A intelixencia emocional é tan importante para a nosa vida, que fai de nós persoas capaces de amar, de ser xenerosas e así construír un mundo mellor para todas.
Neste vídeo poderedes escoitar a Patch Adams, médico e paiaso. A través das súas palabras, poderedes reflexionar sobre a importancia dunha frase, dun abrazo, na vida de todas nós como persoas que conformamos unha comunidade.
Este vídeo, dura catro minutos, pero se premedes no nome del, poderedes ver o vídeo completo, que dura uns 25 minutos e é do máis interesante, xa que fala sobre o poder do humor e do amor para coidar ás demais persoas. Todo un exemplo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario