Páxinas

Pages - Menu

martes, 9 de abril de 2019

GALICIA EN FEMININO. MULLERES QUE FAN HISTORIA








Iria Gómez é unha deportista natural de Pobra do Caramiñal nacida o 7 de xullo de 1991. Actualmente milita no equipo Racing Chapela e regresou do Campionato de España de natación para persoas con discapacidade física de 2016 con dúas medallas: unha de prata en 200 metros costas e unha de bronce en 100 metros na mesma disciplina. 

Comezou a adestrar co Club de Natación de Ribeira e co Racing Chapela comezou a participar en campionatos, acudindo por primeira vez ao campionato galego para persoas con discapacidade. En 2012, regresou á súa localidade natal con tres medallas de ouro. Conseguiu os 50 metros costas, 50 crol e entrou de primeira na substitución de 4x50 libres co Club Racing Chapela co que competiu. Tamén paticipou na competición Special Olimpics na que logrou varios ouros. 

A nadadora galega acumula xa máis dunha ducia de medallas nos campionatos de natación para persoas con discapacidade e conságrase como un exemplo de dedicación e paixón polo deporte. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario