Páxinas

Pages - Menu

luns, 30 de novembro de 2020

RECOMENDAMOS. QUERES SER BOOKTUBER?

Desde a biblioteca, estivemos pensando que sería boa idea crear no noso colexio unha comunidade de Booktubers. Sabemos que sodes moitas e moitos as que ledes libros e unha das cousas máis fermosas que hai é compartir, se ademais o que compartimos son lecturas, moito mellor.

Aqui tedes un vídeo de como ser un/unha boa booktuber. Escoitádeo con atención e cando vos animedes, buscade a Beatriz polo colexio e xa os gravamos para colgalo nos blogues. Podedes facer recomendacións para todas as idades.


ANIMÁDEVOS A FORMAR PARTE DA COMUNIDADE DE BOOKTUBERS DA BIBLIOTECA DO CEIP. RAQUEL CAMACHO!

ESPERÁMOSVOS!!!



domingo, 29 de novembro de 2020

CONTOS ANIMADOS

Sen dúbida o cariño e a lealdade dos animais, pode cambiar a vida das persoas!


RUBATO

 


xoves, 26 de novembro de 2020

RAKONTO VERDE. 25N. DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

 Rematamos esta semana dedicada a lembrar a todas as mulleres que sufriron violencia de xénero e, esperamos que o futuro, do que todas e todos vós formades parte sexa un futuro sen violencia e no que a igualdade de xénero sexa unha realidade.

E, o facemos cunha galega, Ángeles Alvariño. Primeiro podedes escoitar este audio do libro Ardora, e a continuación ler a información que vos deixamos aquí para que a coñezades mellor.

https://drive.google.com/file/d/1IOjGkqYdlXOlIsqKzc9sH2anWxU3gm8j/view?usp=sharing









Ilustración: Antónia Calafat.

Copyright: IEO/FECYT




martes, 24 de novembro de 2020

25 N DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES.

Hoxe é un día moi importante, non é unha celebración, é un chamamento para acabar coa violencia contra as mulleres. Para que todas podamos desarrollar a nosa vida en liberdade. Por iso, queremos lembrar a algunhas das mulleres que loitaran por facer un mundo mellor para todas as persoas, sen elas todos estes avances, e moitos máis,  non serian posibles.

Moitas grazas pola vosa colaboración e compromiso!!!





O alumnado de 5º B, preparou este vídeo coa súa persoal e cómplice ollada do 25N
Moitas grazas a todas e todos!!!





luns, 23 de novembro de 2020

RECOMENDAMOS. DÉIXAME SER. 25N.

 Nesta semana, que mellor recomendación que os dous libro de Anaír Rodriguez, con ilustracións de Nuria Díaz. Pioneiras e Pioneiras 2. 

Moitas e moitos de vós xa os coñecedes, pero é importante que lembrar que cando unha muller sofre violencia, tamén perde a oportunidade de ser unha pioneira e axudar a que o mundo sexa un lugar mellor.





domingo, 22 de novembro de 2020

CONTOS ANIMADOS. DÉIXAME SER. SEMANA DO 25 N. DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER.

Pensade nesta frase e logo visualizade a curta. Despois é importante que reflexionedes sobre o tema.

O amor non é abuso. Déixame ser.



xoves, 19 de novembro de 2020

A NOSA CELEBRACIÓN DOS DEREITOS DA INFANCIA.


Moitas grazas a todas e a todos pola vosa colaboración. Sen vós nada é posible!!!





 

mércores, 18 de novembro de 2020

RAKONTO VERDE. SEMANA DOS DEREITOS DAS NENAS E DOS NENOS.

No Rakonto verde consideramos que un dos dereitos dos nenos e nenas é poder disfrutar do noso planeta e, para iso, temos a obriga de coidalo con moito cariño.

Escoitade!



martes, 17 de novembro de 2020

SEMANA DOS DEREITOS DAS NENAS E DOS NENOS.

 Aquí tedes, por si vos presta, unhas actividades moi chulas para facer entre todas e todos na aula e así coñecer mellor os dereitos dos nenos e nenas.















luns, 16 de novembro de 2020

RECOMENDAMOS. SEMANA DOS DEREITOS DAS NENAS E NENOS.


Hoxe vos recomendamos que leades con atención a Declaración dos Dereitos da Infancia , que establece dez principios:

1. O dereito á igualdade, sen distinción de raza, relixión ou nacionalidade.

2. O dereito a ter unha protección especial para o desenvolvemento físico, mental e social do neno e da nena.

3. O dereito a un nome e a unha nacionalidade desde o seu nacemento.

4. O dereito a unha alimentación, vivenda e atención médicos adecuados.

5. O dereito a unha educación e a un tratamento especial para aqueles nenos e nenas que sofren algunha discapacidade mental ou física.

6. O dereito á comprensión e ao amor dos pais e nais, e da sociedade.

7. O dereito a actividades recreativas e a unha educación gratuita.

8. O dereito para estar entre as primeiras persoas en recibir axuda en calquera circunstancia.

9. O dereito á protección contra calquera forma de abandono, crueldade e explotación.

10. O dereito para ser criado cun espírito de comprensión, tolerancia, amizade entre os pobos e irmandade universal.

A Declaración aprobouse o 20 de novembro de 1959, de maneira unánime, polos setenta e oito Estados que daquela formaban parte da ONU.

domingo, 15 de novembro de 2020

CONTOS ANIMADOS. SEMANA DOS DEREITOS DOS NENOS E AS NENAS

 Queredes saber porque o 20 de novembro está adicado as nenas e nenos de todo o planeta? Pois, escoitade!




xoves, 12 de novembro de 2020

RAKONTO VERDE

 Os venres, iniciamos o Rakonto Verde, nel atoparedes imaxes, poemas, artigos, recomendacións de libros... que terán relación coa natureza.

Gustaríanos que participásedes enviando os que vos apeteza, sempre que teña relación coa natureza.

Estreamos esta entrada cun texto dun libro que nos gusta moito, velaí o tedes...



e o texto...

VITAMINA N

que flúe coma o zume,

que bate as ás coma paxaro,

que nada coma a balea,

que ouvea coma o lobo,

que se move coma a formiga,

que perdura coma a rocha,

que lostrega coma o raio,

que acaricia coma a brisa,

que molla coma a chuvia

que respira e camiña coma ti...




mércores, 11 de novembro de 2020

XEOGRAFÍAS LITERARIAS

Nesta nova entrada do noso blog, que nace da proposta do lema para este curso por Bibliotecas Escolares: Xeografías Lectoras, imos coñecer algunhas das autoras da nosa xeografía galega, e por iso lle puxemos o nome de " Xeografías biográficas".

Entre todas e todos iremos colocando, nun mapa de Galicia, a vila ou cidade na que naceron as autoras, pero antes teremos que investigar para ir creando ese mapa literario.

Empezaremos pola nosa provincia, A Coruña. Cada curso, ao longo deste trimestre teredes que buscar ou elixir dúas escritoras. Faredes o seu retrato, debaixo escribiredes o seu nome e o título dun dos seus libros. O faredes na computadora e, cando o teñades, só quedará envialo por correo electrónico. As vosas titoras e titores, daranvos no seu momento a dirección do mail.




 

martes, 10 de novembro de 2020

GATIÑAS, PÍNTEGAS E VAMPIRAS. O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA.

Benvidas e benvidos ao noso novo proxecto da biblioteca que, estamos seguras, será emocionante, interesante, escacharemos coa risa ou botaremos algunha bágoa, a saber!... pero o que si  é seguro e que viaxaremos coa emoción das palabras.

Este curso, os primeiros e segundos de EP, leredes o divertido libro de Eva Mejuto, Dez gatiñas viaxeiras, coas fermosas ilustracións de Victor Rivas, durante o primeiro trimestre. No segundo trimestre os quintos e os sextos leredes Vampira de biblioteca de Ledicia Costas, ilustrado tamén por Victor Rivas. Teremos nós algunha vampira na nosa biblioteca? Haberá que estar vixiantes! E, no terceiro trimestre, os terceiros e cuartos leredes Marta e a píntega de Elí Ríos, con ilustracións de Patricia Román; neste conto, coa súa protagonista, iremos percorrendo o mundo dos contos dun xeito moi especial. Uf! Que intriga!

Mais, como isto de ser lectoras e lectores, é tamén compartir as historias que lemos e coñecer ás persoas que estiveron durante horas escribindo e imaxinando para nós, "as autoras"; teceremos, como se fósemos arañas, unha tea tan grande de xenerosidade e ilusión que levaranos a compartir estas tres lecturas a todo o colexio.

Pero, falando das autoras: Que sabemos delas? Onde naceron? Cal é a súa sobremesa favorita? Teñen na súa casa gatiñas, píntegas ou vampiras? Cal é o seu libro favorito? Terán algunha cando se sentan a escribir? Que libros escribiron?... Para saber todos isto e moito máis teremos que investigar.

Que vos parece se facemos unha biografía de cada unha delas e, como somos moi artístas, lles facemos un retrato, pero non un deses que copiamos dunha fotografía buscada no Google, non, nos imos facer o noso " Retrato imaxinado da autora".

Faremos máis cousas divertidas, pero pouco a pouco, que é como mellor se goza do que facemos. E, este curso, o compartiremos todo no noso blog!

Empezamos, compañeiras e compañeiros de 1ºA, 1ºB, 2ºA e 2ºB! é o momento de empezar a ler o voso conto e saber que  farán esas gatiñas: Viaxar, si, pero seguro que algo máis tamén. Xa sabedes que as gatiñas son moi, moi travesas. 

Empeza a aventura!!!





luns, 9 de novembro de 2020

RECOMENDAMOS


Hoxe, no Recomendamos, temos un libro que imos gozar moito no noso colexio, especialmente a rapazada das aulas de primeiro e segundo.

A súa autora, Eva Mejuto, é moi querida na nosa biblioteca. Os seus libros son dos nosos favoritos: Corre, corre cabaciña; A casa da mosca chosca... 



O libro é...



Dez gatiñas curiosas, rebuldeiras, intrépidas, van coas súas mochilas precorrendo toda Galcia. Ata onde as levará a súa viaxe?

Pois esperamos con ilusión o que nos conten as compañeiras e compapañeiros das aulas de primeiro e segundo.



domingo, 8 de novembro de 2020

CONTOS ANIMADOS

 Non deixeides de ver esta fermosa curtametraxe!!!


INVENTION OF LOVE



mércores, 4 de novembro de 2020

XEOGRAFÍAS BIOGRÁFICAS. UN PROXECTO DA BIBLIOTECA DO CEIP.RAQUEL CAMACHO

 

Seguimos a averiguar como facer unha biografía? Velaí o primeiro paso:

- Decidir a persoa sobre a que vas a escribir. Sabemos que ten que ser unha autora, pero temos que escoller unha.

Xa tes a túa?

domingo, 1 de novembro de 2020

Contos Curtos

 Este lugar de encontro que é o noso blog da Biblioteca, Rakonto, empeza a súa nova andaina este curso e, que mellor xeito de facelo que cunha das entradas máis antigas e que máis nos gusta.

Tachan! Tachan! A curta de animación de hoxe, titúlase...

CUERDAS

Nela veredes o importante que é axudarnos e que sempre hai alguén que precisa de nós, só temos que obsevar e ser sensibeis.