O pasado 18 de decembro deixounos María Jesús Rosa. Ela foi a primeira boxeadora en gañar un Campionato do Mundo de peso minimosca no ano 2003.
O 5 de marzo do 2002, tras noquear a Viktoria Varga, converteuse na campiona de Europa de peso mosca, premio que revalidou en tres ocasións máis ese mesmo ano. Pelexou con grandes boxeadoras como a estadounidense Terri Moss, á que arrebatou o campionato do mundo WIBF peso minimosca o 6 de novembro de 2003.
Sempre será recordada polo seu sorriso e a súa forma de competir.
Unha muller que foi unha pioneira nun deporte no que normalmente compiten homes, pero que grazas a mulleres bravas como María Jesús Rosa, outras teñen xa o camiño aberto.
Que a terra lle sexa leve.
Ningún comentario:
Publicar un comentario