Páxinas

Pages - Menu

martes, 28 de febreiro de 2023

SEMANA DE ROSALÍA. POESÍA E MÚSICA


 

Este mércores, a ritmo de rock, o poema A xustiza pola man, do grupo Nao!!!




luns, 27 de febreiro de 2023

SEMANA DE ROSALÍA. POESÍA E MÚSICA

 



Hoxe, a ritmo de rap, Has de cantar meniña gaiteira, da A Rabela - Somos Legiom!





domingo, 26 de febreiro de 2023

SEMANA DE ROSALÍA. POESÍA E MÚSICA


Esta semana, imos dedicala a Rosalía de Castro, mais será coa música. Moitos dos seus poemas foron adaptados por cantantes que versionan dun xeito moi actual os seus versos. 
Esperamos que gocedes con estas cancións!

Cantade e bailade a Rosalía!!!

Hoxe, Nasín cando as prantas nasen,  do grupo De Vacas. Rexurdimente. Esta, cun aire flamenco e no que a mestura de xeracións a fai máis fermosa.



martes, 14 de febreiro de 2023

luns, 13 de febreiro de 2023

SEMANA DE CURTAS DE ANIMACIÓN. PORQUE HAI MOITAS FORMAS DE AMAR!

 Debemos cambiar para ser amadas ou queridas ... ou deben que aceptarnos como somos?



E tamén recomendamos un libro, que podedes atopar na biblioteca!!!



domingo, 12 de febreiro de 2023

SEMANA DE CURTAS DE ANIMACIÓN. PORQUE HAI MOITAS FORMAS DE AMAR!

 Sabedes por que se celebra o 14 de febreiro, san Valentín?

Esta data, adoptou distintos nomes, Día de San Valentín, Día dos namorados ou Día do amor e a amizade, pero cal é a orixe desta celebración tan particular?

Esta festividade, asimilada pola igrexa católica, remóntase ao século III en Roma, onde un sacerdote chamado Valentín opúxose á orde do emperador Claudio II, quen decidiu prohibir a celebración de matrimonios para os mozos, considerando que os solteiros sen familia eran mellores soldados, xa que tiñan menos ataduras e vínculos sentimentais.

Valentín, oposto ao decreto do emperador, comezou a celebrar en segredo matrimonios para mozos namorados (de aí popularizouse que San Valentín sexa o patrón dos namorados).
Ao decatarse, Claudio II sentenciou a morte a San Valentín, o 14 de febreiro do ano 270, alegando desobediencia e rebeldía. Por este motivo, conmemórase todos os anos o Día de San Valentín.

Mais na actualidade, é unha gran celebración para tendas de todo tipo, xa que desde este blog consideramos que hai moitas formas de amar e que cando amamos a unha persoa debemos facelo desde o respecto aos sentimentos, á diversidade e non só un día como se fose un aniversario.

Por iso, imos dedicar esta semana a ver curtas de animación que reflictan algunhas formas de amar diversas en todos os sentidos.



xoves, 9 de febreiro de 2023

RAKONTO VERDE

 Temos un planeta marabilloso, fermoso, impresionate... coidémolo!



mércores, 8 de febreiro de 2023

martes, 7 de febreiro de 2023

O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA

 Que importante é o humor nas nosas vidas, sen dúbida, moitos dos problemas que van xurdindo na nosa vida os podemos levar mellor se o facemos con humor, ata é moi san rirse de nós mesmas, xa que as persoas temos esa capacidade, só temos que usala.

Escoitade neste vídeo a Sara Andrés, atleta paralímpica e mestra.




luns, 6 de febreiro de 2023

UN ESPECIAL DA COMUNIDADE BOOKTUBERS!

 Hoxe, na nosa Comunidade de Booktubers temos un especial, moi especial. Como sabedes, na nosa biblioteca, temos un club lector "Café con letras violetas", no que contamos coa fortuna dunhas lectoras marabillosas e de que as autoras dalgúns dos libros que lemos, veñan compartir con nós as súas historias.

Nesta ocasión foi a autora Elí Ríos e o seu libro "Luns", editado en galego por Edicións Xerais; e publicado en castelán pola Editorial Consonni, traducido por María Reimóndez.

Seguro que cando vexades a Elí Ríos a lembraredes polo seu fermoso conto, Marta e a píntega. Tamén coñecedes á tradutora, María Reimóndez, porque é autora de, A formiga destemida, Corredora...

Aquí vos deixamos un vídeo da fermosa tarde que pasamos!




domingo, 5 de febreiro de 2023

CURTAS ANIMADAS

 Velaquí a importancia da imaxinación!


AFTER THE RAIN



xoves, 2 de febreiro de 2023

RAKONTO VERDE

 WANGARI E AS ÁRBORES DA PAZ

No Rakonto Verde desta semana, imos escoitar a historia de Wangari e as Árbores da Paz. Xa que a natureza tamén é un lugar para a reflexión, e axuda a que vivamos en comunidade.




mércores, 1 de febreiro de 2023

ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR

 


O día 30 de xaneiro, é tamén o Día da Ilustración, no que seguimos a celebrar a ilustradora galega, María Antonia Dans, nada en Oza dos Ríos. A figura da ilustradora tivo un importante éxito na década de 1950. 



A propia ilustradora chegou a dicir: Se non fose muller, os meus cadros custarían o dobre. Pelexou toda a súa vida contra a discriminación que sufrían as mulleres da súa época.


E, como seguimos a celebrar o Día da Paz...