Páxinas

Pages - Menu

luns, 22 de abril de 2019

FESTA DO LIBRO NA NOSA BIBLIOTECA

Imaxe relacionada
(Imaxe do xornal La Vanguardia, 2015)

Hoxe é 23 de abril, Día do Libro, aínda que para nós todos os días son o día do libro. E, xa que nos fan gozar tanto, ben merecen que lles fagamos unha festa especial.

Esta semana, teremos cada día unha actividade na biblioteca e esperamos que todas sexan do voso agrado.
Será no blog onde iremos informando, mais sen dar moitas pistas.

Empezamos!!!

MARTES 23 DE ABRIL.

Hoxe, teremos a honra de recibir na nosa biblioteca a ...

Resultado de imaxes para emma pedreira


Ela é poeta, narradora, fai fermosos collages... Pero do que máis sabe Emma é de libros.
O único que sabemos é que ven acompañada dunha maleta. Que traera nela?

Se premedes no seu nome, poderedes coñecer parte da súa biografía.

Ningún comentario:

Publicar un comentario