Hoxe no "Recomendamos" temos a unha inventora...
A xente da vila sentiu un odio repentino pola señorita Bubble desde o
mesmo día da súa chegada. A inventora apareceu por sorpresa unha mañá
solleira, conducindo un convertible que funcionaba a vapor, e instalouse
naquela vivenda que levaba tantos anos deshabitada. Repudiárona polo
seu atavío, polos seus inventos, polo seu singular xeito de vivir.
Ninguén sospeitaba o que en realidade sucedía no interior da mansión da
señorita Bubble.
Este divertido e interesante conto foi escrito por Ledicia Costas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario