Sempre é un pracer recibir no noso colexio o sorriso do ilustrador e escritor Jacobo Fernández Serrano. Por un intre, a nosa biblioteca encheuse de liñas que rematan sendo ollos, ás, ondas, piratas... e a maxia das palabras misturouse con elas para que Marcopola siga contándonos historias.
Moitas grazas a Jacobo pola súa visita que non esquecermos e @s alum@s de 1º A e B pola súa atención e interese, así como as súas titoras pola motivación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario