Páxinas

Pages - Menu

xoves, 19 de decembro de 2019

BO E LITERARIO NADAL

O noso desexo é que teñades unhas felices vacacións de Nadal. Gozade coa familia e amigxs, repartide apertas e bicos. Mais non esquezades que tamén os libros son grandes compañeiros de viaxe.

Grazas a todxs por facer da nosa biblioteca unha árbore fermosa como esta.


MOITOS BICOS!!!

mércores, 18 de decembro de 2019

martes, 17 de decembro de 2019

SON DE PALABRA





Queredes saber a orixe da palabra Haiku?

Esta palabra ven do xapones hai: escritura paralea e de kju: línea.


luns, 16 de decembro de 2019

RECOMENDAMOS

Hoxe no recomendamos, queremos facervos unha proposta. Estamos seguras de que sodes quen de escribir fermosos poemas o haikus, por iso, a partir de xa, tedes na biblioteca un espazo para ir deixándoos na Caixa da poesía. 
A meirande parte deles irán publicándose no blog para que podan lelos todas as persoas que queiran.
Animádevos!!! Estamos seguras de que hai poetas agachadxs polo colexio.

Aquí tedes unhas fotografías do lugar da poesía na nosa biblioteca, e dos marabillosos Haikus que fixeron na aula de 1ºA de EP e de 5ºB de EI.








mércores, 11 de decembro de 2019

PALABRAS PARA UNHA IMAXE

Hoxe temos máis dunha imaxe, pero polo lugar e as persoas, gustaríanos que lle puxérades palabras.








martes, 10 de decembro de 2019

SON DE PALABRA

Xa que estes días, como sabedes, está quedando o noso colexio moi fermoso cos debuxos que se están a realizar para celebrar o día do voluntariado, pois imos coñecer algo máis sobre esta fermosa palabra.



VOLUNTARIADO

É o traballo das persoas que axudan e apoian a unha comunidade ou a algunha causa, como pode ser o medio ambiente, por decisión propia e libre.
Realizar voluntariado é unha actividade que sempre nos fai sentir ben. Xa que formamos parte dun grupo, dunha comunidade para o ben de todxs.

MOITAS GRAZAS A TODXS XS QUE ESTADES A PARTICIPAR CON NÓS PARA FACER DO NOSO COLEXIO UN LUGAR MÁIS FERMOSO!!!

luns, 9 de decembro de 2019

RECOMENDAMOS

Hoxe vos traemos todas as novas incorporacións de comic a nosa biblioteca. Esperamos que vos gusten.

Velaí unha mostra....








sábado, 7 de decembro de 2019

CONTOS CURTOS

Sen dúbida, cando somos amables entre nós, a vida é moito máis agradable.


Sr. Indiferente



mércores, 4 de decembro de 2019

PALABRAS PARA UNHA IMAXE

                                 

                                        CAL É A VOSA PALABRA PARA ESTA IMAXE?




martes, 3 de decembro de 2019

SON DE PALABRA

Hoxe en Son de palabra temos un fermoso e divertido traballo das nenas e nenos da aula de 3ºB. 
Escribiron o que o movemento artístico surrealista chamou, El cadáver exquisito.
E vos estaredes a preguntar que é isto do cadáver exquisito. Pois alá polo ano 1925, a un grupo de artistas necesitados de algo diferente e orixinal, ocorreuselles que incluir o azar no proceso creativo podía ser, ademais de moi divertido, fonte de novas e inspiradoras creacións.

Como se crea un Cadáver exquisito?

Nun papel, cada un dos participantes escribe unha frase. A continuación, unha pequena parte de esa frase ocúltase facendo unha dobrez, de xeito que a seguinte participante só poida ver a última liña ou a última palabra e, a partir dela, ten que seguir escribindo. Repítese o proceso tantas veces como persoas estean a xogar. O resultado é sempre divertido e sorprendente.

A continuación ides ler o Cadaver exquisito da aula de 3ºB.

OUTONO

O castiñeiro de barro
no monte frío de outono,
o azul esquío come-noces.
espantallo de xabarís asustados.

Lambo a terra mollada,
e polo Magosto os nenos
cantan castañas tolas,
porque na lúa choven luvas marróns.

Pinto lama no corazón
cando lobos e raposos troulan
no verde prado mollado
de máxicos froitos dourados.

A andoriña levou a herba
nas follas de chuvia vermella.
E o sol pon chuvasqueiro amarelo
para non mollarse entre as nubes,
coma un caracol de ourizos.

O vento zoa do Norte
deixando espidas árbores falantes,
e tremen as vacas e os porcos
levando xerseis laranxas.

A landra pica a mazá
polo monte enchoupado
de cogomelos e soños,
dun samaín cos nenos
voando entre bufandas
En outono...

MOITOS PARABÉNS!!! SODES UNS FANTÁSTICXS CADÁVERES EXQUISITOS!!!

luns, 2 de decembro de 2019

3 DE DECEMBRO. DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O Día Internacional das Persoas con Discapaciadade foi declarado en 1992 pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas. O obxectivo é promover os dereitos e benestar das persoas con discapacidades en todos os ámbitos da sociedade, así como tomar conciencia sobre a situación en todos os aspectos da vida política, social, económica e cultural.
Escoitade este vídeo de Sara Andrés, atleta paralímpica e mestra.









domingo, 1 de decembro de 2019

CONTOS CURTOS


Como sabedes temos cinco sentidos que nos axudan a realizar tarefas, gozar das ondas do mar, do recendo dun biscoito; mais, ás veces, non temos algún deles, pero sempre está a imaxinación e as ganas de conseguir o que nos propoñemos.
Coñecede a Diego!!!



AS CORES DAS FLORES
AS CORES DAS FLORES