Páxinas

Pages - Menu

domingo, 27 de marzo de 2022

26 DE MARZO, DÍA DO TEATRO

 O teatro é unha das expresións artísticas máis antigas, cos anos foi mudando na súa forma e espacios de representación, pero sempre mantivo a súa esencia, a de contar historias, non só para facer rir ou chorar, ás veces o teatro tamén é un acto de rebeldía ante o que acontece na sociedade.

Sabedes que cando os actores e actrices van estrear unha obra, desexamoslle sorte coa expresión: Moita merda!. Este dito ten a súa orixe desde tempos moi antigos. Cando diante do lugar onde se facía a representación, había moita merda de cabalo, iso quería dicir que a obra tivera moito éxito porque acudira moito público.

Tamén hai unha cor que non gusta nada no mundo teatral, o amarelo. Considérase que esta cor trae mala sorte porque o actor e dramaturgo francés, Moliere, durante a representación dunha das súas obras, El enfermo imaginario, vestido de amarelo, tivo un ataque e morreu. De aí que quedara esta superstición entre a xente do teatro.

Aquí vos deixamos un vídeo cunha pequena historia sobre os inicios do teatro.



Ningún comentario:

Publicar un comentario