Como esta é a derradeira semana do Rakonto, queremos deixarvos unha curta animada que é moi fermosa. "La casa de pequeños cubos", na que despois dunha inundación, o personaxe vai, a través dos obxectos, percorrendo a súa vida e aquelas lembranzas máis entrañables para el.
Neste sociedade actual, na que nos desfacemos rápido de todo, esta curta animada, provoca unha reflexión sobre a importancia de gardar obxectos que no futuro poderán sacarnos algunha bágoa, mais tamén moitos sorrisos.
No 2009 recibiu, merecidamente, o Oscar a mellor curtametraxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario