NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

mércores, 30 de maio de 2018

CURIOSEANDO

O ORGANISMO MÁIS GRANDE DO MUNDO É UN FUNGO


Non, non é un animal nin unha planta. Tampouco é un microorganismo, por suposto. É un enorme fungo cuxo tamaño se equipara a un milleiro e medio de campos de fútbol xuntos.
Cando tratamos de imaxinarnos ao organismo máis grande do planeta, quizá pensemos nunha balea azul; eses colosos do mar miden ata 30 metros de longo, e poden chegar a pesar 180 toneladas, o que significa que son, probablemente, máis grandes mesmo que os dinosaurios. Pero resulta que o posuidor do record mundial do organismo máis vivo, é algo menos impresionante para a vista. Quen o diría? A fin e ao cabo, cando ves un fungo, non parece tan grande...
O organismo vivente máis grande do mundo é un fungo, Armillaria Ostoyae , que se atopa no Bosque Nacional de Malheur, en Oregon, Estado Unidos.
Este organismo, coñecido como fungo ou cogomelo de mel, empezou dunha soa espora, demasiado pequena para ser vista sen un microscopio, ata chegar a estenderse 880 hectáreas, ou preto de 1665 campos de fútbol.



Neste enlace tedes máis información:


Ningún comentario:

Publicar un comentario