No RECOMENDAMOS de hoxe temos algo moi especial... os relatos d@s gañador@s do Premio de Relato Curto "Dame medo".
O BOLI PINCHÓN
Había unha vez
un colexio no que os nenos e nenas de 2ºA traballaban nunha ficha de mates. De
súpeto un rapaz notou un pinchazo nas costas, preguntou aos compañeiros se
foram eles máis todos dixeron que non. Pero, pasados uns segundos todos
empezaron a sentir os pinchazos ao tempo que vían como un boli saía correndo.
Intentaron atrapalo, pero o boli
agachouse nunha clase que estaba a escuras. Dous rapaces cheia de afouteza
entraron a buscalo, pero non o daban atopado. Non se podía mover, non vían
nada, chocaban con todo por mor da escuridade. Un deles abriu unha ventá para
ter algo de luz. Neste momento o boli pegou un gran chimpo e escapou pô-la
ventá.
Tese coidado. Pode estar pô-la vosa
clase!!!
DIEGO TORREN MARTIN 2º A
A OITRA
HISTORIA DE SAMAÍN
Contan que o
Samaín naceu a partir da crenza das personas de que os monstros existen e que
disfrazábanse para camuflarse.
Pero... e se hai outra história ,
mais por medo ninguén o dixo?
Pode ser que nesa data acontecese
algo espeluznante.
Esta é a verdadeira história:
Nese tempo empezaron a ocorrer
desaparicións de persoas que tiñan preocupado a todo o mundo e iso non era o
peor... tamén chegaban persoas con cortes as súa casas, e outras xa nin
chegaban.
Pero como eran moi teimudos e
estaban moi preocupados, acabaron averiguando quen o facía. Quedaron todos
sorprendidos coa resposta... eran Jack o destripador e Nina the Killer.
Ninguén se atrevía a sair das
casas, máis eles dous sabían como entrar. Aparecían nenos con cortes que logo
desaparecían .
Esta é a verdadeira história do
Samaín. Tese tamén coidado co Venres 13.
SANDRA PRIGGIONE FERNANADEZ 4º B.
A CABAZA
ERNESTA
Érase unha vez
unha cabaza que vivía no campo entre moitas cabazas cultivadas por un
campesino.
A cabaza chamábase Ernesta e era a
máis pequena de todas as cabazas. Por esa razón o campesino a tirou ao tempo
que dixo: Que cabaza máis pequena, non sirve para nada!.
Ernesta non daba crédito ao que
estaba escoitando e parecía lle moi cruel. Púxose tan furiosa, que o seu
aspecto cambiou. Saíronlle cicatrices e un aceno terrorífico.
Ernesta decidiu aparecerse todas as
noites de Samaín para asustar aos fillos do vello campesino pô-la rúa.
Cando se enterou o campesino e
comprendeu o que pasara, xa era tarde para pedir perdón.
Ernesta aínda anda solta pô-las
rúas cada Samaín. Se a vedes avisade aos vossos pais para atrapala, e...
procurar non cometer o mesmo erro que o campesino, xuzgando a alguém só pola
súa apariencia.
A MÁSCARA
ENCANTADA
Hai moitos anos
nunha parte de África chamada Senegal, un home chamado Pap fixo unha máscara
con cuns
ósos e madeira de Baobab, follas de acacia e cordas. Pero aquela máscara non
era como as demais... estaba encantada. A persoa que puxese a máscara converteríase nun horrible,
horripilante, grande e forte monstro . Pero ... por que?
Pap, o senegales quixo
probar algo novo utilizando unha apócema máxica para facelo mais fermoso, pero
por desgraza trabucouse de apócema e sucedeu algo...como unha explosión. Pap o
senegalés morreu, pero a máscara quedou intacta.
Desde ese día, isto converteuse
nunha lenda chamada A Máscara Encantada.
Pasaron os anos e un
home moi curioso, chamado Estefan, que viu a Senegal en busca de cousas
interesantes para as súas coleccións de arte e esculturas senegalesas, escoitou
a lenda da Máscara Encantada e quixo facerse con ela. Para saber onde estaba
preguntoulle a un senegalés que pasaba por alí. O senegalés díxolle: o xefe da miña tribo ten un mapa que di onde
está a máscara. Estafan pediulle o mapa e o senegalés díxolle que si, que era
unha gran idea que levara a máscara para que todos os que viven en Senegal
esqueceran a lenda da máscara e xa non temesen máis aos seus poderes.
Pasaron dous ou tres
días desde aquela conversación e Estefan recibiu o mapa e foi en busca da máscara.
Había tres camiños
escritos: un era o gran bosque, outro o cemiterio e por último a cova na que
estaba o que buscaba.
Estefan empezou a
camiñar polo bosque con precaución. De súpeto escoitou uns sons moi raros e
apareceu unha pantera negra que lle rabuñou todo o brazo. El empezou a correr
como nunca o fixera na súa vida e, cando parou todo dolorido, chegara ao
segundo camiño. O do cemiterio.
Estefan entrou con
valentía e de lonxe viu unha caveira arrastrándose polo chan, Estefan quería saír do cementero ,
cada vez vía mais e mais caveiras arrastrándose cara el, comezou a correr e
unha delas mordeulle no pescozo. Estefan aguantou a dor todo o que puido e saíu
do cemiterio, alí estaba o camiño cara á cova.
Estaba aterrorizado,
pero con todo o que soportara ata ise momento estaba disposto a entrar naquel
lugar escuro. Ao fondo viu a máscara e xusto cando ía collela apareceu un león
que lle mordeu na perna. Xa non podía máis con tanto dor, entón empezou un
terremoto e a cova a derrubarse con eles
dentro. Estefan e o león morreron, e a máscara quedou destruída.
En Senegal decatáronse
de todo o que lle ocorrera a Estefan e
fixeron unha nova lenda dedicada a el por destruír o medo en Senegal.
Brenda Nosa Enabulele
5ºA
Ningún comentario:
Publicar un comentario