Páxinas

Pages - Menu

mércores, 28 de febreiro de 2018

martes, 27 de febreiro de 2018

VISITOUNOS MANUEL RIVAS



Este foi o chío que escribiu o propio protagonista, porque onte a nosa biblioteca tivo unha visita moi especial: a palabra, os soños, a literatura, os piratas... e todo na voz do escritor Manuel Rivas.
Como vos contamos, hai un fermoso verso dun poema de Rivas que di:

Somos o que  soñamos ser

E iso foi o que fixo o noso autor, entregarnos o seus soños, os libros ... recitarnos un poema...




...falar do importante que é a literatura nas nosas vidas. Que a palabra, a narración oral foi o primeiro que fixemos como humanos. Como de neno escoitaba aos seus pais, tío e tías, contar contos ao carón da lareira.
Contounos que estivo enfermo de pequeno e que pasou os días lendo libros: Robin Hood, a Illa do Tesouro... e que xa non quería saír do seu cuarto.

Despois de dúas horas de conversa, Manuel Rivas a través da palabra oral convenceunos de que podemos ser o que soñamos ser, non o esquezades.

Moitas grazas ao autor e moitas grazas @s alumn@s de 6º A e B polo seu saber estar, escoitar e participar; e tamén @s tit@res: Ángeles e Alberto.

Así foi:





























MULLERES QUE FAN HISTORIA


María Wonenburger, a matemática coruñesa que triunfou nos Estados Unidos



No 2017 cumpríronse 90 anos do nacemento da gran matemática galega María Wonenburger, falecida en 2014 aos 86 anos de idade. Investigadora de éxito nos Estados Unidos e Canadá, en España foille negado o recoñecemento durante décadas. De feito, doutorouse pola prestixiosa Universidade de Yale, a oitava do ránking mundial, pero á súa volta a España en 1960 a administración de Franco non lle recoñeceu o título. Entre outras cuestións, era muller. E foi obrigada a doutorarse por segunda vez en Madrid.
A anécdota do dobre doutorado é unha máis na apaixonante vida de Wonenburger, nacida en Oleiros en 1927. O seu apelido debíallo a un tataravó alsaciano. E a súa familia, cunha empresa de fundición, quixo que fose enxeñeira. Pero se licenciou en 1950 na primeira promoción de Matemáticas da Universidade Central de Madrid.

Foi a primeira española en conseguir unha bolsa Fulbright

Tres anos máis tarde Wonenburger foi nunha das primeiras mulleres -a primeira española- en lograr unha bolsa Fulbright dos EUA, que lle permitiu estudar na devandita Universidade de Yale. Alí doutorouse nunha rama das matemáticas da que se converteu en toda unha experta mundial: a teoría de grupos. Tamén foi coñecida polos seus desenvolvementos en álxebras de Lie, que se usan en estudos de xeometría en espazos vectoriais.
De volta en España, o seu doutorado por Yale non lle valeu de nada. Xa tiña un nome en América, pero aquí non era ninguén. Isto foi unha constante en toda a súa carreira. Moitos matemáticos, confundidos polo seu apelido, mesmo ignoraban que era coruñesa.
Universidade de Indiana
Wonenburger traballou durante tres anos como investigadora no  CSIC, pero regresou a América en 1960. Na Queen University de Ontario (Canadá) dirixiu a tese de Robert Moody, que desenvolvería a chamada teoría de álxebras de Kac-Moody, aínda que Wonenburger foi a súa inspiradora. A matemática obtivo logo unha praza, dende 1967, na Universidade de Indiana, onde permaneceu ata 1983, cando pola enfermidade da súa nai regresou á Coruña.
O seu impresionante curriculum pasou sempre inadvertido. Viviu unha vida modesta e sen recoñecementos en Galicia. A súa paixón era “xogar cos números e pensar”, dicía. Era unha investigadora “de mente abstracta” e tamén unha ‘persoa feliz’, como sempre subliñaba.

Definíase como unha mente abstracta, de xogar cos números e pensar
Xa moi maior, foi descuberta polos seus concidadáns. En 2010 foi a primeira científica investida doutora honoris causa pola universidade de A Coruña. E a Unidade de Muller e Ciencia da Xunta de Galicia creou en 2007 o Premio María Wonenburger para recoñecer aquelas mulleres galegas con traxectorias notables no ámbito da ciencia e a tecnoloxía.
Faleceu o 14 de xuño de 2014. E a noticia correu discreta, como foi toda a súa vida. Tamén feliz, segundo as súas palabras. María Wonenburger foi unha loitadora nun tempo moi difícil e unha auténtica figura das matemáticas.  




luns, 26 de febreiro de 2018

RECOMENDAMOS

HOXE DESDE A BIBLIOTECA VOS RECOMENDAMOS:

MAX Y LOS SUPERHÉROES









A Max fascínanlle todos os superheroes, pero ten un favorito. En realidade, trátase dunha superheroina: Megapower! Ela é valente, pode programar computadoras e desactivar bombas, ten ultrvisión e unha forza descomunal... Pero o mellor de todo é que Megapower é diferente aos outros superheroes, e Max sabe moi ben porque.










xoves, 22 de febreiro de 2018

24 DE FEBREIRO. DÍA DE ROSALÍA

O 24 de febreiro conmemórase en Galicia o día de Rosalía de Castro, unha das nosas poetas máis internacionais.
Se premedes no seu nome, poderedes investigar sobre a vida da nosa poeta: Rosalía de Castro


OU TAMÉN TEDES PARTE DA SÚA HISTORIA NESTE RAP:


mércores, 21 de febreiro de 2018

PARA PENSAR

Se fostes algunha vez ao oculista, esta imaxe soaravos. Que pensades que nos quere dicir? Cal é a súa intención?


martes, 20 de febreiro de 2018

MULLERES QUE FAN HISTORIA


SILVIA RODRIGUEZ PENA






Leva desde os 18 anos cos sprays. Con 28 xa é unha das veteranas da cidade de Vigo e desde hai unha semana tamén é a mellor grafitera galega.

Silvia Rodríguez Pena era a única muller que se presentaba na modalidade de grafiti do premio Galiza Crea e superando a uns trinta rivais fíxose con este galardón.

O caso de Silvia é un máis de mulleres en terreos que só pisaran homes. Fai dez anos empezou a traballar con sprays en Vigo cos seus amigos. Co paso do tempo, o seu talento foi recoñecido en varios certames galegos, ata o día de hoxe no que ademais de dicir que é a única galega que se dedicou en serio ao grafiti tamén é a mellor. Para facerse co primeiro premio Silvia estivo a traballar, do mesmo xeito que o resto de participantes, no seu muro unhas catro horas cuxo resultado foron unhas letras rosas espectaculares e limpas nas que se pode ler o seu nome de guerra e que lle fixeron merecedora do premio. E é que, como explica Silvia, aínda que a maioría das persoas fixámonos nos adornos e debuxos dos grafitis, o realmente importante son as letras. «Teño que recoñecer que os grandes escritores -así se chaman tamén os grafiteros- somos moi egocéntricos. Gústanos ir poñendo a nosa pegada, o noso nome, por todos lados, para subirnos un pouco o ego e entendo que iso pode chegar a molestar». Silvia recoñece que agora que xa se tomou en serio o tema do grafiti é partidaria nun 50% de alagar os muros da cidade coa súa firma, «así empezamos todos», pero agora aposta por intervencións «mellores e cousas máis curradas», cunha orientación máis artística. Normalmente xunto a amigos planifican un deseño para un muro e pásanse un día enteiro traballando nas letras, adornos, figuras e as súas cores.
Coñecida no mundo como Sax, Silvia ve o grafiti como un hobbie que lle permite expresarse con total liberdade e, por iso, aínda que tivo ocasións de vivir profesionalmente do seu talento preferiu deixalo unicamente para o seu tempo libre. Prefire a súa vida así, traballando nunha cadea de Citroën a diario como tantos outros vigueses e os fins de semanas reunirse cos seus amigos e pasalo ben cun par de sprays e «sen facer dano a ninguén».




luns, 19 de febreiro de 2018

ROSALÍA DE CASTRO

PASADE POLA BIBLIOTECA, PINTADE UNHA FIESTRA, 
                    
                   ENCHÉDEA DE VERSOS DE ROSALÍA.

                                 ESPERÁMOSVOS!!!



   




RECOMENDAMOS

Este martes vos recomendamos que pasedes pola biblioteca, independentemente da vosa idade, xa que estes contos son para idades de 0 a 99 anos, e leades os nosos "Contos pola igualdade".





mércores, 14 de febreiro de 2018

PARA PENSAR

Esta é unha noticia que saiu no xornal "La Vanguardia". Hai algo que chama moito a atención da noticia. Que pensades que é? Que información vos aporta?


JUEGOS OLÍMPICOS DE INVIERNO 2018 

Anastasia Bryzgalova, la doble de Angelina Jolie que ha enamorado en los Juegos de Invierno.

La deportista rusa en la disciplina de Curlin que ha cautivado a millones de espectadores
Los estrafalarios pantalones del equipo noruego de curling son la sensación de Pyeongchnag
San Valentín se cuela en los Juegos Olímpicos de Invierno 2018
Juegos Olímpicos de Invierno 2018: Horario de las pruebas de hoy 14 de febrero






Anastasia Bryzgalova compite en los Juegos Olímpicos de Invierno de PyeongChang (Ronald Martinez / Getty)

ENRIC TRIAS
13/02/2018 12:06 | Actualizado a 14/02/2018 11:23
El curlin ha ido ganando notoriedad en los últimos años por su peculiar dinámica. En esta ocasión el deporte se ha vuelto viral por algo ajeno a la competición, la belleza de una de sus nuevas estrellas. Anastasia Bryzgalova está compitiendo en los Juegos Olímpicos de Invierno de PyeongChang y su bonita cara ha cautivado a millones de espectadores que siguen el evento deportivo.

mércores, 7 de febreiro de 2018

PARA PENSAR









Ás rapazas non lles gustan os mozos bos, prefiren  aos "malotes"


É esta unha xeneralización absurda? 

martes, 6 de febreiro de 2018

MULLERES QUE FAN HISTORIA


Seguimos coñecendo a mulleres que, non só fixeron historia, se non que a cambiaron para mellor; e das que todas as mulleres somos deudoras e herdeiras da loita que elas empezaron para que nós, por exemplo, poidamos ir á universidade ou elexir quen queremos que governe o noso país, e ata a quen amar.



ELVIRA BAO MACEIRAS










Elvira Bao Maceiras
, nada na Coruña en 1890 e finada en 1971, foi unha mestra galega e militante do nacionalismo e republicanismo.
En 1906 obtivo o título de Mestra na Escola Normal da Coruña. 
Desenvolveu a súa actividade docente na Escola de Redes (Pontedeume) e nas Colonias Escolares do Sanatorio Marítimo de Oza.
No ámbito político foi unha activa militante do galeguinho e do republicanismo. Militou nas Irmandades da Fala da Coruña, sendo a Secretaria da súa Xunta Directiva.
Foi membro da Agrupación Republicana Femenina en A Coruña.
Como consecuencia do seu activismo político, pasou uns meses no cárcere e foi separada definitivamente do ensino público.
Pero, como o que máis lle gustaba a Elvira era aprender aos nenos e nenas, puxo escola privada na súa casa do barrio coruñés de San Roque de Forá, até que un desprendimiento de retina lle impediu seguir exercendo de mestra.

TODO UN ORGULLO PARA @S QUE SOMO MESTR@S.