A palabra clave é IMAXINACIÓN, sen ela non avanzariamos nada. Todas as persoas temos unha gran capacidade de imaxinar e crear, se a sabemos utilizar, podemos facer deste mundo un lugar mellor para todas as persoas.
Así que imos empezar por onde hai que facelo, polo principio:
SABEDES QUE É UN PRAXINOSCOPIO?
A palabra Kinetoscopio ven do grego, kineto que significa movemento e scopos que significa ver.
É un aparato que contiña unha tira de película composta por unha serie de imaxes secuenciais. A cinta movíase arredor dunhas bobinas instaladas dentro dunha caixa de madeira, e unhha lámpada eléctrica iluminaba as imaxes que se podían ver a través dun visor. A velocidade á que xiraban as imaxes en bucle provocaba a sensación de movemento.
Velaí tedes un vídeo de como funcionaba!
Ningún comentario:
Publicar un comentario