Páxinas

Pages - Menu

domingo, 3 de abril de 2022

2 DE ABRIL. DÍA INTERNACIONAL DA LITERATURA INFANTIL E XUVENIL

Os libros e as historias que hai neles, forman parte da nosa vida desde que nacemos. Ao principio, son os arrolos que nos cantan para durmir as nosas mais, pais, avoas, avos... logo veñen os contos antes de durmir, e máis tarde ese feito marabilloso, case máxico, cando entendemos as palabras desas historias, cando aprendemos a ler e metémonos na aventura como se fósemos nós as protagonistas.

Sempre hai libros que nunca esquecéremos, e seguro que algo deles quedou en nós. Hai persoas que grazas á lectura dunha historia, decidiron ser arqueólogas, científicas, carpinteiras... coa idade, hai libros que, cando os vemos, traen a nosa memoria lembranzas de momentos, de amigas e amigos, de lugares. 

E, non esquezades nunca, que os libros, faran de vós persoas máis libres e moito máis felices.

Moitas grazas a todas as compañeiras e compañeiros que participastes neste vídeo!

E moitas grazas a todos e todas por facer da nosa biblioteca un lugar especial!




Ningún comentario:

Publicar un comentario