Páxinas

Pages - Menu

martes, 10 de xaneiro de 2017

SABEDES QUE ...

EN ÁFRICA HAI UN LAGO QUE ALBERGA A MAIOR CANTIDADE DE PECES TROPICAIS DE AUGA DOCE DO MUNDO?

É o Lago Malawi.


O lago Malawi alberga a maior variedade de peces tropicais de auga doce do planeta. Mentres que a algúns animais lévalles miles de anos evolucionar a unha nova especie, estímase que os cíclidos do lago Malawi formaron 1.000 especies novas en soamente 500.000 anos, o que en termos evolutivos é unha velocidade asombrosa. Os cíclidos do lago, declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco, xunto cos pinzones das illas Galápagos son un claro exemplo da  teoría de Darwin sobre a evolución das especies.



É o terceiro lago máis grande de África e o noveno do mundo. Mide 560 quilómetros de longo por 80 quilómetros de ancho e nalgúns sectores a súa profundidade supera os 700 metros. As súas augas pertencen ao territorio de tres países africanos: Mozambique, Malawi e Tanzania. Hai dúas illas habitadas no lago, Likoma e Chizumulu, ambas as illas caracterízanse por ter un gran número de árbores de baobab. As illas teñen unha poboación de varios miles de persoas, que susbisten da explotación de bananas, mangos, tapioca e da pesca no lago.
Aquí tedes algunhas fotografías deste fermoso lago:





Ningún comentario:

Publicar un comentario