Páxinas

Pages - Menu

martes, 15 de novembro de 2016

SABEDES QUE ...

HOXE HOUBO UNHA LÚA MOI ESPECIAL?

Imos deixar por un mércores os páxaros, xa que paga a pena que vexades esta fotografía da lúa que poidemos observar onte. Unha lúa moi fermosa que só podemos ver cada 70 anos.

Mirade que fermosa:






Esta fotografía sacouna un amigo fotógrafo que vive preto de A Coruña, en Arteixo.

E, por que é tan especial esta lúa?

As órbitas dos astros non son circulares senón elípticas. A Lúa, na súa viaxe ao redor da Terra, ten un máximo achegamento de 356.500 km (perigeo) e un máximo afastamento de 406.000 km (apoxeo). E a Terra, na súa viaxe ao redor do Sol, achégase un máximo de 147 millóns de quilómetros e afástase un máximo de 152. Reunamos coincidencias e consideremos a situación na que o perigeo alcánzase moi preto do momento no que se aliñan o Sol, a Lúa e a Terra.

A diferenza foi este luns de apenas dúas horas, polo que a Lúa chea viuse un 14% máis grande e ata un 30% máis brillante do habitual. Ademais, nese instante a Lúa estará a 147.985.477 km do Sol, é dicir, moi preto tamén do seu máximo achegamento á estrela.

Ningún comentario:

Publicar un comentario