Outra das grandes novelas levadas ao cine é, Drácula, xa dentro do xénero de terror. Foi escrita por Bram Stoker e da que, levada ao cine, se fixeron varias versións. Foi considerada como a novela de terror máis fermosa xamais escrita e ata o día de hoxe non deixou de publicarse. Aínda na actualiadade somos moitas as persoas apaixondas desta novela que foi levada con acerto ao cine. Mais, desde este blog, vos recomendamos a lectura do libro que seguro vos vai encantar.
Velaqui, unha escena da película. Con ela despedimos estas semanas de cine e literatura e entramos xa nas actividades, para a vindeira semana do libro!
Esperamos que fosen do voso gusto! Hai moitas máis e escoller non sempre é doado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario