Hoxe rematamos a nosa semana da Festa do Libro. Mais el segue con nós; provocando viaxes, sacando sorrisos, deixando caer bágoas.
Para rematar temos unha actuación de luxo. Unhas compañeiras de 5ºA e B van montar un espectáculo no, que a música e a literatura, mestúranse para crear en nós sensacións que ao mellor descoñecemos.
A vindeira semana no blog, teremos reportaxe fotográfica do que foi esta semana.
Facede unha revolución!!! Non hai mellor acto de rebeldía que ler un libro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario