Este curso temos unha proposta moi emocionante, coñecernos mellor entre todos e todas para compartir e traballar as nosas emocións, que non sempre son positivas e, ás veces, se non sabemos como xestionalas poden provocarnos malestar e conflitos innecesarios coas persoas que nos rodean e coas que queremos moito.
Hai moitos tipos de emocións: alegría, tristura, sorpresa, enfado, ira... o importante das emocións é:
- como as expresamos.
- que nos levou a sentir esa emoción.
- coñecernos mellor a nós mesmas como persoas.
- saber cales son as nosas cualidades e querernos, é dicir, a autoestima.
- empatía ou a capacidade para poñernos no lugar doutra persoa.
Imos comezar por unha que é moi importante, e que nos axudará a estar máis contentas con nós mesmas como persoas, a empatía.
A empatía permítenos establecer vínculos positivos, de comprensión e de respecto cara as demais persoas. É a capacidade para recoñecer e comprender os sentimentos, ideas e condutas das persoas que nos rodean e entender, ata poñernos no seu lugar, as circunstancias que poden afectar a eses compañeiros e compañeiras en situacións concretas.
Velaí un vídeo que o explica moi ben:
Ningún comentario:
Publicar un comentario