Páxinas

Pages - Menu

venres, 18 de novembro de 2016

AS NOSAS LETRAS E OUTRAS NOTICIAS

Silencio, estamos educando

Niño con el dedo en la boca, símbolo de pedir silencio.

Esta semana o colexio A Llacuna do Poblenou en Barcelona decidiu cambiar a actividade das súas clases para dedicar un espazo ao silencio. A idea xurdiu hai un ano, pensaron en realizar algúns exercicios cos máis pequenos e un grupo reducido de alumnos, pero finalmente converteuse é unha semana completa destinada á ausencia de son.
"Fáltanos silencio a todos e en especial aos nenos" explicou Jordi Canalles, director da escola A Llacuna do Poblenou. A proposta que está estes días sobre a mesa dos alumnos tradúcese en actividades relacionadas coa arte. Con esta iniciativa queren ensalzar o silencio porque "é moi importante para escoitar e para saber o que facemos e por que o facemos".
Canalles explicou que os alumnos da escola "están moi dispostos e parécelles moi interesante e están participativos". Supón un ensino máis nas súas vidas que lles pode axudar no seu día a día. O director da escola quixo resaltar a importancia dos 'silencios bos', os que nos axudan a tomar decisións ou relaxarnos. "Hai silencios malos que coartan, que non deixan ser un mesmo e estes non nos interesan".

Talleres en silencio


Ao longo da semana os nenos da escola poderán realizar diferentes actividades coas que valorar máis a ausencia de sons. Na escola A Llacuna do Poblenou decidiron realizar cada día diversos talleres relacionados coa arte. O luns está dedicado á imaxe, e por tanto destináronse 6 aulas á cor, a luz e a paisaxe. O martes os máis pequenos poderán relacionar sons con silencio, desde esculturas sonoras ata descubrir os sons que esconde unha cova en silencio. O mércores dedícanllo ao movemento, con talleres de danza e ioga. E para o xoves organizan unha saída da escola coa que os nenos poidan atopar o silencio na rúa.

E vos, que pensades do silencio?

Ningún comentario:

Publicar un comentario