Páxinas

Pages - Menu

xoves, 19 de outubro de 2023

BANDAS SONORAS DE PELÍCULAS

Sen dúbida, a música, é tamén unha parte importante das películas, e son moitas as bandas sonoras que se fixeron famosas e forman parte da nosa memoria musical.

Os venres, iremos alternando a música cos libros. Xa que tamén son moitas as novelas que logo foron levadas ao cine.

E, como estamos no mes do Samaín, empezamos cunha de terror. A banda sonora da película, Drácula de Bram Stoker.




xoves, 5 de outubro de 2023

VISITOUNOS O ACTOR NACHO PENA

 No noso proxecto "Un curso de película", iremos coñecendo a distintas persoas que, coa súa profesión, fan posible que poidamos sentarnos e desfrutar dunha película, unha serie ou unha obra de teatro.

Os actores e actrices, forman parte de esa caixa máxica que é o cine, e que nos agasalla momentos marabillosos.

O actor Nacho Pena falounos dos seus inicios, do seu tempo en compañías de teatro, dos teatros que percorreu, da súa preparación para ser actor, mais unha das cousas importantes que nos contou foi a importancia de observar o que nos rodea. Se queremos crear un personaje, mesmo escribir un libro, ou para calquera tipo de creación artística, o máis importante, como dixo Nacho Pena, é esa observación do que nos rodea. Nun aceno, no que está a acontecer ao noso redor, podemos atopar o xeito de crear a nosa personaxe.

Velaí un vídeo da súa visita!


Moitas grazas, Nacho!!!




mércores, 4 de outubro de 2023

ESCENAS DE PELÍCULAS

 Ao longo do curso, coñeceremos escenas dalgunhas das películas máis famosas da historia do cine.

Hoxe, unha escena da película " El jovencito Frankestein". Esta película é do ano 1974, foi dirixida por Mel Brooks, e o guión, pois é fundamental escribir primeiro a historia para logo levala ás imaxes, foi escrito polos guionistas Brooks e Wilder. 

O que conseguiron estes dous guionistas e o director, foi transformar o terror en comedia. É dicir, esta película creou un xénero en si mesmo, o terror cómico.

Unha anécdota desta película, foi que o actor Gene Wilder, un dos protagonistas, era tan malo aguantando a risa, que tiñan que rodar case quince tomas para que se acostumase ao chiste e conseguira aguantar a risa.

Está basada na novela, Frankesntein o el moderno Prometeo, da escritora Mary Shelley.




martes, 3 de outubro de 2023

UN CURSO DE PELÍCULA. O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA

Pouco a pouco, iremos coñecendo como empezou a crearse o cine para chegar ao que vemos hoxe na pantalla.

A palabra clave é IMAXINACIÓN,  sen ela non avanzariamos nada. Todas as persoas temos unha gran capacidade de imaxinar e crear, se a sabemos utilizar, podemos facer deste  mundo un lugar mellor para todas as persoas.

Así que imos empezar por onde hai que facelo, polo principio:

SABEDES QUE É UN PRAXINOSCOPIO?


A palabra Kinetoscopio ven do grego, kineto que significa movemento e scopos que significa ver.
É un aparato que contiña unha tira de película composta por unha serie de imaxes secuenciais. A cinta movíase arredor dunhas bobinas instaladas dentro dunha caixa de madeira, e unhha lámpada eléctrica iluminaba as imaxes que se podían ver a través dun visor. A velocidade á que xiraban as imaxes en bucle provocaba a sensación de movemento.



Velaí tedes un vídeo de como funcionaba!





luns, 2 de outubro de 2023

COMUNIDADE DE BOOTUBERS

 Empezamos un novo curso e xa sabedes que nos encanta coñecer as vosas opinións sobre os libros que estades a ler. O único que tedes que facer é pasar pola biblioteca e facemos o vídeo.


ESPERAMOS POR VÓS, BOOKTUBERS!!!



domingo, 1 de outubro de 2023

BENVIDOS E BENVIDAS!

 Xa estamos de volta! Un curso máis compartiremos, desde este blog, libros, curtas de animación, a Comunidade de Booktubers, o noso proxecto da biblioteca "Un curso de película", e todo o que vos apeteza. Propoñede e o faremos!

E, como sempre, empezamos cunha curta de animación!

Xa que empezou o outono, velaí vai unha fermosa curtametraxe de animación!


AUTOMNE