O cine, ao longo da súa historia, fixo grandes adaptacións de historias sacadas dos libros. Case sempre, gústanos máis o libro, pero sen dúbida, tamén chegamos aos libros despois de ver adaptacións destes ao cine.
Xa que o día 23 deste mes é, como sabedes o Día do Libro, imos dedicar as entradas do Rakonto a coñecer algunhas das máis famosas adaptacións que fixo o cine en todos os xéneros literarios.
Algo que temos que ter en conta é que non todos as historias que están nos libros son acaídas para levar ao cine, e iso ten moito que ver con como está narrada a historia, algo que tamén iremos descubrindo nestas dúas semanas.
Hoxe imos empezar cunha adaptación moi coñecída por todos e todas vós, xa que os seus libros foron lidos por moitísimas persoas en todo o mundo porque foi unha saga traducida a moitísimas linguas, estamos a falar dos libros de Harry Potter.
Harry Potter, é unha saga de sete novelas escritas pola autora británica, J. K. Rowlling. Como sabedes, os libros narran a historia dun mago adolescente, Harry Potter, e os seus amigos, Hermione Granger e Ron Weasley, todos eles alumnos da Escola Howarts de Maxia e Feiticería. A trama central dos libros é a loita entre Harry Potter e Lord Voldemort, un mago escuro que pretende conseguir a inmortalidade, derrocar o goberno máxico, coñecido como Ministerio da Maxia, conquistar o mundo máxico, e someter aos magos e aos muggles, as persoas non máxicas.
Os sete libros da saga foron adapatados nunha versión cinematrográfica, composta por oito peliculas producidas por Warner Bros Pictures, e que se convertiu no ano 2015 na segunda saga que máis público tivo da historia.
Velaquí dúas escenas de Harry Potter é a pedra filosofal. Aquí empeza todo, para que logo dígan que correos non funciona ben!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario