Páxinas

Pages - Menu

martes, 14 de marzo de 2017

SABEDES QUE...

A CULTURA AFRICANA TEN ASPECTOS MOI DIFERENTES AOS NOSOS?

Envellecer é un privilexio.
Algunha vez preguntácheste porque na nosa cultura considérase de mala educación preguntar a idade a unha muller. Para as mulleres africanas envellecer é cuestión de prestixio e importancia social canto maior sexa a muller mais respecto débeselle.
O aumento de peso.
Na cultura africana considérase perfectamente san ter unha prominente papada ou un bandullo grande. Considérase como un sinal de que comes ben e que tes paz mental.
As sogras.
Aínda que vos pareza difícil de entender, na cultura africana, as sogras son moi queridas e sempre son benvidas. A visita da túa sogra é razón suficiente para matar ao chancho mais gordo e facer tremenda festa, eles aman á súa sogra.

A Morte.
Na nosa cultura occidental os funeraies considéranse eventos privados cheos de moita tristura. A diferenza de nós en África non tes que ser invitado a ningún funeral, son públicos e case parece unha festa. Nos funerais os africanos afán cantar e dicir discursos expresando o bo e bondadoso que foi o defunto.

Eructos.
 Imaxínade que estades ceando na casa da vosa noiva cos seus pais e soltades tremendo eructo. Imaxínade a cara de todos na mesa! Na cultura africana un eructo sempre é moi ben recibido en especial logo dunha boa comida.

Visitas inesperadas.
Na cultura africana non hai necesidade de chamar, enviar un e-mail ou unha mensaxe de texto porque as visitas inesperadas sempre caen ben.

As protestas en xeral.

 En África a maioría das propostas fanse de xeito festiva, con tambores, bailes e vuvuzelas a diferenza de nós que xeralmente non faremos tanto balordo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario