A gran viaxe de Omar
_Ola, chámome Omar, e son una pinga de auga. Vivo no Océano
Atlántico, como outras moitas pingas, coas que me encanta xogar. Son una pinga
rebuldeira, aventureira e bulebule. Hai algún anos ocorreume unha aventura
extraordinaria.
Houbo un tempo no
que os humanos non nos respectaban. Malgastábannos e moitas das miñas amigas
estaban contaminadas. Non podíamos aguantar máis aquela situación e O conxunto de Importantes Pingas de
Auga(Cipa) convocou unha reunión. O presidente Ola Salgada interviu:
_ Temos que facer algo!
_Non nos dan importancia!_ berraba a vicepresidenta
_ Temos que declarar a guerra_ propuxo unha xeneral
Entón a pinga máis sabia preguntou:
_ E por que non emigramos?
A proposta saíu aprobada pola maioría e, ao día seguinte
marchamos cara o noso novo fogar. Nuns
minutos cruzamos o Océano Atlántico e a nosa viaxe continuou por unha terra
deserta. Nela non había animais e só
unhas poucas plantas; de repente unha gotiña evaporouse! Ía tanta calor que se
evaporaban todas. Algunhas escapamos de alí correndo e despois dalgúns minutos
chegamos a un oasis. Alí, unhas poucas plantas sobrevivían como podían. Ao
vernos berraron:
_ Auga!
E entón a terra
tragounos. Alí as raíces das plantas intentáronnos beber, pero conseguimos escapar
. Ao asomar a cabeza por encima da terra vimos unha aldea chea de xente que se
puxo contentísima ao vernos. A partir daquel día vivimos felices, xa que aquí
nos trataban moi ben.
Ariadna Díaz Terrazo, 5ºA
Ariadna,escribiches un conto moi fermoso.Encántame ler estas cousas.
ResponderEliminarAnímate e escribe moitos máis.
Biquiños
Mari Carmen