Páxinas

Pages - Menu

martes, 3 de decembro de 2019

SON DE PALABRA

Hoxe en Son de palabra temos un fermoso e divertido traballo das nenas e nenos da aula de 3ºB. 
Escribiron o que o movemento artístico surrealista chamou, El cadáver exquisito.
E vos estaredes a preguntar que é isto do cadáver exquisito. Pois alá polo ano 1925, a un grupo de artistas necesitados de algo diferente e orixinal, ocorreuselles que incluir o azar no proceso creativo podía ser, ademais de moi divertido, fonte de novas e inspiradoras creacións.

Como se crea un Cadáver exquisito?

Nun papel, cada un dos participantes escribe unha frase. A continuación, unha pequena parte de esa frase ocúltase facendo unha dobrez, de xeito que a seguinte participante só poida ver a última liña ou a última palabra e, a partir dela, ten que seguir escribindo. Repítese o proceso tantas veces como persoas estean a xogar. O resultado é sempre divertido e sorprendente.

A continuación ides ler o Cadaver exquisito da aula de 3ºB.

OUTONO

O castiñeiro de barro
no monte frío de outono,
o azul esquío come-noces.
espantallo de xabarís asustados.

Lambo a terra mollada,
e polo Magosto os nenos
cantan castañas tolas,
porque na lúa choven luvas marróns.

Pinto lama no corazón
cando lobos e raposos troulan
no verde prado mollado
de máxicos froitos dourados.

A andoriña levou a herba
nas follas de chuvia vermella.
E o sol pon chuvasqueiro amarelo
para non mollarse entre as nubes,
coma un caracol de ourizos.

O vento zoa do Norte
deixando espidas árbores falantes,
e tremen as vacas e os porcos
levando xerseis laranxas.

A landra pica a mazá
polo monte enchoupado
de cogomelos e soños,
dun samaín cos nenos
voando entre bufandas
En outono...

MOITOS PARABÉNS!!! SODES UNS FANTÁSTICXS CADÁVERES EXQUISITOS!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario