Pero isto non é certo e se premedes na palabra ENLACE, veredes que foron moitas e seguen a ser moitas as que un día soñaron con ser físicas, matemáticas, filósofas, astrónomas, químicas, biólogas mariñas, médicas, alquimistas...
Xa no ano 1098, Hildegad von Bingen, cheou a ser un cosmóloga, filósofa natural e autora de textos médicos moi importantes. Traballou na descripción de plantas, animais e minerais coa finalidade de que fosen de utilidade para o benestar das persoas. Ou moito antes no século VI a. c, Theano, natural de Grecia, escribía tratados matemáticos, tamén de física e medicina. E ata podemos remontarnos a c, 370 con Hipatia de Alexandría, matemática e filósofa. E, en Galiza, temos entre outras á oceanógrafa e bióloga mariña Ángeles Alvariño.
Este anos
Seguro que queredes coñecer máis, pois ide premendo nos enlaces que tedes...
As ilustracións son de Eulogía Merle. As fixo para uns marca libros, que xunto cos textos son do MUNCYT.
Si tedes un soño, ide a por el! Elas abriron as xanelas ao coñecemento, mantedeas vós.
Preme nas palabras ENLACE e logo na icona de cada imaxe en forma de libro aberto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario