É esta unha historia sobre a igualdade e a aceptación das nosas diferencias. Martín, é un fungo que naceu na rocha errada, e...
THE WRONG ROCK
É esta unha historia sobre a igualdade e a aceptación das nosas diferencias. Martín, é un fungo que naceu na rocha errada, e...
THE WRONG ROCK
Como sabedes o mércores 24 de febreiro foi o Día de Rosalía e as nenas e nenos de 6º prantaron unha camelia na honra da nosa poeta máis querida.
Velaquí tedes as imaxes desta especial homenaxe que a Natureza será quen de repetir ano tras anos agasallándonos coa súa "flor de inverno".
Sabedes que as camelisa son das poucas flores que aparecen no inverno? Xa dicía Cunqueiro que as camelias son coma luces no inverno galego.
Animádevos a pescudar sobre a camelia, compartide as súas curiosidades, que son moitas e moi interesantes.
Ah! E moi importante! O luns 22 de marzo todas as aportacións recibidas terán un agasallo para recibir a primavera.
Ollade que fermosura de fotografías!!!
e
Moitas grazas as nosas xardineiras e xardineiros!
Moitas grazas a Bruno, Mariama, Gabriela e Andrea!
Sodes marabillos@s!!!
Como xa sabedes o 24 de febreiro é o Día de Rosalía, unha das nosas poetas máis queridas. Este ano o lema dedicado á poeta é ... Teus doces cantares
Aínda que esta semana imos cantar no noso blog a Rosalía a través das voces de cantantes galegas, hoxe imos empezar por coñecela un pouco mellor. Só tedes que premer na palabra enlace que está enrriba da imaxe. A ver se podedes axudar as e os Academic@s da Real Academia da Lingua Galega a completar a biografía de Rosalía.
Pero isto non é certo e se premedes na palabra ENLACE, veredes que foron moitas e seguen a ser moitas as que un día soñaron con ser físicas, matemáticas, filósofas, astrónomas, químicas, biólogas mariñas, médicas, alquimistas...
Xa no ano 1098, Hildegad von Bingen, cheou a ser un cosmóloga, filósofa natural e autora de textos médicos moi importantes. Traballou na descripción de plantas, animais e minerais coa finalidade de que fosen de utilidade para o benestar das persoas. Ou moito antes no século VI a. c, Theano, natural de Grecia, escribía tratados matemáticos, tamén de física e medicina. E ata podemos remontarnos a c, 370 con Hipatia de Alexandría, matemática e filósofa. E, en Galiza, temos entre outras á oceanógrafa e bióloga mariña Ángeles Alvariño.
Este anos
Seguro que queredes coñecer máis, pois ide premendo nos enlaces que tedes...
As ilustracións son de Eulogía Merle. As fixo para uns marca libros, que xunto cos textos son do MUNCYT.
Si tedes un soño, ide a por el! Elas abriron as xanelas ao coñecemento, mantedeas vós.
Preme nas palabras ENLACE e logo na icona de cada imaxe en forma de libro aberto.
Mirade canto están a traballar as nenas e nenos da aula de 1ºB, co conto de Eva Mejuto, Dez gatiñas viaxeiras, e que fermoso é o seu traballo.
Moitas grazas polo voso entusiasmo e moitos moitos parabéns!
A idea de colgar os poemas nunha parede é suxerente e positiva. Hai que deixar que a poesía saia á rúa, quitala do sillón do lector.
E vós, que pensades?
Xa que esta semana foi a da ilustración no noso blog, hoxe queremos, no Rakonto Verde, lembrar a unha botánica e ilustradora de plantas e flores moi famosa Mary Agnes Chase.
Aquí vos deixamos un vídeo coa súa biografía.
Mary Agnes Chase. A fada botánica
Un dos fermosos poemarios que escribiu Xela Arias é o titulado Darío a diario, un poemario que fala do que sinte cara o seu fillo, como nai, como muller e sobre o que significa a maternidade para ela.
A portada do libro é esta, e a continuación podedes ler un dos seus fermosos poemas.
Falando de gatiñas, sabedes para que lles serven os bigotes?
Hoxe deixamos nesta sección unha recomendación especial, xa que o sábado 30 de xaneiro foi o Día da Ilustración. As ilustradoras e ilustradores, como acontece con moitas profesións, teñen a súa propia asociación, chámase AGPI, Asociación Galega de Profesionais da Ilustración.
Pois, aquí vos deixamos un enlace para que coñezades a catro ilustradoras galegas e tamén a ilustración que fixo cada unha delas sobre a homenaxeada deste ano Lolita Díaz Baliño.
Premede na palabra ENLACE