Seguimos coñecendo a mulleres que, non só fixeron historia, se non que a cambiaron para mellor; e das que todas as mulleres somos deudoras e herdeiras da loita que elas empezaron para que nós, por exemplo, poidamos ir á universidade ou elexir quen queremos que governe o noso país, e ata a quen amar.
ELVIRA BAO MACEIRAS
Elvira Bao Maceiras, nada na Coruña en 1890 e finada en 1971, foi unha mestra galega e militante do nacionalismo e republicanismo.
En 1906
obtivo o título de Mestra na Escola Normal da Coruña.
Desenvolveu
a súa actividade docente na Escola de Redes (Pontedeume) e nas Colonias
Escolares do Sanatorio Marítimo de Oza.
No ámbito político foi unha
activa militante do galeguinho e do republicanismo. Militou nas Irmandades da Fala da Coruña, sendo a Secretaria da súa
Xunta Directiva.
Foi membro da Agrupación
Republicana Femenina en A Coruña.
Como consecuencia do seu
activismo político, pasou uns meses no cárcere e foi separada definitivamente
do ensino público.
Pero, como o que máis lle
gustaba a Elvira era aprender aos nenos e nenas, puxo escola privada na súa
casa do barrio coruñés de San Roque de Forá, até que un desprendimiento de
retina lle impediu seguir exercendo de mestra.
TODO UN ORGULLO PARA @S QUE SOMO
MESTR@S.
Ningún comentario:
Publicar un comentario