NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

martes, 6 de febreiro de 2018

MULLERES QUE FAN HISTORIA


Seguimos coñecendo a mulleres que, non só fixeron historia, se non que a cambiaron para mellor; e das que todas as mulleres somos deudoras e herdeiras da loita que elas empezaron para que nós, por exemplo, poidamos ir á universidade ou elexir quen queremos que governe o noso país, e ata a quen amar.



ELVIRA BAO MACEIRAS










Elvira Bao Maceiras
, nada na Coruña en 1890 e finada en 1971, foi unha mestra galega e militante do nacionalismo e republicanismo.
En 1906 obtivo o título de Mestra na Escola Normal da Coruña. 
Desenvolveu a súa actividade docente na Escola de Redes (Pontedeume) e nas Colonias Escolares do Sanatorio Marítimo de Oza.
No ámbito político foi unha activa militante do galeguinho e do republicanismo. Militou nas Irmandades da Fala da Coruña, sendo a Secretaria da súa Xunta Directiva.
Foi membro da Agrupación Republicana Femenina en A Coruña.
Como consecuencia do seu activismo político, pasou uns meses no cárcere e foi separada definitivamente do ensino público.
Pero, como o que máis lle gustaba a Elvira era aprender aos nenos e nenas, puxo escola privada na súa casa do barrio coruñés de San Roque de Forá, até que un desprendimiento de retina lle impediu seguir exercendo de mestra.

TODO UN ORGULLO PARA @S QUE SOMO MESTR@S.


Ningún comentario:

Publicar un comentario