Páxinas

Pages - Menu

martes, 30 de novembro de 2021

XESTA EMOCIONAL. O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA

 


RESPECTARNOS


O respecto é un dos valores máis importantes non só para ser persoas empáticas, é moi importante para ter bos e boas amigas, compañeiros e compañeiras, unha boa relación coa nosa familia, e para crear unha comunidade cunha boa convivencia.

Para que haxa respecto dentro da aula, ou de calquera outro grupo de persoas, é fundamental aceptar as regras e as normas que se acordan entre todas elas .

Cando insultamos, menospreciamos, enganamos ou nos berramos, ás veces só coa intención de molestar, non só estamos faltando ao respecto desas persoas, tampouco nos estamos a respectar a nos mesmas.

Se observades ao voso arredor, as compañeiras e compañeiros que tratan con respecto ás demais persoas, soen ser as máis queridas e admiradas.

Escoitaches algunha vez a frase de, porse nos zapatos dos demais? Se a túa resposta é: Si, saberás a importancia de comprender o que pasa na mente e a vida das demais persoas. Se a túa resposta é: Non, entón é necesario fortalecer a túa habilidade da empatía e o respecto cara aos demais. 


Non só é importante ese respecto cando estamos na aula, na rúa, na casa... tamén é importante nas redes sociais. Ao pasar tanto tempo ao día publicando comentarios, stories, gifs, fotos e vídeos do que facemos día a día, moitas veces esquecemos que detrás desa pantalla hai persoas que senten e que teñen preocupacións e problemas ou que simplemente tiveron un mal día. Moitas veces as redes son a única forma en que os outros se poden desafogar ou expresarse. 

É por isto que antes de comentar ou compartir esa publicación de Instagram, ou responder a ese WhatsApp, na que os outros expresan un punto de vista persoal ou unha emoción profunda, pensa o seguinte:

- Se é un sentimento, reflexiona se ti tamén te sentiches así. Iso permitirá que poidas lembrar o mal que o pasaches nesa situación ou nunha semellante, e que calquera palabra ou comentario podería ferir ou facer sentir mal á outra persoa.

- Se é unha foto, pensa se a ti gustaríache  que che fixesen un comentario negativo sobre o teu aspecto ou a túa forma de vestir. Pensa, que todas as persoas queremos vernos sempre ben e recibir sempre comentarios e mensaxes positivas.

- Se é un vídeo que che enviaron só a tí, non debes publicalo sen o permiso da túa amiga ou amigo; xa que podes pór en risco a súa privacidade ou motivar comentarios negativos  doutras persoas.

Manter a túa privacidade e das túas compañeiras e compañeiros é moi importante.







luns, 29 de novembro de 2021

COMUNIDADE DE BOOKTUBERS

Hoxe un dos nosos Tusitalas, Nico de 6ºB, cóntanos porque lle gustou o libro que estamos a ler no Club Lector de 6ºB,  A evolución de Calpurnia Tate da autora, nacida en Nova Zelanda, Jackeline Kelly.

Premendo no seu nome, podedes ler unha entrevista na que conta porque escribiu esta historia.

Moitas grazas, Nico!



domingo, 28 de novembro de 2021

CORTOS ANIMADOS

 Nunca deixedes de incluir o entusiasmo e a creatividade no que facedes!

ALIKE



xoves, 25 de novembro de 2021

RAKONTO VERDE

 Sabedes distinguir a flor macho da flor femia dun calabacín? Porque as plantas tamén teñen xénero!

Velaquí este vídeo de Iñigo Segurola!




mércores, 24 de novembro de 2021

25N DÍA INTERNACIONAL POLA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

PARA NÓS, NON É NON

Moitas grazas a todas e todos por crear un mundo de palabras contra a violencia de xénero!





 


martes, 23 de novembro de 2021

25N DÍA INTERNACIONAL POLA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES. XESTA EMOCIONAL. O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA


Levamos varios mércores lendo e reflexionando sobre a importancia da empatía. Nesta semana, na que é o 25 N, Día Internacional pola eliminación da violencia contra as mulleres, debemos ter en conta que unhas das mellores estratexias para reducir a violencia é a empatía.

Sabemos que a empatía é ter a capacidade de entender e poñernos no lugar das outras persoas, sexan do xénero que sexan. 



É importante aprender a recibir e respectar os "NON".  Debemos saber que non se van cumprir todos os nosos desexos polo feito de que queramos que así sexa. Que hai que deixar de insistir até que a outra persoa faga algo que non desexa.
É moi importante saber recibir un "NON", saber dalo, e saber sostelo. Con isto podemos evitar unha morea de violencias cotiás, de machismos, porque é moi importante respectar os límites que nos marcan outras persoas.
É importante o 25N, si. Pero non pode quedar nun eslogan posto nunha camiseta ou nunha pancarta, iso o pode levar calquera. O verdadeiramente importante é saber dicir NON cando é necesario e o empático é respectalo.

Velaquí dous vídeos moi interesantes para que reflexionedes sobre o amor , os estereotipos e os distintos tipos de amor.


La importancia del amor



Amor romántico e estereotipos.





xoves, 18 de novembro de 2021

RAKONTO VERDE

 

Sabedes que na provincia de Lugo temos un dos paisaxes máis fermosos de Galiza. E, en otoño, está en todo o seu esplendor. Chámase a Serra do Courel e está na provincia de Lugo. 

Pasear polos bosques do Courel é moi bo para coidar as nosas emocións positivas en contacto coa natureza. Aquí tedes  bos deixamos unha proposta  de excursión para desfrutar da natureza.

A SERRA DO COUREL




mércores, 17 de novembro de 2021

XESTA EMOCIONAL. O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA


 

Que quere dicir poñerse no lugar doutras persoas? É iso empatía?

Non todas as persoas teñen as mesmas capacidades, nin a súa contorna social e familiar é a mesma. Por iso, non debemos facerlles sentir mal polos erros que poidan cometer, ou polas decisións equivocadas que tomen nun momento dado. Trata de apoialas, de poñerte no seu lugar, de entender porque tomou esa decisión e non a xuzgues.

Imos ver un vídeo do importante que é ter en conta a situación das persoas que nos rodean.


PONTE NOS ZAPATOS DA OUTRA PERSOA





luns, 15 de novembro de 2021

COMUNIDADE DE BOOKTUBERS

 


Xa temos a nosa primeira Booktuber deste curso, a nosa compañeira Alejandra de 2ºB, que fai unhas recomendacións moi interesantes.

Moitas grazas, Alejandra!




domingo, 14 de novembro de 2021

O ACOSO ESCOLAR CONTADO POR ESTUDIANTES

Hoxe, a través deste vídeo, queremos que reflexionedes sobre o acoso escolar xa que tamén forma parte do que é ser unha persoa empática ou non. É moi importante saber que determinados comportamentos tanto dentro da aula, no patio, ou nas redes sociais, poden facer moito dano ás persoas que son dirixidas. 

Que teñamos en conta que todos e todas somos diferentes, e por iso, ás veces conxeiniamos mellor cunhas persoas que con outras. Algunhaa son as nosas amigas e outras son compañeiras, pero  o máis importante é respectarnos.

Ese respecto ten que ser dentro da aula, mais tamén na rúa, non patio do colexio e nas redes sociais. Pensade sempre antes de escribir ou colgar unha imaxe, se ides facer dano á outra persoa. Se vos gustaría que a vós vos fixeran o mesmo.

Escoitade este vídeo e logo podedes falar sobre este tema na aula.


O ACOSO ESCOLAR CONTADO POR ESTUDIANTES



xoves, 11 de novembro de 2021

RAKONTO VERDE

 SABEDES QUE AS PLANTAS FALAN ENTRE ELAS? FASCINANTE, NON SI!




martes, 9 de novembro de 2021

XESTA EMOCIONAL. O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA


 

Hoxe imos co segundo paso para ser unha persoa empática: Respectar os tempos das persoas coas que falamos.

Non todas as persoas temos o mesmo ritmo, hainas que precisan máis tempo para expresarse e se non respectamos ese tempo, as interrumpimos e falamos por riba delas, por exemplo berrando, seguramente deixen de intertalo, e o seu esforzo por contar algo que é un problema para elas non sirva de nada e non podamos axudalas. 

É moi importante saber escoitar para poder axudar.

Ademais é moi importante saber escoitar, sempre podemos aprender das opinións dos compañeiros e compañeiras.


ESCOITADE ESTE VÍDEO!



luns, 8 de novembro de 2021

COMUNIDADE DE BOOKTUBERS

 



ESTADES A PENSAR NOS VOSOS LIBROS FAVORITOS? ESTA SEMANA PODEDES APUNTARVOS A PARTIR DO MARTES.

ESPERÁMOSVOS!!!!

domingo, 7 de novembro de 2021

xoves, 4 de novembro de 2021

RAKONTO VERDE

Esta curtametraxe, lévanos a reflexionar e pensar en dúas palabras moi importantes para a relación coa natureza: altruismo e solidariedade.

REACH (ALCANZAR)




martes, 2 de novembro de 2021

XESTA EMOCIONAL. O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA.

 



Xa sabemos algo sobre a empatía, pero a pregunta é: como ser persoas empáticas? Hoxe imos coñecer o primeiro paso e intentar practicalo cos nosos compañeiros e compañeiras.

O primeiro que temos que facer é eliminar todo tipo de prexuicios. Que quere dicir isto? Pois, cando nos relacionamos con outras persoas temos que intentar non xuzgar, é dicir, non formarnos unha opinión ou idea, antes de escoitala.
Trataremos de escoitala e poñernos na súa situación paa entender mellor que é o que lle preocupa é como se sinte.

Intentádeo, seguro que ides ter moitas oportunidades!

Velaí un vídeo!

LA CADENA DE LA EMPATÍA



luns, 1 de novembro de 2021

COMUNIDADE DE BOOKTUBERS




Desde o blog da biblioteca, queremos facervos unha proposta. Ide pensando en dou libros que foran para vós moi especiais, tan especiais que ao longo da súa lectura sentíchedes ganas de rir, chorar, pensar, mudaron a vosa forma de pensar sobre algunha cuestión que era importante para vós...

Tedes de prazo ata o 8 de novembro. Despois só tedes que apuntarvos nas follas que deixaremos polas aulas para facer a gravación.

Animádevos a compartir lecturas e emocións!