Páxinas

Pages - Menu

mércores, 22 de novembro de 2017

E TI, QUE PINTAS?

Xa que temos que ir despedindo o noso proxecto sobre África e como temos a gran sorte de ser un colexio multicultural, que mellor que facelo coa música de Playing For Change, que nos acompañará ata o Nadal.
Playing for change é un movemento social que utiliza como vehículo a música para cambiar o mundo. De que xeito?
Conectando todo o planeta a través da música. Como metáfora desta unión, nas súas cancións participan músicos de todo o planeta.
Todo comezou cun grupo de mozos que querían realizar un documental sobre música rueira no mundo,  co obxectivo de gravar aos músicos no seu hábitat, xurdiu a idea de conectalos a todos. Percorreron practicamente todo o planeta, desde as rúas das cidades máis transitadas ata as máis deshabitadas aldeas de calquera lugar do mundo.
O proxecto acolle a músicos de todos os niveis desde os máis consagrados ata estudantes ou afeccionados ata chegar a máis de cen, pertencentes ás máis variadas nacionalidades.
Pero este proxecto non se conformou con conectar músicos, formaron unha fundación, a fundacion Playing for Change,  que creou multitude de escolas de música nos lugares máis desfavorecidos da terra, dando así a oportunidade de aprender a nenos que doutro xeito non puidesen facelo. The playing for change foundation aposta por unha educación para todos, un lugar onde os nenos poidan expresarse libremente a través dunha linguaxe universal, a música. 
A música, como a pintura, a literatura ... son a máis fermosa creación dos seres humanos, e son capaces de crear unha unión cuxos froitos son dunha grande riqueza. E se non que nolo digan a nós!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario