NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

xoves, 19 de decembro de 2019

BO E LITERARIO NADAL

O noso desexo é que teñades unhas felices vacacións de Nadal. Gozade coa familia e amigxs, repartide apertas e bicos. Mais non esquezades que tamén os libros son grandes compañeiros de viaxe.

Grazas a todxs por facer da nosa biblioteca unha árbore fermosa como esta.


MOITOS BICOS!!!

martes, 17 de decembro de 2019

SON DE PALABRA





Queredes saber a orixe da palabra Haiku?

Esta palabra ven do xapones hai: escritura paralea e de kju: línea.


luns, 16 de decembro de 2019

RECOMENDAMOS

Hoxe no recomendamos, queremos facervos unha proposta. Estamos seguras de que sodes quen de escribir fermosos poemas o haikus, por iso, a partir de xa, tedes na biblioteca un espazo para ir deixándoos na Caixa da poesía. 
A meirande parte deles irán publicándose no blog para que podan lelos todas as persoas que queiran.
Animádevos!!! Estamos seguras de que hai poetas agachadxs polo colexio.

Aquí tedes unhas fotografías do lugar da poesía na nosa biblioteca, e dos marabillosos Haikus que fixeron na aula de 1ºA de EP e de 5ºB de EI.








mércores, 11 de decembro de 2019

martes, 10 de decembro de 2019

SON DE PALABRA

Xa que estes días, como sabedes, está quedando o noso colexio moi fermoso cos debuxos que se están a realizar para celebrar o día do voluntariado, pois imos coñecer algo máis sobre esta fermosa palabra.



VOLUNTARIADO

É o traballo das persoas que axudan e apoian a unha comunidade ou a algunha causa, como pode ser o medio ambiente, por decisión propia e libre.
Realizar voluntariado é unha actividade que sempre nos fai sentir ben. Xa que formamos parte dun grupo, dunha comunidade para o ben de todxs.

MOITAS GRAZAS A TODXS XS QUE ESTADES A PARTICIPAR CON NÓS PARA FACER DO NOSO COLEXIO UN LUGAR MÁIS FERMOSO!!!

luns, 9 de decembro de 2019

RECOMENDAMOS

Hoxe vos traemos todas as novas incorporacións de comic a nosa biblioteca. Esperamos que vos gusten.

Velaí unha mostra....








sábado, 7 de decembro de 2019

mércores, 4 de decembro de 2019

PALABRAS PARA UNHA IMAXE

                                 

                                        CAL É A VOSA PALABRA PARA ESTA IMAXE?




martes, 3 de decembro de 2019

SON DE PALABRA

Hoxe en Son de palabra temos un fermoso e divertido traballo das nenas e nenos da aula de 3ºB. 
Escribiron o que o movemento artístico surrealista chamou, El cadáver exquisito.
E vos estaredes a preguntar que é isto do cadáver exquisito. Pois alá polo ano 1925, a un grupo de artistas necesitados de algo diferente e orixinal, ocorreuselles que incluir o azar no proceso creativo podía ser, ademais de moi divertido, fonte de novas e inspiradoras creacións.

Como se crea un Cadáver exquisito?

Nun papel, cada un dos participantes escribe unha frase. A continuación, unha pequena parte de esa frase ocúltase facendo unha dobrez, de xeito que a seguinte participante só poida ver a última liña ou a última palabra e, a partir dela, ten que seguir escribindo. Repítese o proceso tantas veces como persoas estean a xogar. O resultado é sempre divertido e sorprendente.

A continuación ides ler o Cadaver exquisito da aula de 3ºB.

OUTONO

O castiñeiro de barro
no monte frío de outono,
o azul esquío come-noces.
espantallo de xabarís asustados.

Lambo a terra mollada,
e polo Magosto os nenos
cantan castañas tolas,
porque na lúa choven luvas marróns.

Pinto lama no corazón
cando lobos e raposos troulan
no verde prado mollado
de máxicos froitos dourados.

A andoriña levou a herba
nas follas de chuvia vermella.
E o sol pon chuvasqueiro amarelo
para non mollarse entre as nubes,
coma un caracol de ourizos.

O vento zoa do Norte
deixando espidas árbores falantes,
e tremen as vacas e os porcos
levando xerseis laranxas.

A landra pica a mazá
polo monte enchoupado
de cogomelos e soños,
dun samaín cos nenos
voando entre bufandas
En outono...

MOITOS PARABÉNS!!! SODES UNS FANTÁSTICXS CADÁVERES EXQUISITOS!!!

luns, 2 de decembro de 2019

3 DE DECEMBRO. DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O Día Internacional das Persoas con Discapaciadade foi declarado en 1992 pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas. O obxectivo é promover os dereitos e benestar das persoas con discapacidades en todos os ámbitos da sociedade, así como tomar conciencia sobre a situación en todos os aspectos da vida política, social, económica e cultural.
Escoitade este vídeo de Sara Andrés, atleta paralímpica e mestra.









domingo, 1 de decembro de 2019

CONTOS CURTOS


Como sabedes temos cinco sentidos que nos axudan a realizar tarefas, gozar das ondas do mar, do recendo dun biscoito; mais, ás veces, non temos algún deles, pero sempre está a imaxinación e as ganas de conseguir o que nos propoñemos.
Coñecede a Diego!!!



AS CORES DAS FLORES
AS CORES DAS FLORES


martes, 26 de novembro de 2019

SON DE PALABRA. SEMANA DA ELIMINACIÓN DE VIOLENCIA CONTRA A MULLER



Esta semana, e cada día, a nosa palabra non pode ser outra que SORORIDADE. Unión e alianza entre mulleres, baseada na empatía e compañerismo, na procura de alcanzar obxectivos comúns.

domingo, 24 de novembro de 2019

25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Escóllese o día 25 de novembro en memoria das irmás Mirabal. A proposta ás Nacións Unidas a fixo a República Dominicana co apoio de oitenta países.

En 1981 celebrouse en Bogotá o Primeiro Encontro Feminista Latinoamericáno e do Caribe, onde se decidiu marcar o 25 de novembro como o Día Internacional de Non Violencia contra as mulleres, lembrando así o asasinato das tres mulleres.






martes, 19 de novembro de 2019

SON DE PALABRA

Sabedes que en galego temos unhas cen formas de chamar á choiva?

Resultado de imaxes para: IMÁGENES HERMOSAS DE LLUVIA EN GALICIA"


Algunhas delas son: Chuvia, choiva, orballo, chuvisca, chuviñada, orballeira, boreas, babuxa ,barruxeira, barruzo, poalleira, lapiñeira, zarzallo... e poderiamos seguir até o infinito e máis alá.
Por iso foron moitos os grupos musicais e poetas que lle adicaron as súas obras. Un deles foi o poeta español Federico García Lorca e que logo cantaría o grupo galego Luar na Lubre.


Madrigal á cibdá de Santiago


Chove en Santiago
meu doce amor.
Camelia blanca do ar
brila entrebecida ao sol.

Chove en Santiago
na noite escura.
Herbas de prata e de sono
cobren a baleira lúa.

Olla a choiva pola rúa,
laio de pedra e cristal.
Olla o vento esvaído
soma e cinza do teu mar.

Soma e cinza do teu mar
Santiago, lonxe do sol.
Auga da mañá anterga
trema no meu corazón.

VELAIQUI CANTADO POR LUAR NA LUBRE



luns, 18 de novembro de 2019

RECOMENDAMOS

Hoxe no recomendamos temos dous libros marabillosos que podedes atopar na biblioteca.



Xelis, o guieiro das botellas de mar, ven de gañar o Premio Merlín de Literatura Infantil e Xuvenil 2019. A súa autora é...

Rosa Aneiros.

Resultado de imaxes para: rosa aneiros"

Cando Xelís descubriu aquela botella de mar na regaña máis agochada da Punta de Bruaboi, decatouse de que algo extraordinario estaba a piques de acontecer.

E a nosa segunda recomendación é ...



Conexión Macarrón é unha historia escrita pola autora...


Ledicia Costas

Resultado de imaxes para: conexion macarron"


A Espe e a Rino non lles gustan os paraugas, por iso agardaban debaixo dun tobogán a que parase de chover cando un señor fúnebre, con roupa, chapeu e paraugas negros, lles preguntou se querían que os acompañase á casa.

domingo, 17 de novembro de 2019

PARABÉNS A TODXS!

MOITOS PARANS!!!





Este venres 15 de novembro cumpriu cincuenta anos o noso colexio, e con el todas as persoas que fixeron e están a facer do Raquel Camacho un lugar de entendemento, de ilusión e desa palabra tan fermosa que é sororidade.
Nesas mesas e nesas cadeiras nas que vos sentades cada día estiveron, nalgúns casos, as vosas nais e os vosos pais; mestras e mestres que xa non están con nós e outros que están por vir; familias que colaboran día a día para que todo sexa máis doado para todas.
Entre toda a comunidade chegamos até aquí medrando, rindo, correndo, lendo, contando contos, xogando, e tamén, porque non, rifando en ocasións. Porque un colexio é o mais semellante a unha bola do mundo na que todas as persoas imos aportando algo para que cada día sexa mellor que o anterior; para aprender xuntas e con todo iso construades e sumedes, os antónimos destas palabras non nos gustan no Raquel Camacho. 
Grazas a todas por chegar cada mañá cando soa a canción e encher de risas, frases inxeniosas e olladas curiosas, este espacio que sen vos non tería razón de existir.

Grazas por estes cincuenta anos!!!

E non esquezades que entre todas podemos facer un mundo...




martes, 12 de novembro de 2019

SON DE PALABRA

Resultado de imaxes para imágenes para inspirar  metáforas

A nosa figura literaria de hoxe é a COMPARACIÓN OU SIMIL que consiste en comparar de maneira explícita dúas cousas diferentes que gardan certa semellanza.

A súa pel era tan branca como a neve.



luns, 11 de novembro de 2019

MOITOS PARABÉNS!!!

Hoxe no Recomendamos, as gañadoras e gañadores do VI Concurso de relatos "Dame Medo".

MOITOS PARABÉNS  E MOITAS GRAZAS POR ESAS HISTORIAS TAN TERRORÍFICAS!!!

QUE MEDO PASOU O XURADO!!!


Aula 4º A de  EI polo relato: A momia Princesa e o vento

Aula 4º B de EI polo relato: A bruxa e o vampiro.

Santiago da aula de 2º A polo relato: O vampiro

Driannys da aula de 2º B polo relato: A noite tenebrosa de Samaín.

Bianca da aula de 3º A polo relato: O neno que salvou o seu país.

Gabriel da aula de 4º A polo relato: Os catro pantasmas.

Lucía da aula de 4º B polo relato: O reloxo.

Ángela da aula de 5º A polo relato: Atrapados no Samaín

Zaida da aula de 5º B polo relato: A cabaza máxica.

Miguel da aula de 6º A polo relato: O ascensor maldito

Noa. V de 6º B polo relato: O túnel do terror


mércores, 6 de novembro de 2019

martes, 5 de novembro de 2019

SON DE PALABRA

Resultado de imaxes para imágenes para inspirar  metáforas

A nosa figura literaria de hoxe é a ALITERACIÓN, que consiste no emprego de sons semellantes en palabras próximas. Unha moi coñecida é:

Tres tristes tigres comen trigo nun trigal.

Pensade vós agora algunha, xa veredes que divertidas son as aliteracións!

luns, 4 de novembro de 2019

SAMAÍN NA NOSA BIBLIOTECA


Este Samaín, visitaron a nosa biblioteca personaxes moi especiais.






Algúns agocháronse!



Tamén tivemos lecturas terroríficas!!!









E, un agasallo moi especial e que nos gustou MOITO!!!



CONTOS CURTOS


Os plásticos na natureza nunca teñen un bo final.





LEMON



luns, 28 de outubro de 2019

CONTOS CURTOS II SEMANA DO TERROR






Hoxe unha escena da famosa película de Tim Burton, A noiva cadaver






XA LEVAMOS SEIS ANOS!!! CONCURSO DE RELATOS!!!


VI CONCURSO DE RELATO BREVE         “DAME MEDO”

* Poderan participar todos as alumnas e alumnos que o desexen.
* Os relatos terán como extensión máxima un folio por unha cara.
* O tema terá relación coa festividade do Samaín.
* O prazo límite de presentación é o 4 de novembro de 2019.
* Os relatos entregaranse na biblioteca no horario do recreo.
* A entrega de premios será na festa do Magosto, e os relatos premiados colgaranse no blog da Biblioteca.

QUEN DIXO MEDO!!!