Esta curta dirixida polo español Javier Fesser, conta a vida dunha nena senegalesa chamada Binta que vive nunha aldea ao sur de Senegal, á beira do río Casamance. O transfondo desta curtametraxe permítenos falar da Educación para o Desenvolvemento e algúns dos valores como a xustiza social, a tolerancia e a solidariedade, tan necesarios en todas as sociedades.
Escoitaredes a palabra "tubab", o seu significado en wolof é "blanco".
A curta está subtitulada. Lede, escoitade e reflexionade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario