Páxinas

Pages - Menu

xoves, 23 de marzo de 2023

POESÍA OU DEPORTE. 21 DE MARZO, DÍA DA POESÍA

 Rematamos esta semana dedicada ás poetas, con Daniel Asorey!




Daniel Asorey, naceu en Santiago de Compostela, e gusta moito da literatura latinoamericana e da ciencia ficción.

Velaquí, as razóns que o levaron a ser poeta.






mércores, 22 de marzo de 2023

SER POETA COMO ESPAZO PROPIO. 21 DE MARZO, DÍA DA POESÍA

 Hoxe imos coñecer á poeta , Marga do Val!




A poeta, Marga do Val, naceu en Vigo. É profesora de Lingua e Literatura Galega, e nunca deixou de ler a poesía de Rosalía de Castro, xa que como ela di, nunca deixa de sorprendela.




martes, 21 de marzo de 2023

A POESÍA NUN MICRÓFONO. 21 DE MARZO, DÍA DA POESÍA.


Hoxe é a quenda da poeta, Nuria Vil!




Nuria Vil, naceu en Vigo, e ten moi claro que hai que mobilizar a poesía. Ela é unha loitadora da palabra que defende ideas, e o fai desde diversas disciplinas artísticas.





 

luns, 20 de marzo de 2023

A POESÍA NUNHA COLECCIÓN GRANATE. 21 DE MARZO, DÍA DA POESÍA.

 Hoxe, imos escoitar como empezou a poeta Marta Dacosta a escribir!



Marta Dacosta, naceu en Vigo e é profesora de Lingua e Literatura Galega. Sempre leu todo o que atopou arredor dela, por exemplo, unha colección de libros de cor granate que había no salón da súa casa.

Este vídeo está pendurado na web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)






domingo, 19 de marzo de 2023

CANDO A POESÍA NACE NA ESCOLA. 21 DE MARZO, DÍA DA POESÍA.

Esta semana imos dedicala a coñecer poetas. Elas, contaran porque decidiron dedicarse a escribir poesía. Empezamos coa poeta Eva Veiga.




Eva Veiga, naceu en Ombre (Pontedeume), e ademais de ser unha gran poeta, tamén dirixiu moitos programas culturais.
Velaquí un vídeo no que conta como comezou coa idea de ser poeta!
Este vídeo esta na páxina da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)








 

xoves, 16 de marzo de 2023

martes, 14 de marzo de 2023

O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA

 Hoxe, queremos que escoitedes ao escritor Jordi Sierra i Fabra, seguro que ides aprender moito do que conta. Ademais, lichedes libros del como: Querido hijo, estamos en huelga, El club de los raros...

Afortunadamente, a escola á que ía Jordi Sierra, xa non é así, pero si, ten razón: si estades seguros de algo, loitade e facede o que vos guste.

Esperamos que a vós, ler, cando menos, vos axude a ter unha vida mellor!




luns, 13 de marzo de 2023

COMUNIDADE DE BOOKTUBERS

 Hoxe, o noso booktuber, Alex de 3ºB, recomenda...


Moitas grazas, Alex!!!



domingo, 12 de marzo de 2023

CURTAS ANIMADAS

 ORIGIN

Sen dúbida, esta curta animada provocará unha reflexión en todas vós!




xoves, 9 de marzo de 2023

8M. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. ESCRITORAS CON SEUDÓNIMO.




J.K. ROWLING




E pechamos esta semana dedicada ás mulleres con seudónimo, cunha autora moi querida e coñecida por todos e todas.
Aínda que escribe baixo o pseudónimo J. K. Rowling, o seu nome real é Joanne Rowling.
Antes de publicar a primeira novela de Harry Potter, a editorial Bloomsbury temeu que os lectores máis novos tivesen reticencia a comprar libros escritos por unha muller e pedíronlle que utilizase dúas iniciais e non o seu nome de pila. Como non tiña segundo nome, elixiu a letra K como a súa segunda inicial en honra á súa avoa paterna Kathleen.

Trátase doutro caso dunha muller que tivo que esconder a súa verdadeira identidade para poder ter éxito. Algo inxusto e que, entre todos e todas, debemos lograr que non siga acontecendo.

Mais, sempre teremos que estar agradecidas a todas as mulleres que, malia ter que escribir baixo seudónimo, non deixaron de contar historias. Agora, o tempo e o coñecemento, vai poñendo a cada unha delas no lugar que merecen.


 


mércores, 8 de marzo de 2023

8M. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. ESCRITORAS CON SEUDÓNIMO.



LOUISA MAY ALCOTT


Agora o seu nome é moi coñecido, xa que a súa obra, Mujercitas, é un clásico imprescindible tanto na literatura com na súa adaptación cinematográfica. Seguro que moitas e moitos de vós, víchedes a película!

Pero non todo foi tan sinxelo. Louisa May Alcott, temendo non ser tomada en serio se publicaba co seu auténtico nome, escribiu as súas primeiras obras baixo o pseudónimo de, A.M. Barnard.

Despois de escribir moitos relatos, de distintos tipos e con moito éxito, a autora loitou por publicar a súa gran novela co seu auténtico nome, quizais intuíndo a transcendencia que Mujercitas, tería para a súa carreira. E, por suposto, para a historia da literatura!

martes, 7 de marzo de 2023

8M. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. ESCRITORAS CON SEUDÓNIMO.

 COLETTE


O seu nome completo, Sidonie - Gabrielle Colette., ela foi unha das musas da literatura francesa do século XX.

Poucas mulleres eran aceptadas na época na Academia Goncourt (sociedade literaria francesa do século XX, que otorga anualmente o Premio literario Goncourt).

Colette chegou a presidila; con todo, os seus inicios non foron fáciles. Aínda que escribía desde moza, nin sequera chegou a usar un seudónimo porque o seu primeiro marido a suplantou, e os seus textos  apareceron asinados co nome do seu primeiro esposo: Henry Gauthier - Villars, "Willy"

Co tempo, veulle o xusto recoñecemento e chegou a presidir a Academia Goncourt ou a recibir a Lexión de Honra francesa, sendo a única escritora en conseguila.

luns, 6 de marzo de 2023

COMUNIDADE DE BOOKTUBERS.

Hoxe, na nosa Comunidade de Booktubers, Dánica de 3ºB, recoméndanos un libro escrito por unha muller que, afortunadamente, non precisa de seudónimo para escribir, ela é a escritora María Parr, e escribiu esta fermosa historia, Tania Val de Lumbre,. A protagonista é unha rapaza de cabelo roibo e o seu apelido é o mesmo que o lugar en que vive, un pequeno e remoto val. As dúas cousas que máis lle gustan son: deslizarse en trineo por Cerro Chico ao berro de Velocidade e autoestima! , e enfadar ao malvado Klaus Hagen, que odia aos nenos e nenas. O seu mellor amigo é Gunnvald, un home de setenta e catro anos moi interesante, como tamén é este libro.
Escoitade a Dánica!!!


Moitas grazas, Dánica!!!





domingo, 5 de marzo de 2023

8M. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. ESCRITORAS CON SEUDÓNIMO.

Esta semana o noso blog estará dedicado ao 8M, O Día Internacional da Muller. A mellor noticia sería non ter que lembrar cada ano as desigualdades que existen nas sociedades entre homes e mulleres, pero a realidade non é así. E aínda, que nalgúns países do mundo imos avanzando en dereitos, quedando moito por facer, noutros as mulleres sufren inxustizas e desigualdades que, en ocasións, as leva a perder a vida ou a vivir en condicións infrahumanas.

Son moitos os eidos desde os que podemos esixir xustiza e igualdade e, sen dúbida a literatura, tamén é un deles. Durante séculos, as mulleres estiveron separadas do mundo literario, non se consideraba a súa opinión agás que falasen das tarefas do fogar e do coidado dos fillos e fillas, mais houbo compañeiras que tendo que aguantar críticas ou escribindo con nomes masculinos, para ocultar a súa identidade, si o fixeron. Tamén, co tempo, descubrimos que moitos libros que figuraban escritos por homes, foran escritos por mulleres.

Imos coñecer algunhas das mulleres que tiveron que escribir cun seudónimo. E empezamos con Mary Shelley, autora do famoso libro Frankenstein.


O nome de Mary Shelley vai unido para sempre ao de Frankenstein. Este relato significou o nacemento dunha das criaturas máis importantes do universo de terror.

O nacemento deste personaxe é moi interesante. Era maio de 1816 cando Mary Shelley veraneaba en Vila Diodati, xunto ao lago Xenebra, en compañía do poeta Lord Byron, o mozo médico John Polidori e o seu futuro esposo, o poeta Percy Shelley. Unha noite decidiron facer unha competición de historias terroríficas e da pluma de Mary Shelley saíu a criatura que hoxe todos coñecemos: Frankenstein.

O relato nacía dun soño que a escritora tivera a noite anterior e que decidiu aproveitar para gañar o reto literario. Despois publicouno baixo autoría anónima. A sociedade daquel entón deu por feito que un relato tan terrorífico non podía ser escrito por Mary, senón que tiña que ser a pluma do seu esposo Percy Shelley a que se atopaba tras aquel relato horrendo.

Se queredes desfrutar desta marabillosa novela, podedes atopala na nosa biblioteca!!!

xoves, 2 de marzo de 2023

SEMANA DE ROSALÍA. POESÍA E MÚSICA


 

Rematamos esta semana musical, dedicada a nosa poeta Rosalía, con outra canción do disco Rapoemas, da cantante Aid. 

E que mellor co poema, Cantarte hei Galicia!!!

Esperamos que gozárades destas entradas musicais!!!




mércores, 1 de marzo de 2023

SEMANA DE ROSALÍA. POESÍA E MÚSICA






Volvemos ao rap da man de Aid, co poema, Adios ríos, adios fontes!!!