Prezadas lectoras e lectores:
Grazas! Por compartir, por traballar, polas vosas risas, por facer da biblioteca o lugar máis fermoso do colexio.
Algunhas e algúns de vós, marchades este curso, pero non deste lugar no que as vosas voces, a pegada das vosas mans nos libros, eses letreiros que duran pouco pero contan moito da nosa vida cotiá na biblioteca, xa forman parte de nós para sempre.
Grazas, ás voluntarias e voluntarios polo voso esforzo diario, polo compañerismo, a imaxinación, as aportacións. Sen vós non sería posible!
Grazas ás familias, por estar sempre dispostas a participar das nosas aventuras con cariño e complicidade.
Tusitalas, grazas por ter o corazón da maxia, atopar tesouros en illas, medrar con Calpurnia, poñervos o pixama de raias para entender a inxustiza, navegar polo mar de Ardora, poñer patas arriba cal Escaquis a Romeu as nosas cabezas e por entender que Fóra do normal é un lugar para todas e todos.
Grazas, a todas as autoras e autores, por pechar o círculo da palabra escrita para nós imaxinar.
Grazas, a todas as autoras e autores, por pechar o círculo da palabra escrita para nós imaxinar.
Grazas tamén, do Equipo da biblioteca, a todas as compañeiras mestras e mestres do colexio, polo voso apoio, por axudar a tecer esa rede feita de palabras.
Lémonos!
Con todo o noso cariño!
Ningún comentario:
Publicar un comentario