É QUE FARAN OS LIBROS DA NOSA BIBLIOTECA POLAS NOITES?
Páxinas
Pages - Menu
mércores, 27 de abril de 2022
martes, 26 de abril de 2022
domingo, 24 de abril de 2022
SEMANA DO LIBRO NA NOSA BIBLIOTECA
Que mellor que para celebrar os libros que recibir a visita dunha autora, e se ademais esa autora é María Reimóndez e ben na compaña dunha formiga destemida, nós xa somos felices.
Velaquí o momento tan especial!!!
SEMANA DO LIBRO NA NOSA BIBLIOTECA.
O sábado 23 de abril, foi o Día do Libro, aínda que para nós todos os días o son, sen dúbida sabemos que ben merece un día especial. Como non merecer un día así, ese obxecto que nos acompaña en viaxes, coas emocións, en aventuras que nos levan a illas descoñecidas, a coñecer o esforzo de corredoras que loitan pola igualdade e pola paixón, saber que aínda que sexas tan pequena como una formiga, podes descubrir mundos novos e vivir experiencias interesantes sempre que teñas a curiosidade de aprender. Isto e moito máis aprendemos nos libros, pero o máis importante é, que grazas a eles, podemos converternos en persoas máis libres que saben respectar as opinións doutras persoas aínda que non coincidan coas nosas e que cando lemos información sobre diferentes temas somos quen de distinguir a que é verdade da que pode ter erros.
Os libros, son os compañeiros da nosa imaxinación de da nosa liberdade. Velaquí un vídeo dalgúns compañeiros e compañeiras que falan da súa experiencia no noso Club Lector, Tusitalas, da visita á Biblioteca Ágora e da presenza de autoras e autores na nosa biblioteca.
Moitas grazas polas vosas xenerosas e interesantes aportacións!!!
xoves, 21 de abril de 2022
RAKONTO VERDE
Imos escoitar un vídeo sobre a importancia da reciclaxe de papel e a súa relación coas árbores!
martes, 19 de abril de 2022
XESTA EMOCIONAL. O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA
Hoxe na nosa entrada do proxecto, e xa que imos camiño de celebrar o Día do Libro, imos escoitar á escritora Irene Vallejo. Ela escribiu un libro titulado El infinito en un junco, que habla sobre libros, su historia y lo importante que fueron para el crecimiento de las civilizaciones.
Pero nesta curta entrevista, que lle fan no Hay Festival, desde Cartagena de Indias, ela explica porque foron importante os libros na súa vida, e como a salvaron de algo que lle aconteceu cando tiña oito anos.
Escoitade!
COMUNIDADE DE BOOKTUBERS
Hoxe, na nosa Comunidade de Booktubers, Noa de 3ºB recomenda, A formiga destemida, da autora María Reimóndez, á que teremos a sorte de escoitar o vindeiro venres 22 no noso colexio.
Que ganas de compartir con ela esta marabillosa historia!!!
Moitas grazas, Noa!
xoves, 7 de abril de 2022
COMUNIDADE DE BOOKTUBERS
Hoxe, a nosa Booktuber Nora, de 2ºA, non podía escoller mellor recomendación para seguir a celebrar o Día Internacional da Literatura Infantil e Xuvenil, que un libro do noso moi prezado Agustín Fernández Paz.
Moitas grazas, Nora!
luns, 4 de abril de 2022
CELEBRANDO A LITERATURA INFANTIL E XUVENIL CON ANDREA MACEIRAS
Sen dúbida, no noso colexio somos moi afortunadas. Todos os cursos temos visitas de autoras e autores moi especiais. Nesta ocasión, Andrea Maceiras e o seu marabilloso libro A folla azul.
Velaquí tedes un vídeo do seu paso polo noso colexio. Xa sempre quedará con nós o seu sorriso e esa nena afouta Husu, membro da tribo dos Tacaré, filla da Nai Terra e habitante do mundo verde.
Moitas grazas, Andrea!!!
domingo, 3 de abril de 2022
2 DE ABRIL. DÍA INTERNACIONAL DA LITERATURA INFANTIL E XUVENIL
Os libros e as historias que hai neles, forman parte da nosa vida desde que nacemos. Ao principio, son os arrolos que nos cantan para durmir as nosas mais, pais, avoas, avos... logo veñen os contos antes de durmir, e máis tarde ese feito marabilloso, case máxico, cando entendemos as palabras desas historias, cando aprendemos a ler e metémonos na aventura como se fósemos nós as protagonistas.
Sempre hai libros que nunca esquecéremos, e seguro que algo deles quedou en nós. Hai persoas que grazas á lectura dunha historia, decidiron ser arqueólogas, científicas, carpinteiras... coa idade, hai libros que, cando os vemos, traen a nosa memoria lembranzas de momentos, de amigas e amigos, de lugares.
E, non esquezades nunca, que os libros, faran de vós persoas máis libres e moito máis felices.
Moitas grazas a todas as compañeiras e compañeiros que participastes neste vídeo!
E moitas grazas a todos e todas por facer da nosa biblioteca un lugar especial!