podemos realizar esas actividades que tanto nos gusta compartir entre as compañeiras e compañeiras doutras aulas. Mais somos teimudas e para iso temos o noso blog que lembra os momentos felices que levamos compartindo e todos os que están por vir, que serán moitos.
Por iso, hoxe, tamén queremos lembrar ese lugar de encontro coas historias que é anosa biblioteca, que sen vós non sería máxica!